Ángel del Castillo López
A Coruña, 1886 - A Coruña, 1961Autoría: Patricia Arias Chachero
Infatigable investigador, pioneiro da arqueoloxía galega e excelente conferenciante
Durante a mocidade, estreitamente vinculado á súa cidade natal, asiste con regularidade aos faladoiros da Cova Céltica. O contacto co grupo rexionalista que se reunía na trastenda da libraría de Carré Aldao permitiulle tratar con familiaridade figuras como Manuel Murguía, Martínez Salazar e Salvador Golpe. Isto, unido á súa sabedoría e interese polas cousas galegas, levouno a ingresar con tan só dezanove anos como membro adxunto da Real Academia Galega o mesmo ano da súa fundación, 1905. Tres anos despois aceptou un posto como correspondente e en 1927 ingresou como académico de número a proposta de Andrés Martínez Salazar, Jaime Ozores de Prado (Marqués de San Martín) e Eladio Rodríguez González, cun discurso titulado La arquitectura cristiana prerrománica en Galicia (siglos V al XI). Necesidad de conocer este período de nuestra arquitectura. Trabajos de investigación realizados y estilos definidos. La Galicia de la Alta Edad Media. Antecedentes históricos. Entre 1942 e 1951 foi, ademais, tesoureiro da institución.
Con vinte anos pronunciou a súa primeira conferencia no "Patronato Católico de Obreros de San José", impresa ese mesmo ano. Foi, ao longo de toda a vida, un conferenciante experto e hábil que lograba atraer a atención do seu público e instruílo en temas diversos de forma amena. En setembro de 1906 secunda a iniciativa de Alberto Insúa e participa na fundación da Universidad Popular, na que traballará sen descanso. Ao ano seguinte atopámolo dinamizando a Sección Ateneística do Circo de Artesanos. Ese mesmo ano, 1907, inaugura unha serie de artigos de contido histórico e arqueolóxico en Galicia. Revista Quincenal Ilustrada. Son textos extremadamente ben documentados que consolidan pronto a súa fama de mozo sabio; o pórtico da Gloria, a ermida do Cebreiro, a igrexa de Sobrado dos Monxes, o mosteiro de Monfero e outros moitos monumentos galegos mereceron a súa atención e beneficiáronse da súa sabedoría.
Camiñante infatigable, o mozo Ángel del Castillo percorreu a pé boa parte de Galicia, acompañado sempre da súa cámara fotográfica e duns cadernos onde tomaba notas e realizaba coidadosos debuxos dos monumentos e obxectos que captaban o seu interese. Co tempo, visitou, estudou e catalogou centos de monumentos, converténdose nun dos arqueólogos e historiadores máis prestixiosos da nosa terra.
En 1914 casou con María Mosquera Pardo; apenas un ano despois, en maio de 1915, naceu o seu primeiro fillo, que morrería aos poucos días e a quen a nai non había sobrevivir moito tempo. En marzo de 1921 casou de novo con Obdulia García Cerdido, con quen tería cinco fillos.
Ingresou no Seminario de Estudos Galegos tres anos despois, no verán do 24, cun discurso titulado Munio Peláez, conde de Monterroso. Ao ano seguinte, no número 12 da colección Lar, apareceu o seu único libro en galego, A dona das torres. Lenda galega relatada por Ánxel del Castillo López. O primeiro artigo na revista Nós atopámolo no número 18, correspondente ao 1 de xullo de 1923; trátase dun erudito e documentado escrito sobre os restos visigóticos da igrexa de San Martiño de Ourense, aparecido na «Seición arqueolóxica» da revista. O seguinte e derradeiro traballo en Nós titúlase «Santa María de Cambre», apareceu no número 31 da revista, o 25 de xullo de 1926; de novo un coidado e documentado traballo sobre unha igrexa, neste caso coruñesa, que inclúe tanto fotografías como debuxos.
Consolidada a súa fama de investigador serio e rigoroso, en 1919 foi nomeado delegado rexio de Belas Artes na Coruña e en 1922 accede á dirección do Museo da Coruña. Nesta mesma época, converteuse en numerario da Real Academia de Bellas Artes da Coruña (1921), entidade que presidiu dese o ano 1955. Foi, ademais, correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1919) e da de Historia (1924) e de moitas outras entidades máis; presidente do Coro Cantigas da Terra (1922) e da Comisión Provincial de Monumentos (1930).
Iniciou os estudos en Filosofía e Letras, sección de Estudos Históricos, na Universidade Compostelá, onde se licenciou en 1926, en tan só sete meses, e obtivo o premio extraordinario da licenciatura. Pouco despois aprobou, en Valladolid, as materias necesarias para completar os estudos de Arquivos e Bibliotecas. En 1929 colabora no Patronato Nacional de Turismo e en 1930 obtén a praza de arquiveiro municipal do Concello. Republicano confeso, foi gobernador civil de Pontevedra entre 1932 e 1934.
A maior parte da súa obra, de carácter ensaístico e temática histórica ou artística, atopase espallada en coidados artigos aparecidos en ducias de publicacións; a cantidade e a calidade dos mesmos demostran que dedicou a súa vida á defensa, catalogación e estudo do noso patrimonio histórico e artístico.
Obra
La arquitectura contemporánea en Galicia (Lugo, 1906)
Los castros gallegos. Protohistoria (A Coruña, 1908)
Por las montañas de Galicia. Las casas del Cebrero (A Coruña, 1918)
Hachas de bronce de talón (A Coruña, 1927)
Dos iglesias prerrománicas: Santa Eufemia de Ambia y Santa María de Mixós (A Coruña, 1928)
Notas históricas y monumentos máis importantes de La Coruña (A Coruña, 1948)
El Pórtico de la Gloria (Santiago de Compostela, 1949)
La Coruña, ciudad en la que nadie es forastero (A Coruña, 1960)
Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (A Coruña, 1972)
Bibliografía
Cañada, Silverio (ed.) (1976): Gran Enciclopedia Gallega, T. V., Vitoria, Heraclio Fournier.
Chamoso Lamas, Manuel (1968): «Letras de duelo. Don Ángel del Castillo López», Boletín da Real Academia Galega, n.º 345-350, p. 142-145.
Como citar: Arias Chachero, Patricia : Ángel del Castillo López. Publicado o 15/4/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=765. Recuperado o 29/03/2024

DOCUMENTACIÓN DE
«Os restos da eirexa visigótica de San Martiño de Ourense», primeiro artigo de Ángel del Castillo na revista Nós
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Obituario de Ángel del Castillo escrito por Manuel Chamoso Lamas no Boletín da Real Academia Galega
Fonte: BIblioteca do Consello da Cultura Galega
Ligazóns de interese
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Epístolas de
Carta de Salvador Cabeza de León a Ángel del Castillo López (4 de abril de 1909)
Carta de Salvador Cabeza de León a Ángel del Castillo López (8 de xullo de 1909)
Artigos Ángel del Castillo López
CASTILLO LóPEZ, Á. (12/1949) Monumentos que existieron en la comarca de Betanzos. Betanzos. 1ª (44), 63.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;