Constantino Candeira
A Guarda (Pontevedra), 12/ 3/1892 - Valladolid, 6/3/1962Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Arquitecto, membro do Seminario de Estudos Galegos e xardineiro das pedras de Compostela e de Valladolid
De ideoloxía republicana, participou na vida política como deputado nas Cortes da primeira república e delegado por Pontevedra na Xunta Revolucionaria de 1873. Foi un dos fundadores da Sociedade Pro-Monte de Santa Tegra. Ao mesmo tempo, o visionario e exitoso emprendedor Constante Candeira puxo moito interese e en que os seus fillos seguisen unha carreira universitaria. O máis interesado foi Constantino, que unha vez superado o bacharelato no colexio dos xesuítas en Camposancos, pasou tres anos e Francia, na École des Roches para aprender francés, un en Inglaterra para cultivar o inglés e outra longa temporada en Alemaña para practicar o idioma e perfeccionar o dominio do violín.
Por influencia de súa nai, Constantino iniciou os estudos de Enxeñería de Camiños, que abandonou moi pronto para poder dedicarse á Arquitectura, carreira pola que sentía maior preferencia e que rematou en 1921. En Madrid, por mediación de Sánchez Cantón, Candeira coñeceu e incoou gran relación profesional con Leopoldo Torres Balbás, catedrático de Historia das Artes Plásticas e de Historia da Arquitectura e recoñecido como un dos grandes arquitectos que traballaron no conxunto monumental da Alhambra granadina. E nada máis rematar a carreira substituíu a Torres Balbás como arquitecto municipal de Medina del Campo.
Arquitecto municipal do Concello de Santiago
Máis adiante, entre 1924 e 1929, Candeira ocupou o cargo de arquitecto municipal do Concello de Santiago e da arquidiocese. Interesouse polos temas de expansión urbana; así, en 1924 solicitou permiso para asistir á Conferencia Internacional de Cidades e Congreso de Urbanización, celebrada en Ámsterdam, por entender
que tería ocasión propicia para estudiar instalacións e problemas análogos aos da cidade de Santiago.
Mostrábase, asemade, moi preocupado pola proxección urbanística da cidade e interesouse por reformar as Ordenanzas Municipais para poder vixiar as actuacións en materia de conservación de monumentos e desenvolvemento urbanístico e así poder blindar a integridade da zona monumental compostelá. Especializado en rehabilitación arquitectónica, interveu en varios edificios monumentais: na catedral, no Hospital Real, na casa da Parra, na restauración do pavillón da Ferradura, no convento de San Martiño Pinario, en Santa María de Sar e no embaldosado da praza da Quintana con lousas de cantería labrada, que tanto eloxiou Otero Pedrayo:
Non temos tempo nin saber dabondo para expor metodicamente os resultados e as esperanzas deste labor admirable. Baste lembrarse por exemplo do empedrado da Quintana, traballo sumamente pensado, feito con fidelidade completa. Poucas veces, nestes tempos, se ten ordenado e traballado o granito dos nosos montes de xeito tan intelixente e significativo…
Tense coñecemento por un texto inédito de Constantino Baluja Calvelo, delineante que traballou con Candeira no concello, que os descendentes do arquitecto entregaron en 1975 ao Museo Carlos Maside, nos que se dá conta do embaldosado da Quintana e do proxecto que os arquitectos Constantino Candeira e Xenaro de la Fuente e o enxeñeiro Ramón Beamonte presentaron no Concello en 1928 para reemprazar a vella praza de abastos. Este proxecto nunca se levou a cabo. O sucesor de Candeira como arquitecto municipal de Santiago, Xosé María Banet, preparou outro proxecto, pero foi Xoaquín Vaquero Palacios quen fixo o definitivo, rematado en 1941. Tamén participou Candeira na restauración de San Martiño Pinario e no sondeo de Santa María de Sar.
O Patronato Universitario de Santiago encargoulle a Constantino Candeira o anteproxecto de urbanización dos terreos do Agro de Mendo para Residencia Universitaria adquiridos o 21 de xaneiro de 1928, no momento que era reitor Luís Blanco Rivero. Presentou o estudo preliminar o 29 de xaneiro de 1929 e foi aceptado e aprobado polo Concello o 12 de febreiro do mesmo ano. Baseándose no plano de ordenación e nunha regulamentación mínima de ordenanzas, Candeira pretendía protexer a zona desde un punto de vista de beleza natural, regularizar o terraplén existente e establecer unha clara organización compositiva.
Ao ser nomeado Candeira arquitecto da Deputación Provincial de Valladolid, dimitiu do seu cargo técnico na cidade compostelá a comezos de 1930 e pasou a dirixir as obras da Residencia de Estudantes Xenaro de la Fuente Álvarez, que respectou o traballo e as formulacións iniciais do seu predecesor, e presentou o proxecto das edificacións principais do conxunto (hoxe Colexios Maiores) en outubro dese ano ante o Comité Pro-Residencia.
E en 1992, con motivo do centenario do seu nacemento, o concello de Santiago por iniciativa do seu alcalde, Xerardo Estévez, e do presidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Filgueira Valverde, dedicoulle a Candeira unha rúa no Campus Vida da USC.
Seminario de Estudos Galegos
Talvez fose Camilo Díaz Baliño, que era delineante cando Candeira era arquitecto municipal, quen o acercarse ao galeguismo cultural. O arquitecto acudía frecuentemente á Casa da Tumbona, na rúa das Hortas, onde Camilo tiña o seu taller de escenografía e o seu estudio pictórico, que tamén era lugar de encontro no que se reunían desde Castelao ou Ánxel Casal ata os máis novos da xeración do Seminario de Estudos Galegos. Díaz Baliño era membro moi activo e delegado en Santiago das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos. Por osmose emocional Candeira foise impregnando do espírito e do ambiente que se respiraba na casa da Tumbona.
Nesa atmosfera, Candeira entablou unha inquebrantable amizade con Rafael Dieste forxada na parladoiro diario do café Español, de coincidir na casa de Díaz Baliño, no virtuosismo musical de ambos e no galeguismo do Seminario de Estudos Galegos no que Dieste ingresou o 22 de xaneiro de 1927 coa lectura de A fiestra valdeira, que se imprentou por financiar o arquitecto os gastos da edición. Candeira, pola súa parte, foi proposto para incorporarse ao Seminario o 25 de outubro de 1924 e ingresou o 23 de outubro de 1926 pronunciando o discurso titulado Síntesis de la evolución del Barroco en Santiago, inédito e do que non se conserva o orixinal, que se perdeu no espolio do Seminario de 1936. Foi membro protector porque contribuíu economicamente para que se publicasen os primeiros tomos dos Arquivos do SEG. Na sesión do 12 de decembro de 1926 foi elixido director da sección de catalogación iconográfica e, ao serlle admitida a dimisión en sesión do 14 de abril de 1928, foi nomeado arquitecto da sección.
Instalación profesional e identificación cultural con Valladolid
Por razóns familiares e polo descontento que lle produciron as dificultades ocasionadas polo Concello compostelán, Constantino Candeira optou ao posto de arquitecto da Deputación de Valladolid, praza que ganou en febreiro de 1930 e na que se mantivo ata xubilarse en 1960. Na capital castelá construíu varios edificios de tipo residencial seguindo os postulados do racionalismo e a simplicidade formal.
En Valladolid continuou mostrando o seu apego aos temas da Historia da Arte, da Arquitectura e do Urbanismo e consolidou a súa valía profesional como arquitecto dedicado á restauración. Así, participou xunto ao tamén arquitecto Emilio Moya Lledós na fundación do Museo Nacional de Escultura de Valladolid e na restauración do edificio que o albergaba, o Colexio de San Gregorio, inaugurado en 1933 con Francisco de Cossío de director e Candeira de subdirector e para o que escribiu a Guía del Museo Nacional de Escultura de Valladolid, impresa en Valladolid por Gráficas Perdiguero en 1945. E tamén realizou a recomposición do monumental retablo maior de San Benito de Valladolid, obra mestra de Alonso Berruguete. Con Emilio Moya tamén colaborou ao redor de 1932 na restauración na igrexa visigótica de San Cebrián de Mazote.
En 1934 foi nomeado Arquitecto Director de obras de reparación, conservación e reformas do Tesouro Artístico e, dous anos máis adiante, arquitecto conservador das provincias de Valladolid, Ávila, Salamanca, Segovia, Soria e Zaragoza. En 1935 foi nomeado académico da Real Academia de Belas Artes da Purísima Concepción de Valladolid, aínda que non ingresou ata 1960 pronunciado o discurso Alonso Berruguete en el Retablo de San Benito el Real de Valladolid. O 24 de febreiro de 1947 foi nomeado académico correspondente en Valladolid da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
Fíxose cargo das obras de reconstrución da Universidade de Valladolid despois do incendio que se produciu en 1939, do traslado do Reitorado, oficinas e Seminarios de Arte, Arqueoloxía e Historia ao Colexio de Santa Cruz e da ampliación do Colexio Maior do mesmo nome. Proxectou o Colexio Maior Felipe II e os seus campos de deportes, despois transformado en Seminario Maior de Valladolid.
Ao pouco de estalar a guerra civil, un pequeno grupo de arquitectos enemistados con Candeira por desavinzas profesionais denunciárono e a principios de 1937 foi encarcerado ata setembro de mesmo ano acusado de proferir unhas declaracións contra o movemento nacional. Na prisión compartiu cela con Justino Azcárate, ministro de Estado no goberno republicano de Diego Martínez Barrio, ao que lle daba clase de inglés, e co ferrolán Federico Landrove Moíño, elixido alcalde de Valladolid nas eleccións do 12 de abril de 1931.
Coda
Aínda que non perdeu o seu cargo de funcionario, foi suspendido de salario durante bastante tempo. Morreu o 6 de marzo de 1962. A enfermidade que lle causou a morte estaba relacionada coa úlcera provocada polo seu paso por prisión.
Isaac Díaz Pardo coñeceu sendo neno a Constantino Candeira na casa da Tumbona. E dadas as súas cualidades para o debuxo, Camilo Díaz Baliño, o seu pai, e Candeira tiñan convencido a Isaac para que se fixese arquitecto, idea que lle agradaba e que se tería realizado se non fose pola traxedia familiar en que os sumiu a Guerra Civil. E Isaac, dado o seu compromiso coa memoria histórica, invitou a María del Pilar Candeira Fernández de Araoz ás Xornadas Estivais de Sargadelos de 1974 para que explicase a biografía de seu pai desde a súa marcha a Valladolid.
Constantino Candeira, en expresión de Otero Pedrayo,
foi un bo mestre e sabía como calquer antigo e leal pedreiro tomar o pulso á fidalga pedra antes de encetala... Obras e ideas de Candeira brillan e chaman en diferentes lugares de Galiza –dende Santiago a Santa Tegra- . Nunca esqueceremos a simpatía intelectual daquel bo mestre galego nacido perto de onde o Miño sente o primeiro bico salgado do mar.
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Constantino Candeira. Publicado o 21/3/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=33705. Recuperado o 30/05/2023

DOCUMENTACIÓN DE
Discurso de ingreso de Constantino Candeira na Real Academia de Bellas Artes de la Purísima Concepción de Valladolid
Candeira Pérez, Constantino: Alonso Berruguete en el Retablo de San Benito el Real de Valladolid: discurso leído ante la Real Academia de Bellas Artes de la Purísima Concepción de Valladolid por D. Constantino Candeira Pérez en su recepción pública el día 23 de Enero de 1960 y contestación de Don Francisco Anton Caseca, Académico de Número de la Corporación. Valladolid: Gráficas Andrés Martín, 1959.
Fonte: Depòsit Digital de Documents. UAB.
https://ddd.uab.cat/record/182273 [Descarga: 2023-02-15]
Concurso Nacional de Arquitectura de 1942, no que o arquitecto Constantino candeira logrou un accesit
«Concurso Nacional de Arquitectura. Año 1942: Solución del crucero de la Catedral de Valladolid y Urbanización del espacio que la rodea: Accesit», Revista Nacional de Arquitectura, 23 (novembro de 1943), 365-384.
Fonte: Colegio Oficial de Arquitectos de Madir (COAM)
https://www.coam.org/ [Descarga: 2023-02-16]
Constantino Candeira escribe sobre o Museo Nacional de Escultura
Candeira Pérez, Constantino: «Las nuevas atribuciones del Museo Nacional de Escultura: rectificaciones al catálogo de la sección de escultura del Museo de Bellas Artes de Valladolid», Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología: BSAA, 10 (1943-1944), 123-133.
