Eladio Rodríguez González
Leiro, Ourense, 27/ 7/1864 - A Coruña, 14/4/1949Autoría: Xoán Lagares
Lexicógrafo, poeta, xornalista e académico: unha vida dedicada ás palabras
A historia de vida do intelectual galeguista Eladio Rodríguez González, a quen todos tratan respectuosamente como Don Eladio, confúndese coa do movemento político e cultural do galeguismo comprendido entre o último cuarto do século XIX e a metade do século XX. Este polígrafo ourensán, que residiu toda a súa vida adulta na cidade da Coruña, participa en case todas as actividades de reivindicación da cultura do país do seu tempo, cumprindo case sempre un papel discreto pero extremadamente comprometido co proceso de construción dunha memoria cultural compartida. A súa grande obra, o Diccionario enciclopédico gallego-castellano, é un compendio etnográfico e, ao mesmo tempo, un instrumento lingüístico que servirá de base para o establecemento dunha posterior lexicografía galega, xa nos séculos XX e XXI.
Don Eladio naceu no día 27 de xullo de 1864 nunha pequena aldea de Ourense, Ponte de San Clodio, no concello de Leiro. Os seus pais detectan nel unha forte inclinación polas letras, así como certa inaptitude para o traballo no campo, e envíano aos sete anos a estudar na Coruña, hospedado na casa dun tío seu. Alí volta en 1888, e logo consegue empregarse como escribente no Concello. Tamén actúa como xornalista na prensa local, en La Mañana e El Noroeste, publicacións que, andando o tempo, chegará a dirixir, e nas que escribe artigos sobre aspectos culturais ou de crítica teatral e literaria.
En torno á Librería Regional, de Eugenio Carré Aldao, situada no número 30 da Rúa Real da Coruña, establece contacto con outros galeguistas, nunha tertulia que pasa a ser coñecida (orixinalmente, con intención satírica polos seus detractores) como A Cova Céltica. O principal obxectivo do grupo era a construción dunha historia do país, así como a difusión dunha literatura culta en galego, sen eludir a acción política na prensa e por medio de organizacións rexionalistas, como a Liga Galega. A publicación que pasa a ser portavoz do movemento é a Revista Gallega, que co número 204 distribúe en forma de suplemento un manifesto que recolle un completo programa político e económico para a Galiza do seu tempo.
Don Eladio participa como socio numerario fundador na constitución da Real Academia Galega, en 1906, e en 1920, cando pronuncia o discurso de recepción a Ramón Cabanillas, no balneario de Mondariz, asume o cargo de secretario da institución. Seis anos despois será electo presidente, cargo que exerce durante oito anos, até a súa renuncia, por motivos de saúde, en 1934.
Eladio Rodríguez tamén está presente, no día 18 de maio de 1916, na constitución da primeira Irmandade de Amigos da Fala, na cidade da Coruña, por iniciativa dos irmáns Vilar Ponte. No fin dese mesmo ano, promove xunto con outras persoas a creación do grupo folclórico musical Cántigas da Terra. Esa iniciativa que se destina a promover a danza e a música galegas non é independente doutras accións das Irmandades para construír, sobre a base da cultura tradicional galega, unhas artes escénicas representativas do país. De feito, nos seus primeiros anos é frecuente que no intervalo das actuacións da agrupación folclórica sexan representadas pezas teatrais en galego, de autores como Leandro Carré Alvarellos, Lugrís, Xacobe Casal e Galo Salinas. O papel de Cántigas da Terra é moi relevante para a cultura musical galega, tanto pola enorme cantidade de material de música e danza que recolle, ao longo da xeografía do país, no proceso de constitución do seu repertorio, como pola recuperación e dignificación de instrumentos tradicionais: a propia gaita ou a zanfona.
En setembro de 1918 é publicado por primeira vez, baixo a dirección de Don Eladio, o suplemento cultural do xornal El Noroeste, «Nós, páxinas gallegas», que Filgueira Valverde e Alonso Montero van considerar precursor da revista Nós, nacida en 1920. Ese suplemento escrito integramente en galego, ten a misión de divulgar a literatura galega de autores considerados xa clásicos nesa altura, como Rosalía, Curros e Pondal, mais tamén dá a coñecer autores entón moi novos como, por exemplo, Manoel Antonio, que ve publicado nas súas páxinas un soneto titulado «Soio». Máis do que un suplemento cultural é unha revista literaria, que presta unha atención especial á poesía e que serve como expresión das aspiracións políticas do movemento galeguista. No editorial do número publicado no 17 de setembro de 1918, titulado «Na xuntanza está a forza e na forza está o trunfo», despois de reivindicar a morte do centralismo, Eladio Rodríguez conclúe dicindo:
Estonces haberá pr’a nosa terra unha alborada de rexurdimento, porque morto o centralismo terá que morrer tamén o caciquismo que nos afoga e que soilo vive das falcatruadas, amparado por esa centralista forza bruta e absurda que non sabe dar máis que paus de cego e que na sua inorancia ou na sua comenencia coida que todol-os pobos son iguales, como si non tivese cada un a sua característica y-a sua persoalidade.
Nese suplemento, Don Eladio tamén publica os seus propios poemas, sobre todo nunha sección de retratos poéticos de artistas galegos chamada «Pintores de almas». De feito, como poeta, el consegue un grande recoñecemento en vida, recollendo premios en diversos certames. No entanto, a súa literatura non ten resistido ben a pasaxe do tempo, talvez polo seu carácter, en certa medida, crepuscular, por ser unha poesía escrita á sombra dos tres grandes autores do Rexurdimento, marcada por unha combinación de ruralismo e unha actitude cívica identificada coas loitas agrarias e pola inclusión de elementos míticos de raíz celta. O seu primeiro libro de poemas, Folerpas (poesías gallegas), é publicado en 1894, cunha temática costumista e combativa. O segundo, publicado en 1927, titúlase Oraciós campesiñas (versos galegos) e inclúe un grupo de poemas que xa vira a luz antes en forma de folleto co título Raza e Terra.
Mais a grande obra de Eladio Rodríguez González é o seu dicionario enciclopédico, o paciente e laborioso traballo solitario de toda unha vida. Alén do número de palabras recollidas e clasificadas durante anos en fichas, o Dicionario de don Eladio presenta nas definicións unha enorme cantidade de informacións históricas, xeográficas, etnográficas e literarias que constitúen unha síntese completa da Galiza do seu tempo. Consideracións sobre as formas de vida do mundo rural e sobre as diversas manifestacións da cultura popular no tránsito do século XIX ao século XX retratan unha realidade que o propio autor recoñece estarse esluíndo. Do punto de vista lingüístico, débese destacar a atención que se presta no dicionario á fraseoloxía.
O autor, falecido no día 14 de abril de 1944, non viu o seu dicionario publicado en vida, pois o primeiro volume só sae ao mercado, editado por Galaxia, en 1958. O segundo e o terceiro ven a luz en 1960 e 1961, respectivamente.
Como citar: Lagares, Xoán : Eladio Rodríguez González. Publicado o 18/6/2021 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3416. Recuperado o 29/03/2024

DOCUMENTACIÓN DE
Artigo de Eladio Rodríguez sobre o nomeamento de Manuel Lago González como arcebispo de Santiago de Compostela
Rodríguez González, Eladio: «Don Manuel Lago González, Arzobispo de Compostela», Boletín de la Real Academia Gallega, 161 (1 de maio de 1924), 99-101.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Artigo necrolóxico escrito por Eladio Rodríguez González no pasamento de Andrés Martínez Salazar
Rodríguez González, Eladio: «Letras de duelo: Don Andrés Martínez Salazar», Boletín de la Real Academia Gallega, 157 (1 de novembro de 1923), 1-4.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Obituario de Manuel Murguía, por Eladio Rodríguez González
Rodríguez González, Eladio: «D. Manuel Murguía», Boletín de la Real Academia Gallega, 150 (1 de marzo de 1923), 235-241.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Bibliografía de/sobre Eladio Rodríguez González
Fonte: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG)
Visita de Modesto Bugallo Pereira, tesoureiro de la Asociación de la Habana, á sede da RAG no pazo municipal da Coruña, o 24 de xullo de 1948. Sentados, de esquerda a dereita, en quinto lugar, Eladio Rodríguez
Fonte: Fondo da Real Academia Galega / Galiciana: http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arag/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?registrardownload=0&path=182265&posicion=3&presentacion=pagina
Recepción de Don Narciso Correal como numerario de la Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, o 19 de marzo de 1941. Sentado, de esquerda a dereita, en primeiro lugar, Eladio Rodríguez
Fontes: Fondo da Real Academia Galega / Galiciana: http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arag/gl/consulta/registro.do?id=462609
Eladio Rodríguez nun retrato de grupo dos asistentes á homenaxe a Fernando Álvarez de Sotomayor, na Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, na Coruña, o 13 de marzo de 1938
Retrato de grupo dos asistentes á homenaxe a Fernando Álvarez de Sotomayor, na Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, na Coruña, o 13 de marzo de 1938.De pé: Fernando Cortés Bugía, José Seijo Rubio, un home non identificado, José Juan González, Enrique Tormo, Ángel del Castillo e Eladio Rodríguez González
Fonte: Fondo Real Academia Galega / Galiciana: http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arag/gl/consulta/registro.do?id=976104
Asistentes á homenaxe a César Alvajar, celebrada no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos o 6 de novembro de 1931. De esquerda a dereita, en sétimo lugar, Eladio Rodríguez
Fonte: Fondo Real Academia Galega / Galiciana: http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arag/gl/consulta/registro.do?id=905609
Autoridades asistentes á Festa da árbore celebrada no adro da igrexa parroquial de San Pedro de Visma, o 25 de xaniero de 1931. En primeiro lugar pola esquerda, Eladio Rodríguez
Fonte: Fondo da Real Academia Galega / Galiciana: http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arag/gl/consulta/registro.do?id=905609
O príncipe Edward VIII de Inglaterra e o seu irmán George VI, acompañados do seu séquito e das autoridades civís da Coruña e de Santiago de Compostela, tomando o té no Hotel Compostela o 19 de xaniero de 1931. Á dereita do príncipe, o alcalde de Santiago Felipe Gil Casares. Na dereita de costas, Eladio Rodríguez
Fonte: Fondo Real Academia Galega / Galiciana: http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arag/gl/consulta/registro.do?id=987747
Programa do banquete en honor de Eladio Rodríguez González celebrado o 11 de agosto de 1924
Fonte: Galiciana: http://biblioteca.galiciana.gal/pt/consulta/registro.cmd?id=5382
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Eladio Rodríguez González no web da Real Academia Galega
Fonte: Real Academia Galega. https://academia.gal/letras-galegas/2021/eladio-rodriguez-gonzalez
Eladio Rodríguez González na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Eladio_Rodríguez_González
Dicionario de dicionarios da lingua galega, proxecto web, elaborado polo ILG e o Seminario de Lingüística Informática da UVigo, que incorpora o Diccionario enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez
Fonte: http://ilg.usc.gal/ddd/index.php
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
Galicia letra a letra. Eladio Rodríguez González. Letras Galegas 2001 [peza audiovisual emitida na TVG]
Fonte: RTVG (https://www.youtube.com/watch?v=0zRf0iIjJi8)
Discurso de Ramón Cabanillas, no acto da súa recepción na Academia, e resposta de Eladio Rodríguez
Rodríguez González, Eladio: A saudade nos poetas galegos. A Coruña: Tipografía de El Noroeste, 1902.
Fonte: Real Academia Galega http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/11/11/46-1
Escolma da obra Oraciós campesiñas, na Biblioteca Virtual Galega
Fonte: Biblioteca Virtual Galega ( https://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=OB_OrCa%20%20%20%201&alias=Eladio%20Rodr%EDguez)
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Publicacións periódicas
Boletín de Casa América-Galicia (1920-) .
Acción Gallega (1920-1925) .
Publicación Oficial de Casa de Galicia
A partir do n.º 14: Revista Mensual de Casa de Galicia
Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su distrito (1922-) .
Artigos Eladio Rodríguez González
RODRíGUEZ GONZáLEZ, E. (12/1949) Marcha trunfal. Betanzos. 1ª (44), 51.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
RODRíGUEZ GONZáLEZ, E. (10/1950) Rapasadas. Alborada. 1ª (147), 16.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Libros do ccg sobre Eladio Rodríguez González
Folerpas.
2001 | Eladio Rodríguez González, Autoría.
(Poesías gallegas)