Urbano Feijoo Sotomayor
Bamio, Santo Eusebio da Peroxa, Coles, Ourense, 1808 - Viana do Bolo, 10/8/1898Autoría: Elisa Vázquez de Gey
O creador da «Patriótica Empresa de axuda a Cuba e salvación de Galicia»
A traxectoria de Urbano sería incomprensible sen estar ao tanto da enorme influencia que sobre el exercen os seus irmáns Castor, Jaime e Camilo, os tres militares con parecidas aspiracións sociais e idéntico modus operandi en manexos de dubidosa legalidade.
No que compete a Castor Feijoo Sotomayor y Cejo, consérvanse poucos datos, aínda que son significativos: casado e con fillos, en 1852 é coronel de reserva destinado en Guadalaxara como primeiro comandante do Terceiro Batallón do Rexemento de Infantería de SM a Raíña. Un ano despois figura como propietario da mina Virgen del Pilar en Rata (Guadalaxara) e a partir de 1865 é presidente da Compañía de Ferrocarril de Córdoba Espiel y Belmez, destinada a construír un tramo de liña férrea para transporte do mineral extraído nas minas. O goberno revógalle a concesión cando se descobre que, con artimañas financeiras, as contratas pasan de man en man e cada cambio de contratista paraliza as obras. A Compañía presenta suspensión de pagos en 1875.
En canto a Urbano Feijoo Sotomayor y Cejo, tamén militar aínda que de menor rango, sabemos que casa con Carlota Álvarez Robleda y Sanz fixando a súa residencia en Viana do Bolo. De carácter ambicioso e verbo locuaz, curtido en preitos e litixios, cando remata a I Guerra Carlista desexa afastarse do exército e, sabedor das grandes fortunas que se amasan alén mar, embarca con destino a Cuba na compaña do seu irmán Jaime.
Na Habana utiliza os seus contactos militares para obter prebendas e licenzas. Emulando a Castor, primeiro logra unha concesión para construír o tramo ferroviario de Macagua a Santa Clara no Ferrocarril Central de Cuba; pouco despois xa figura como accionista do Camino de Hierro de Sagua; en paralelo, os seus frecuentes paseos polo palacio dos capitáns xerais ábrenlle as portas á administración e é nomeado vogal da Junta de Auxilio de la Población Blanca da Habana.
Urbano é ademais, o flamante propietario do Depósito de Publicaciones nacionales y extranjeras de La Habana e subscribe contratos con autores de primeira liña que desexan difundir as súas obras en Ultramar, como é o caso do escritor José Zorrilla, residente en Francia, que contrata con Feijoo Sotomayor en 1852 a distribución en exclusiva de dúas das súas obras.
Continuando coa familia, Jaime Feijoo Sotomayor y Cejo, militar, solteiro e novo, viaxa cara a Cuba na compaña de Urbano. Acababa de chegar á illa cando é invitado á casa de don Salvador Lapaza de Martiatu, viúvo e pai de cinco fillos, dos cales tres son mulleres. Unha delas, Manuela, está solteira. Os Lapaza de Martiatu –familia crioula de ascendencia biscaíña cuxa fortuna procedía da trata de negros– posúen enxeños de azucre, plantacións de café, accións, casas e enormes negradas que chegan ao millar de escravos. Jaime Feijoo Sotomayor e Manuela Lapaza de Martiatu non tardan en casar. Tras a voda instálanse na localidade francesa de Baiona e, posto que xa non residen en Cuba, asinan poderes universais a Urbano para que administre as súas propiedades e os represente na illa. Jaime morre axiña e sen testar, deixando viúva e dúas fillas das que Urbano pasa a ser responsable legal.
Xusto neste momento aparece en escena o outro irmán, Camilo, que se presenta na Habana entrada a década de 1850. Aposto militar nos trinta anos, condecorado e solteiro, chega precedido de enorme prestixio por contar coa amizade da raíña; é un feito coñecido que, na noite do 7 de outubro de 1841, o daquela capitán da Guardia Real Camilo Feijoo fixera fronte con encomiable ousadía aos xenerais Gutiérrez de la Concha e Diego de León cando pretendían acabar coa rexencia de Espartero asaltando o Palacio Real e secuestrando a Isabel II. Camilo, puxo a salvo á nena raíña, lealdade que Isabel ten moi presente e á que corresponde amosando proximidade á persoa do seu fiel gardián.
