María Cagiao Díaz
A Coruña, 1920 - Oleiros, 8/7/1971Autoría: María Dolores Villaverde
Creadora galega do século vinte coñecida como a pintora das flores
María Cagiao Díaz nace na cidade da Coruña, os seus últimos anos transcorren en Oleiros, mais será a parroquia de Santa María de Rutis a que goce da María «pintora». Alí, desde o ano 1950 a 1965, viviu os anos de maior produtividade como pintora traballando no pazo da familia do seu home situado en Cordeda. Será no ano 1965 cando se traslade a Oleiros.
Da súa vida persoal téñense poucos datos. Sábese que casou, que tivo descendencia e que a familia constituía para ela un foco de interese, amor e preocupación constante. De feito, con frecuencia pintaba pensando máis en deixar algún patrimonio para os seus que en expor a súa obra.
A vocación de María era a pintura. Pintou moito e moi ben segundo as críticas publicadas na prensa da súa época. Estas loaron o realismo, precisión, refinamento e beleza coas que pintaba.
Case todos os seus cadros son óleos sobre lenzo que pinta sen debuxo previo e traballando rapidamente. Neles hai dúas características básicas: cor e luz. A temática da súa obra pictórica é variada, reflicte paisaxes, retratos, bodegóns e, sobre todo, flores. Isto fíxoa ser coñecida como a «pintora das flores». Trátase do tema que máis lle gustaba e no que puña máis énfase por amosar o mínimo detalle. Pintou flores de todo tipo e cor reproducindo os modelos de xeito naturalista. Conseguiu pintar unha gran variedade de flores existentes no seu contorno, aínda que tiña especial debilidade polas rosas e moitos dos seus cadros teñen a rosa como tema.
Afortunadamente expuxo e vendeu obra que agora se atopa espallada por diversos países: Arxentina, Cuba, España, Estados Unidos, Inglaterra, Italia. Sábese que participou en exposicións realizadas en cidades galegas, como A Coruña ou Vigo, e igualmente fóra das nosas fronteiras: Salamanca, Madrid, Oviedo, León, Málaga ou Valencia. Chegou a expoñer en varias ocasións en Portugal; non obstante será a exposición permanente que tivo no Gran Hotel da Toxa a de máis peso para a súa traxectoria e coa que conseguiu máis renome.
Profundamente relixiosa, doou para a igrexa parroquial tres dos seus lenzos con temática floral que hoxe se poden admirar no colexio de Rutis-Vilaboa. E no fondo artístico do Círculo de Belas Artes de Lugo consérvase un dos seus óleos titulado, como non podía ser de outro xeito: Flores.
Morre no ano 1971 e cae pouco a pouco no esquecemento. Un centro social municipal de Vilaboa e unha rúa do concello de Culleredo levan o seu nome e manteñen así o recordo da artista.
Algúns dos títulos das obras de María Cagiao son:
Flores
Gladiolos
Rosas de té
Florero con rosas
Libro con flores
Joyero y rosa
Jarrón con rosas
Dalias
Cabeza de niño
Crucifijo

OBRA:

Como citar: Villaverde, María Dolores : María Cagiao Díaz. Publicado o 1/1/2009 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=598. Recuperado o 20/04/2024
Ligazóns de interese
Biografía de María Cagiao Díaz
[última consulta: 24/11/2021]