Juana de Vega Martínez y Losada
A Coruña, 7/ 3/1805 - A Coruña, 22/6/1872Autoría: Emilia García López
Promotora de conspiracións políticas liberais e de novas propostas sociais no XIX
Naceu o 7 de marzo de 1805 no seo dunha familia ilustrada de clase media de provincias. O seu pai era un comerciante que na súa xuventude "fixo as Américas". Establecido como tantos outros galegos sen fortuna na Habana, Juan Antonio chegou a abrir un negocio propio. Nunha das súas viaxes á metrópole coñeceu á que sería a súa dona, Josefa Martínez Losada, natural de Monforte de Lemos (Lugo). Instalados na Coruña, o pai converteuse nun destacado home de negocios con vínculos mercantís coas colonias e unha fábrica de salgadeira. Pero a situación económica estaba sometida a unha forte crise e os efectos da Guerra da Independencia impulsaron moitos comerciantes coruñeses cara ao liberalismo gaditano como solución política. A implicación do pai de Juana foi moi intensa, tanto que cando Fernando VII recuperou o poder foi multado e inhabilitado durante anos para exercer cargos públicos. A pesar da vixilancia á que foi sometido, foi un dos principais organizadores e patrocinadores do pronunciamento do brigadier Juan Díaz Porlier, de setembro de 1815, a favor da Constitución de 1812.
Con este proxenitor queda claro que a condesa nacera nunha familia liberal. A súa educación beneficiouse dunha instrución talvez inusual para un ambiente mercantil grazas ao interese dos pais, que se preocuparon de proporcionarlle preceptores privados e lecturas diversas. Polo que a condesa deixa entrever nas súas Memorias e correspondencia, a súa formación intelectual debeu de ser de corte clásico e afastada da cultura da sensibilidade, que prendeu en España a fins do XVIII. O culto ao sensible, ás veleidades sentimentais e novelescas, non formou parte do seu mundo.
Cando tiña quince anos coñece a Francisco Espoz y Mina, antigo guerrilleiro durante a Guerra da Independencia e exiliado liberal desde 1814, que fora nomeado capitán xeneral de Galicia en xaneiro de 1821. Ata entón a súa tranquila comandancia permitíralle visitar con asiduidade a casa do comerciante Juan Antonio de la Vega. Pero a insurrección contra a política moderada do goberno na que Mina se situaba dentro das marxes do liberalismo exaltado provocou que o xeneral fose separado do mando e destinado de cuartel a León, a pesar da forte oposición cidadá. A voda con Juana tívose que celebrar por poderes a fins dese ano. Para a futura condesa o matrimonio co maduro xeneral, politicamente comprometido, marcaría o resto da súa vida. A súa devoción por Espoz y Mina levouna a unha vida azarosa. Nas súas Memorias fala das intrigas das que foi obxecto o seu esposo para implicalo a favor dun liberalismo temperado e das que ela foi instrumento involuntario; da efervescencia política dun Madrid percorrido pola división dos liberais e a creación de sociedades secretas femininas; dunha fuxida cara á liberdade, cando todo estaba perdido para o réxime constitucional, acompañada do seu pai e nunha difícil e perigosa travesía que a levou a Portugal, Francia e Inglaterra, onde finalmente puido reunirse con Mina en marzo de 1824, dun exilio londiniense con penurias económicas e plans de conspiración; ou das esperanzas abertas coa revolución de 1830 en Francia e coa morte de Fernando VII, tres anos despois. Ese mundo era, certamente, o dos homes, pero non só foi protagonizado por eles.
Juana de Vega foi obxecto de críticas ao longo dunha vida consagrada ao seu home e á patria, amores indistinguibles. Durante os anos do exilio a súa presenza pública foi empregada por sectores da emigración para cuestionar a capacidade de Espoz y Mina para hexemonizar a dirección do proxecto revolucionario liberal. As relacións da parella eran concibidas en termos de poder, e neste caso o dominio inverterase ofrecendo un panorama aterrador para os seus opositores.
A causa da liberdade volveuna chamar uns anos despois, xa viúva e en posesión dos títulos de condesa de Espoz y Mina e vizcondesa do Arado, concedidos polas Cortes de 1836 como testemuño dos servizos que prestara en xeral á nación e a Isabel II. A raíz da revolución de 1840, da partida de María Cristina cara ao exilio e da elección parlamentaria de Espartero como Rexente do reino, unha das preocupacións básicas do novo réxime progresista foi a educación e o coidado da raíña moza. Este labor foi encomendado a dúas respectadas figuras do liberalismo doceañista, Agustín de Argüelles e Manuel José Quintana, e sobre todo a Juana María de la Vega como aia da raíña e da infanta Luisa Fernanda desde xullo de 1841, e como camareira maior a partir de outubro de 1842 e ata a entrada do xeneral moderado Ramón María Narváez en Madrid en xullo de 1843. Por primeira vez controlaban o palacio real persoas plebeas, á marxe das vellas camarillas fernandinas e cristinas e de pública parcialidade política. Non foi estraño, polo tanto, que foran obxecto dos aceirados dardos da prensa moderada e de medios progresistas opostos a Espartero. Foron moi crueis os artigos dedicados á condesa, á que se aludía con escarnio como "la dueña dolorida". Foi calumniada presentándoa como muller carente de "urbanidad" e tamén como unha demente por motivos sentimentais.