En Cuba Camilo Feijoo é coronel do rexemento de armas Habana n.º 6 e por suposto frecuenta a Urbano e á súa cuñada Manuela que, dende 1852, garda obrigado loito por Jaime. Entre ambos os irmáns e Manuela encadéanse visitas, entrevistas e negociacións que cristalizan en 1856 cando se celebra o matrimonio –con dispensa eclesiástica, por ser parentes– da dama viúva Manuela Lapaza de Martiatu co irmán do seu defunto esposo, o coronel do exército don Camilo Feijoo Sotomayor y Cejo, un enlace de conveniencia que blinda o patrimonio de ambas as familias. Por interese económico dous irmáns casaron coa mesma muller.
Anos antes, en 1944, morrera o pai de Manuela. O seu fillo varón lexítimo, Salvador Domingo de la Santísima Trinidad Lapaza de Martiatu, herda a maioría das propiedades familiares. Inexplicablemente ao pouco tempo Salvador comeza a amosar indicios de grave desvarío mental. En 1846 abandona sen avisar o seu posto de subdelegado da Mariña e marcha de Cuba. Antes de partir asina plenos poderes deixando as súas posesións en mans do seu cuñado a cambio dun arrendo anual e noméao o seu titor.
Velaquí a clave do fulgurante ascenso de Urbano: da noite á mañá administra importantes bens alleos e convértese en titor dun demente adiñeirado.
O escenario podería terlle proporcionado prestixio, recoñecemento social e unha certa popularidade –de feito a prensa habaneira eloxia a Feijoo como
gallego de nación de estirpe militar, rico empresario y hacendado con intereses en campo y ciudad–, pero nada máis lonxe da realidade: Urbano é incapaz de negociar cos donos das facendas, carece de experiencia como administrador, inviste en compañías deficitarias e dilapida fortunas que non lle pertencen. Se ben nun primeiro momento consegue disimular o caos das súas finanzas, en 1853 o desastre xa é de coñecemento público.
Talvez como unha fuxida cara adiante ou nun intento final de saír do apuro, Urbano Feijoo comeza a rumiar un novo proxecto: a Compañía Patriótico-Mercantil.
Os anos 1853 e 1854 son para Galicia tempo de fames e na Habana a Junta Central de Socorros –da que Urbano tamén é vogal– prepara unha acollida masiva de galegos pobres como colonos. A iniciativa é beneficiosa para Galicia pero tamén para Cuba posto que,
prohibida la trata, la escasez de brazos esclavos se ha hecho sentir […] el cólera ha arrebatado de las fincas muchos miles de negros […] y urge traer braceros.
Esta é a orixe da idea trazada por Urbano coa inestimable colaboración do seu irmán Camilo, que manexa os fíos en Madrid: a Patriótica Empresa de ayuda a Cuba y salvación de Galicia, un proxecto de colonización
filantrópico y benefactor, que pretende trasladar á Habana miles de galegos con contratos míseros. Amparado como estaba o proxecto por un Privilexio Real, se as cousas saíran tal como esperaba Feijoo toda a inmigración da Illa permanecería durante anos en mans dun particular. Tan confiado está o promotor no éxito da súa empresa que, meses antes de obter a concesión en firme, xa os seus homes de confianza recrutan traballadores en Galicia de aldea en aldea, asinan contratos, proporcionan pasaportes, organizan traslados e concertan fretes completos de buques migratorios. En seis meses, de marzo a agosto de 1854, o porto da Habana ve chegar oito expedicións: 1.744 galegos libres, brancos, católicos e súbditos do reino de España, desembarcan en Cuba e acaban escravizados.
Feijoo, o mesmo que o ilustre doutor Tomás Romay –responsable da aclimatación e da saúde dos traballadores– defende que
Un gallego ha de hacer el mismo trabajo que dos negros y al precio que cuesta un esclavo, pero ao cabo de dous meses morreran trescentos homes. Os galegos ven que as condicións non son as do contrato que asinaran e rebélanse; os capataces impóñenlles a mesma regra –látego e cepo– que aos escravos africanos. Moitos logran fuxir e deambulan feridos, dementes, mendigando comida. A orde pública aprésaos e péchaos en depósitos de
cimarróns. Nas cartas que envían ás súas familias evidénciase o engano. En Galicia érguense voces e o asunto chega ás Cortes.
Ante o desastre da súa iniciativa Feijoo desaparece e a empresa queda en mans de representantes. Instalado en Madrid ocupa a súa cadeira de deputado e redacta Isla de Cuba, unha memoria exculpatoria na que intenta xustificar o fracaso do proxecto.
Na Habana deixa o caos: cincuenta e oito demandas de acredores por mala xestión en enxeños e propiedades enuméranse anexadas ao cartafol da Empresa Patriótico-Mercantil. Nos xulgados esperan outras tantas por débedas e litixios relacionados coa súa nefasta administración. En Madrid tamén hai preitos activos contra Feijoo, o máis sanguento é o Pleito del curador “ad bona” del demente Salvador Martiatu contra Urbano Feijoo de Sotomayor sobre el arrendamiento de sus bienes.
A Patriótica Empresa finalmente revélase como escravitude encuberta e as Cortes rematan a cuestión: a compañía é disolvida; os traballadores quedan libres das obrigas asinadas e ofréceselles a posibilidade de regresar a Galicia ou de permanecer en Cuba.
Dous anos despois o Goberno saca a venda pública os bens privativos que o promotor posúe na Illa. O coronel Camilo Feijoo Sotomayor merca todas as propiedades.
A vida de Urbano prosegue entre Cuba e España. Por suposto, non abandona a política e ao longo de case trinta anos recibe a súa acta de deputado a Cortes en tres ocasións: en 1854, por Ourense; en 1872, por Verín (Ourense); e en 1881 por Matanzas (Cuba).
Case octoxenario, retírase á súa vila natal. O seu admirado irmán Camilo, que dende 1873 posúe os títulos de Marqués de Santa Ildaura, Vizconde de San Rosendo e Comandante do porto de Mallorca, morre dunha pulmonía fulminante en febreiro de 1893.
Sen descendencia, Urbano Feijoo Sotomayor outorga testamento mancomunado coa súa esposa Carlota Álvarez Robleda y Sanz designando herdeiros, a partes iguais, a Tadeo, o irmán menor de Urbano e aos seus sobriños, os fillos de Castor, Amalia e Camilo.
Urbano Feijoo Sotomayor falece o 10 de agosto de 1898 en Viana do Bolo.
Un galego ha facer o traballo de dous negros polo prezo que custa un escravo, Urbano Feijoo Sotomayor non só pensou e pronunciou as palabras coas que se remata esta a súa biografía, senón que as puxo por escrito e as defendeu contra vento e marea. Talvez por iso a historia reservou un espazo sombrizo e impreciso para o noso protagonista. Hai afirmacións que retratan a quen as emite.
Bibliografía
Feijoo Sotomayor, Urbano (1853): Isla de Cuba. Inmigración de trabajadores españoles: documentos y memoria escrita sobre esta materia. A Habana: Imprenta de J. M. Eleizegui.
Feijoo Sotomayor, Urbano (1855): Cuestión de Cuba. Madrid: Imprenta de Julián Peña.
Barcia Zequeira, María del Carmen (2007): En Cagiao Vila, Pilar; Guerra, Sergio: De raíz profunda. Galicia y lo gallego en Cuba. Santiago de Compostela: Universidade; 13-39.
Camargo, C. (2018): «1853 año del hambre en Galicia. Urbano Feijóo Sotomayor», Cuadernos de Domingo Fontán , (febreiro), 7-16.
Cambrón Infante, Ascensión (2000): «Emigración gallega y esclavitud en Cuba (1854). Un problema de Estado», Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, 4, 83-108.
Cambrón Infante, Ascensión (2022): «A razón de Estado e os Dez Mandamentos. O proxecto de Urbano Feijoo e as súas derivadas na emigración galega. Cuba, 1853-1856», Urbano Feijoo. As expedicións da «Compañía Patriótico-Mercantil», Consello da Cultura Galega, xuño 2022.
Pérez Bustamente, Rogelio (2014): El abogado Manuel Cortina y su época (1802-1879). Valencia: Tirant lo Blanch.
Vázquez de Gey, Elisa (2015): Una casa en Amargura. Barcelona: Ediciones B.
Villacorta, A. et. al. (2015): «Las listas de Feyjóo. Gallegos por esclavos», Programa Crónicas, (2 de outubro),( La 2 RTVE).
Fontes documentais
Archivo General de Indias (1855): Documentos relativos a la Contrata que se hizo con Don Urbano Feijoo Sotomayor para la emigración de colonos gallegos a Cuba, Sección de Diversos, Serie 3, Cartapacio 46.
Archivo Histórico del Ilustre Colegio de Abogados de Madrid (1855): «Pleito del curador “ad bona” del demente Salvador Martiatu contra Urbano Feijoo de Sotomayor sobre el arrendamiento de sus bienes»: Archivo del Excmo. Señor Don Manuel Cortina, rexistro n.º 1165, caixa 74, cartapacio 49. nº doc. 1168.
Archivo Histórico de Protocolos de Madrid (1851-1853): «Contrato entre el escritor José Zorrilla y Urbano Feijoo de Sotomayor, propietario del Depósito de Publicaciones nacionales y extranjeras de La Habana, para la distribución en Cuba de las obras de Zorrilla tituladas 'Granada' y 'Cuento de cuentos', 1852»: Registro del Consulado de París (Francia), de 3 decembro de 1851 a 17 outubro de 1853.
Archivo Histórico Provincial de Ourense (1878): «Testamento de fecha de seis de diciembre de 1878 otorgado por Don Urbano Feijoo Sotomayor natural de Bamio, ayuntamiento de Coles, vecino de Viana del Bollo y su esposa Doña Carlota Álvarez Robleda y Sanz, vecina de Viana del Bollo, instituyéndose en herederos en absoluto el uno del otro»: Protocolo de Don Ignacio Barros notario de Villavieja con residencia entonces en la villa de Viana del Bollo.
Como citar: Vázquez de Gey, Elisa : Urbano Feijoo Sotomayor. Publicado o 30/8/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=33383. Recuperado o 18/04/2024
DOCUMENTACIÓN DE
Isla de Cuba. Inmigración de trabajadores españoles, A Habana, 1853
Memoria escrita por Urbano Feijoo Sotomayor co obxectivo de xustificar e divulgar o seu proxecto para a contratación de colonos galegos para a illa de Cuba. Para tal fin creou a Compañía Patriótico-Mercantil. No texto aparecen especificadas as condicións laborais, así como os dereitos e deberes que terían estes traballadores durante a súa estancia na illa.
Fonte: Galiciana
Poñemos este libro a disposición das persoas interesadas, cuxo orixinal está na Biblioteca de Galicia.
Ver documento orixinal
DOCUMENTACIÓN SOBRE
A razón de Estado e os dez mandamentos: o proxecto de Urbano Feijoo e a as dúas derivadas na emigracións galega. Cuba, 1853-1856
A RAZÓN DE ESTADO E OS DEZ MANDAMENTOS. O PROXECTO DE URBANO FEIJOO E AS DÚAS DERIVADAS NA EMIGRACIÓN GALEGA. CUBA, 1853-1856
Ascensión Cambrón
Universidade da Coruña
Xoves, 2 de xuño de 2022
1. Introdución
Ocúpome por segunda vez do proxecto dos emigrantes galegos trasladados a Cuba por Urbano Feijoo Sotomayor . Concluín a primeira vez motivada pola intervención neste asunto do pensador Ramón da Sagra; e agora, por petición do Consello da Cultura Galega, que adquiriu novos documentos que me achegou coa invitación de retomar o asunto de novo. Con frecuencia, o tema foi tratado nos medios dunha maneira parcial, centrado nos infortunios e adversidades que padeceron o conxunto de traballadores galegos desprazados á colonia; e na responsabilidade do empresario, ao que se considera unha persoa egoísta que impulsou a operación motivado unicamente polo beneficio que esperaba obter. Con todo, o asunto é bastante máis complexo. Na miña publicación anterior describín o contexto cubano no que se inseriu o proxecto da empresa de Urbano Feijoo, os seus obxectivos e resultados. Estes últimos, analizados tras a súa extensa discusión nas Cortes de 1855, manifestan unha experiencia que resume de maneira inigualable Cornelius Castoriadis coa expresión «la razón de Estado es infinitamente más fuerte que la razón práctica y que los Diez Mandamientos». A reflexión do pensador greco-francés e ter a miña disposición máis información permítenme agora proporcionar unha visión de conxunto máis completa sobre o tema e inserir a experiencia da emigración galega nunha trama sociopolítica que permite concluír que, tanto antes como agora, cando hai que identificar responsables sempre lles toca perder aos de abaixo, aos traballadores.
Á información da que inicialmente dispoñía, engádese agora a documentación remitida desde os Estados Unidos polo doutor e profesor Tomás González del Valle. O seu exame permite coñecer os datos certificados na Habana entre 1856 e 1857 polos representantes da autoridade colonial e o apoderado do empresario, e completar o final da empresa de Urbano Feijoo Sotomayor e os seus correspondentes en Cuba e en Madrid.
2. Trama coa que se planea e autoriza o proxecto
Desde principios do século XIX, Cuba, colonia española, representaba para a Co-roa e para os adiñeirados crioulos un potencial económico incalculable. E o sis-tema produtivo do azucre, a base da súa economía, era inseparable da necesida-de de man de obra escrava. A partir dos anos corenta, o incremento da represión internacional sobre a trata de escravos alarmou tanto aos sacarócratas cubanos como aos representantes do Goberno peninsular. En Europa aumentaba a demanda de azucre e as riquezas dos seus explotadores, pero, ao mesmo tempo, o tráfico clandestino de negros incrementou o prezo destes traballadores e «ennegreceu» a poboación da colonia. A mediados de século, ambos os fenómenos —o binomio azucre-escravitude estimula a demanda crioula de independencia apoiada polos escravos— eran vistos como riscos polos empresarios e comerciantes españois na illa e polo Goberno peninsular. Desde esta constelación de intereses explícase a iniciativa, comezada en 1853 polo entón capitán xeneral de Cuba, Valentín Cañedo —continuada polo seu sucesor Juan M. González de la Pezuela—, Urbano Feijoo, instalado na illa desde 1844, e o seu irmán Camilo, un rico terratenente en Cuba.
O proxecto de introducir certo número de traballadores galegos na colo-nia xustificábase discursivamente por dous obxectivos: por unha banda, «soco-rrer a los gallegos mediante un trabajo bien remunerado con el cual alimentar a sus familias y [por otra] contribuir en Cuba a satisfacer la demanda de mano de obra que exigía la economía de plantación» .
En marzo de 1853, o capitán xeneral dirixíralle unha carta ao presidente do Consello de Ministros de Madrid na que daba conta das axudas recollidas na illa para socorrer ao pobo galego, que atravesaba unha das moitas crises de sub-sistencias que arrasaban o país. Suxería ademais ao Goberno peninsular a con-veniencia que reportaría a Cuba e a España a organización dun proxecto para trasladar a un número determinado de traballadores de Galicia á illa. Trataríase de colocar a «pobres útiles que quieran utilizarlos en clase de colonos contrata-dos, con lo cual, a la vez, se favorece a la población blanca de este país y su agri-cultura. [La medida] descarga[rá] aquella provincia de los menesterosos que hoy la afligen. Todo lo que pongo en conocimiento de V.E. a fin de que sirva elevarlo al superior conocimiento de SM […] para que considere y apruebe el proyecto […], que en breve tendré el honor de elevar a las manos de SM» .
Simultaneamente, o capitán xeneral dirixiuse á Junta de Fomento da Habana para informar da proposta de Feijoo en idénticos termos . A resposta de Madrid ao capitán xeneral demorouse e nela indicábase que se estudaría «el proyecto de trasladar gallegos a la isla», pero que non debería esquecer a solicitude xa en curso de «autorización de entrada en Cuba de diez mil asiáticos» . Mentres tanto, e anticipándose á resposta do Goberno peninsular, Feijoo xa publicara un folleto na Habana coa súa proposta empresarial .
Ao mesmo tempo, na Habana reuniuse a Junta de Fomento para estudar o proxecto, cuxas conclusións trasladou Cañedo ao Goberno de Madrid: «Si bien esta institución lo ha discutido, no lo ha descartado, pero ha puesto algunos obstáculos, debido a que el empresario solicita de la corona la concesión un privilegio para su empresa, lo que dificulta su aprobación» .
Pouco despois, a Junta de Población Blanca reuniuse co mesmo obxecto e trasladoulle despois a Cañedo as súas conclusións, que reproduzo íntegras polo seu interese:
Exmo. Sr.: La comisión ha examinado la instancia en la que Urbano Feijoo Sotomayor pide la concesión de un privilegio exclusivo para introducir por quince años trabajadores peninsula-res a la isla (especialmente de Galicia) y para ejercer este privilegio crea una compañía mer-cantil, bajo las bases que expresa en la solicitud. La comisión considera que, por más que ten-ga un propósito laudable, no la considera del todo realizable y, aunque lo fuere, encuentra en ella riesgos tan graves que no puede menos que indicarlos […] y los somete al ilustrado juicio de S.E. