Carmen Rodríguez de Legísima
Piñor de Cea, 1896 - Vigo, 1980Autoría: María Dolores Villaverde
Sinxeleza, espiritualidade e arte foron os motores da vida desta pintora
A biografía de Carmen Rodríguez de Legisíma é a dunha muller que viviu de xeito tranquilo e sen grandes sobresaltos, pero que non debe omitirse pois tivo un don que a fixo excepcional: a pintura, que a converteu nunha das grandes creadoras do noso país.
Nace a finais do século XIX en Piñor de Cea (Ourense) no seo dunha numerosa familia en que o pai era militar, feito este que obrigou a constantes traslados familiares ata que, tras a xubilación paterna, se asentan no pazo familiar que posúen en Lousado (Piñor de Cea). Mais Carmen non permanecerá aquí moitos anos pois, unha vez falecida a nai, o pai e un irmán, trasládase, xunto co resto da familia, a Vigo, cidade onde falece no 1980, se ben os seus restos repousan no panteón familiar en Lousado.
Foi a Rodríguez de Legísima unha familia de fortes conviccións relixiosas, polo que non é estraño que varios dos fillos e fillas dedicaran a súa vida a Deus, e que ese achegamento á espiritualidade non fora alleo á filla máis nova, Carmen. Desde nena obsérvase nela un interese pola meditación e a mística e, sobre todo, pola pintura, vocación que compartirá con Matilde, unha das súas irmás maiores.
A pesar de que a situación económica da familia non a obriga a estudar, decide facelo cursando Maxisterio en Madrid, profesión que nunca chega a exercer. Mentres estuda, segue formándose como pintora de maneira autodidacta e pouco a pouco vai afianzando a súa vocación.
Non se dará a coñecer como pintora ata a década dos corenta, aínda que case foi unha descoñecida para o público galego ata os sesenta. Pintou ata os últimos días da súa existencia, cando a enfermidade a tiña inmobilizada do lado dereito e chegou a aprender a pintar coa esquerda para poder seguir creando ata o final.
Pódese dicir que as obras de Carmen de Legísima se caracterizan por un colorido forte e unha pincelada grosa. Dous serán os temas máis recorrentes: o retrato e o bodegón. Estes últimos sempre moi humildes a pesar de estar cheos de flores e porcelana. A austeridade que hai neles vincúlaos á obra do barroco Sánchez Cotán, mais a gama cromática e o tipo de pincelada achégaos sen dúbida ás naturezas mortas de Cézanne. Esta mestura de estilos converte estas pezas en algo dramático e doce; inquieto e sereno... coma se a autora quixese expresar todos os seus sentimentos na pintura.
Dos retratos que saen da man de Carmen o máis aplaudido é Miña irmá , que é o retrato dunha monxa, a súa irmá Obdulia, no interior da súa cela.
No ano 1943 realiza a primeira exposición na Sala Macarrón de Madrid. Nela acada un éxito que non esperaba e a partir desta xorden outras. No mesmo ano participa nunha colectiva en Londres, concorre á Exposición Nacional de Belas Artes e obtén medalla por Miña irmá, na mesma década dos corenta expón en Lisboa, no salón de Outono en Madrid no ano 1948 novamente obtén medalla... Segue traballando e expoñendo, en 1965 volta á Sala Macarrón de Madrid e, por fin, no ano 1979 se fai a primeira grande exposición antolóxica da pintora na Sala de Caixavigo, entidade que repite cunha antolóxica de 1985 (xa póstuma), ano en que tamén Caixa Ourense coordina unha antolóxica de Carme.
O famoso retrato da irmá forma parte da colección Caixavigo e desde que se incorpora á colección sempre concorre ás exposicións colectivas patrocinadas por esta institución.
As homenaxes a esta muller chegaron un pouco tarde pois xorden cando xa falecera a través de diversas mostras antolóxicas; ademais en 1987 créase o Premio de Mulleres Pintoras que leva o seu nome e que permite seguir lembrando a figura de Carme Rodríguez de Legísima.

Como citar: Villaverde, María Dolores : Carmen Rodríguez de Legísima. Publicado o 1/1/2009 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3405. Recuperado o 02/06/2023
Ligazóns de interese
Carme Rodríguez de Legísima na Historia das mulleres ourensás
[última consulta: 24/11/2021]
Carme Rodríguez de Legísima na wikipedia
[última consulta: 24/11/2021]
Carmen rodríguez de Legísima no web da Asociación Española de Pintores y Escultores
[última consulta: 24/11/2021]
Obra de Carmen Rodríguez de Legísima no Parlamento de Galicia
[última consulta: 24/11/2021]
Referencias bibliográficas
- PABLOS, F., Plástica Gallega, Vigo, Caixavigo, 1981.
- PABLOS, F., “Carmen Rodríguez de Legísima”, en Artistas galegos. Pintores. Rexionalismos. III, Vigo, Nova Galicia, 1999, p. 255- 298.
- PEREIRA BUENO, F., A presenza das mulleres pintoras na arte galega: 1858-1936, Sada, Ediciós do Castro, 2004.
- VV.AA.: CATÁLOGO Carmen de Legísima, Vigo, Caixavigo, 1979.