Fonte: Dialnet. Universidad de La Rioja.
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2716276 [Descarga: 2023-02-13]
Estudo de Constantino Candeira sobre o escultor renacentista Gaspar de Tordesillas
Candeira Pérez, Constantino: «Los retablos de Gaspar de Tordesillas», Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología: BSAA, 8 (1941-1942), 111-137.
Fonte: Universidad de Valladolid. Repositorio Documental.
https://uvadoc.uva.es/handle/10324/50321 [Descarga: 2023-02-13]
Correspondencia entre Constantino Candeira e Cándido Bolívar sobre as obras do
Fonte: Simurg. Fondos Digitalizados del CSIC.Instituto Nuevode Valladolid. 1933
http://simurg.bibliotecas.csic.es [Descarga: 2023-02-14]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Constantino Candeira, como arquitecto municipal de Santiago de Compostela, foi dos primeiros en adoptar medidas para a protección do patrimonio urbano
Sánchez García, Jesús Ángel: «Miradas a los conjuntos históricos en Galicia. Antecedentes para la percepción del paisaje urbano como patrimonio», Quintana. Revista de Estudos do Departamento de Historia da Arte, 12 (xaneiro-decembro de 2013), 155-194.
Fonte: https://www.redalyc.org/pdf/653/65332666013.pdf [Descarga: 2023-02-13]
Candeira foi represaliado durante a Guerra Civil
Palomares Ibáñez, José María: «La Guerra Civil en Valladolid: notas sobre la represión en la ciudad», Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea, 20 (2000), 247-300.
Fonte: Dialnet. Universidad de La Rioja.
https://dialnet.unirioja.es/
Nota informativa sobre a morte de Constantino Candeira Pérez
El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 12589 (14 de marzo de 1962), 13.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3952 [Consulta: 2023-02-18]
Reportaxe sobre a industria na Guarda, entre a que se inclúe o serradoiro mecánico de
Hermanos CandeiraGerpe, Lino: «La Guardia: sus industrias y artes», Vida gallega: ilustración regional, 12 (decembro de 1909), 11-13.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.do?id=10000163594 [Descarga: 2023-02-15]
Ligazóns de interese
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
O arquitecto Constantino Candeira Pérez no web Infogauda: un espazo de información transfronteiriza
Rodríguez Vicente, Ricardo: «Lembranza de Constantino Candeira Pérez: un egrexio arquitecto guardés», infogauda.blogspot.com, (14 de abril de 2022)
Fonte: https://infogauda.blogspot.com/2022/04/a-guarda_14.html [Consulta: 2023-02-15]
A Casa do Barco, de Constantino Candeira, edificio de especial valor patrimonial
«Arquitectos de Valladolid eligen la Casa del Barco como edificio de especial valor patrimonial», El Norte de Castilla, (1 xuño de 2021)
Fonte: El Norte de Castilla
https://www.lavanguardia.com/local/castilla-leon/20210601/7496006/arquitectos-valladolid-eligen-casa-barco-edificio-especial-valor-patrimonial.html [Consulta: 2023-02-15]
Jenaro de la Fuente e a Residencia de Estudantes de Santiago de Compostela. No anteproxecto participou Constantino Candeira
Iglesias Veiga, José Ramón: «Jenaro de la Fuente Álvarez: un arquitecto vigués no proxecto da residencia de estudiantes de Santiago», Glaucopis: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses, 24 (2019), 33-78.
Fonte: Dialnet. Universidad de la Rioja.
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7730002 [Consulta: 2023-02-16]
Intervencións urbanísticas de Candeira Pérez en Medina del Campo
Sánchez del Barrio, Antonio: La Plaza Mayor de Medina del Campo. Medina del Campo: Fundación Museo de las Ferias, 2011.
Fonte: Academia del Partal.
https://www.academiadelpartal.org/contenidos/uploads/A_Plaza_Mayor._Medina_del_Campo.pdf [Consulta: 2023-02-16]
Constantino Candeira no DB-e da Real Academia de la Historia
Sánchez del Barrio, Antonio : «Constantino Candeira y Pérez», https://dbe.rah.es/
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es/biografias/47631/constantino-candeira-y-perez [Consulta: 2023-02-13]
Espazo web de Constantino Candeira en Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
O arquitecto Constantino Candeira Pérez na Galipedia