Avelina Valladares
A Estrada, 23/ 10/1825 - A Estrada, 1902Autoría: Celia María Armas
A frustración do ser escritora na Galicia do século XIX
Nace Avelina Valladares en Vilancosta (A Estrada) en 1825, lugar onde tamén morrerá 77 anos máis tarde, en 1902, e do que en poucas ocasións na súa vida se separará. As súas orixes sitúana nunha familia numerosa (un irmán seu é Marcial Valladares, o autor da considerada como novela inaugural da literatura galega, Maxina ou a filla espúrea ) e fidalga; e é precisamente isto último o que nos explicaría a formación que posuía Avelina. Decatémonos de que naquela Galicia de comezos do XIX o índice de alfabetización entre as mulleres apenas alcanzaba o 3 por cento, o que evidencia claramente que a educación feminina non era prioritaria nin tan sequera entre as clases máis acomodadas. Non aconteceu así, afortunadamente, no caso da nosa autora, que gozou dunha formación inusual, xa que demostrou ter dominado tanto a literatura de ficción como a ensaística. A súa principal ocupación durante a súa vida foi o servizo aos demais (nunca casou) desde as súas fondas conviccións relixiosas. Participou así na Xunta Parroquial de Beneficencia da súa parroquia, Berres; o que foi unha das causas que propiciaron que lle fose concedida a Cruz de Beneficencia en 1894. Dedicouse profusamente á escrita durante dous períodos da súa vida: a década de 1840 a 1850 e os anos de 1864 a 1879. De feito, a maioría da obra súa que conservamos data dalgún dos anteriores períodos.
Como poeta, poderiámola inscribir na tradición maiormente cultivada polas plumas de muller naquela altura, xa que as súas composicións tratan temas relixiosos, amicais, de costumes... O que máis chama a atención dentro da súa produción son os artigos que conservamos, xa que se afastan claramente das que se supuña que eran preocupacións femininas e abordan, sen complexos, cuestións prácticas como os cultivos, fan denuncia social ("El ochavo milagroso" critica algunhas supersticións populares) ou diríxense á autoridade (neste caso eclesiástica) para facer peticións de interese xeral. É tamén digno de destacar o seu Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego , obra bilingüe con claras características proclives á dramatización (hoxe existe unha versión teatral feita por Xosé Lueiro Lemos). Porén, debemos lamentar o peso dos preconceptos sociais no XIX (aínda hoxe vixentes nalgúns casos) que fixeron que Avelina Valladares non concedese importancia á súa obra escrita: a maior parte dela nin a entregou ao prelo e incluso opinaba da súa poesía que eran harapos [...] que nada valen y sólo sirven para descansar en nuestra biblioteca de familia.
Aínda así, Avelina Valladares é unha pioneira na literatura galega, xa que é das primeiras mulleres (se non a primeira) en publicar artigos que hoxe chamariamos de opinión na prensa escrita, así como unha adiantada ao empregar a lingua galega nalgúns dos seus poemas.
OBRA DE AVELINA VALLADARES
VALLADARES NÚÑEZ, Avelina: "A Ulla", poema en galego. s.d.
VALLADARES NÚÑEZ, Avelina: Artigo en La exposición compostelana sobre cuestións agrícolas. 1858
VALLADARES NÚÑEZ, Avelina: "Exposición al Eminentísimo Cardenal Sr. García Cuesta, Arzobispo de Compostela", artigo en que lle pide ao Cardeal Arcebispo de Compostela permiso para que os fregueses poidan usar unto na Semana Santa e na época das vixilias. 1878
VALLADARES NÚÑEZ, Avelina: "El ochavo milagroso", El Eco de Galicia . 1885
VALLADARES NÚÑEZ, Avelina: "Os que emigran", poema en galego. s.d.
VALLADARES NÚÑEZ, Avelina: "A pobre horfiña", Follas Novas, La Habana, 289 (14 de decembro), p. 1. 1902
VALLADARES NÚÑEZ, Avelina: "Miña joia", Follas Novas, La Habana, 307 (19 de abril), p. 3. 1903
VALLADARES NÚÑEZ, Avelina: "Himno al Apóstol Santiago", Follas Novas, La Habana, 373 (24 de xullo) p.10. 1904
VALLADARES NÚÑEZ, Avelina: Caderno con 41 poemas inéditos (descuberto de Aurora Marco). 1984
VALLADARES NÚÑEZ, Avelina: Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego, versión teatral de Xosé Lueiro Ramos, A Estrada, Edicións Fervenza. 2000

Como citar: Armas, Celia María : Avelina Valladares. Publicado o 1/1/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=4001. Recuperado o 20/04/2024
DOCUMENTACIÓN DE
Carta de Avelina Valladares
Carta de Avelina Valladares á Sociedad de amigos del pais de Santiago e na que fai a proposta de ensaiar novos cultivos en Galicia
Fonte: La exposición compostelana (4 de xullo de 1858)
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«Escritoras do XIX. Lembraza de Avelina Valladares»
Artigo de Aurora Marco publicado en Grial. Revista Galega da Cultura, nº 84, 1984, p 213-226
Biografía de Avelina Valladares aparecida en Almanaque Gallego para 1898, por M. Castro López
Fonte: Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
http://biblioteca.galiciana.gal/es/consulta/registro.do?id=3810 [consulta: 2023-09-11]
Ligazóns de interese
Avelina Valladares na BVG
[última consulta: 10/12/2021]
Avelina Valladares na wikipedia
[última consulta: 10/12/2021]
Facendo memoria: Avelina Valladares, Nós Televisión
[última consulta: 10/12/2021]
Videos
O Rexurdimento de Avelina Valladares (Nós Televisión, 2020)
Fonte: Nós Televisión
https://www.youtube.com/watch?v=d8ZCDGFfwVY [consulta: 2023-09-08]
Referencias bibliográficas
- ARMAS GARCÍA, C.: As mulleres escritoras. O xenio de Rosalía , Santiago de Compostela, Laiovento, 2002, p. 190.
- LUEIRO LEMOS, X. (ed): Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego , A Estrada, Edicións Fervenza, 2000.
- LUNA SANMARTÍN, X.: Ond’o sol facheaba ô amañecer. Vida e obra da cantora da Ulla Avelina Valladares , 2000.
- MARCO, A.: Dicionario de mulleres galegas , Vigo, A Nosa Terra, 2007, p. 436-437.
- MARCO, A.: “Escritoras galegas do XIX. Lembranza de Avelina Valladares”, Grial , 84 (abril-xuño 1984), p. 213-226.