Juana de Vega quixo formar, e non só educar, a raíña nena de acordo co que entendía que era "la civilización del siglo", encarnada no progreso e virtude das clases medias que definían o seu liberalismo ao servizo da patria. Así mesmo defendeu a liberdade da nación contra a sublevación moderada de Concha y Diego de León, en outubro de 1841, por isto foi recompensada coa concesión da Grandeza de España.
En xullo de 1843 renuncia ao cargo e desaparece da vida política madrileña, aínda que non da esfera pública e menos aínda das relacións informais no universo progresista. É entón cando xorde a escritora e a muller que ten detrás un capital simbólico e unhas amizades ben situadas e capaces de acceder ao poder. É entón cando se propón traballar a favor dese pobo máis real e menos político que daba forma á nación española.
Cando voltou á Coruña e ata practicamente a súa morte, a condesa mantivo unha tertulia na súa casa. Este encontro tiña certo aire do século XVIII xa que era un lugar de conversación e relacións, e onde a anfitrioa actuaba tamén como mecenas (por exemplo, do violinista Pablo Sarasate). A iso engadíase un matiz distinto. O seu salón foi tamén un espazo de liberdade para a conspiración e a discusión políticas. Acudían con regularidade os máis importantes progresistas coruñeses, como algúns dos implicados no Levantamento de 1846, como o xefe da insurrección, o comandante Miguel Solís y Cuetos.
A influencia da "dama indefensa" non pasou desapercibida ás autoridades galegas e ao goberno de Narváez. Liberal e conspiradora, despois de 1846 a súa influencia desenvolveuse a través da mobilización das redes políticas (masculinas). Desde a súa relativa privacidade da amizade, a condesa serviu de vínculo e enlace entre os progresistas galegos e madrileños.
Ao progreso da patria dedicou toda a súa vida, se ben desde mediados dos anos 50 buscou outro ámbito, a beneficencia. Este labor asistencial comezou en 1838 cando iniciou os trámites para fundar a Asociación de Señoras de La Coruña. A súa finalidade foi coidar de nenos orfos e asistir os enfermos do Hospital da Caridade desde presupostos liberais centrados na "humanidade doliente" e sen relación coas institucións católicas. As estreitas relacións de amizade e colaboración que estableceu en 1860 con Concepción Arenal ata a súa morte foron fundamentais para o desenvolvemento deste labor benéfico. Unha proba disto é que no 1863, sendo Visitadora de prisións, lelle cartas de Arenal ás reclusas. Pero a súa preocupación social non se reduciu ao campo asistencial, outra preocupación súa foi a educación. Fundou e financiou unha escola para nenos pobres, rexentada polas Hijas de la Caridad de la Congregación de San Vicente de Paúl, en 1863; e unha escola gratuíta para adultos, levantada en 1864 na súa propia casa. A súa última vontade foi a creación dunha escola teórico-práctica do agro, para iso constituíu unha fundación á que vinculou as rendas do seu patrimonio; fundación que chega ata os noso días.
Faleceu o día 22 de xullo de 1872 na súa casa da Rúa Real.
Obra de Juana María de Vega Martínez
VEGA MARTÍNEZ, Juana de: Memorias del general Don Francisco Espoz y Mina escritas por el mismo / publícalas su viuda Doña Juana Maria de Vega. [Madrid?, s.n], 1851-1852], Madrid, Imprenta y Estereotipia de M. Rivadeneyra.
VEGA MARTÍNEZ, Juana de: , Madrid, Imp. de los Hijos de M.G. Hernández, 1910.
VEGA MARTÍNEZ, Juana de: Memorias, Madrid, M. Aguilar, 1944.
VEGA MARTÍNEZ, Juana de: Memorias, Madrid, Tebas, 1977.

Como citar: García López, Emilia : Juana de Vega Martínez y Losada. Publicado o 1/1/2008 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=4081. Recuperado o 28/03/2024
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«Juana de Vega»
Artigo de Maximino Brocos publicado en Galicia Emigrante (xuño 1956), p. 24-25.
Fonte: Arquivo da Emigración Galega.
Himno de Domingo Camino dedicado a Juana de Vega
Himno dedicado a la condesa de Mina, y cantado por los Hospicianos en la función lírico-dramática, que en el día 9 de abril dieron en su obsequio.
Imprenta de Jacobo Souto e Hijo. 1855
Fonte: Biblioteca Xeral da USC
Ligazóns de interese
Juana de Vega en escritoras.com
[última consulta: 10/12/2021]
Juana de Vega na wikipedia
[última consulta: 10/12/2021]
Juana de Vega no web da Fundación Juana de Vega
[última consulta: 10/12/2021]
Concepción Arenal no Álbum de Galicia
[última consulta: 10/12/2021]
Juana de Vega en cervantesvirtual.com
[última consulta: 10/12/2021]
Acceso en liña a Mulleres de Compostela, unidade didáctica para ESO e Bacharelato editada por El Patito Editorial.
Fonte: El Patito Editorial.
https://www.elpatitoeditorial.com/
Audios
Declaracións de Amparo Nieto sobre a figura de varias mulleres importantes da historia de Galicia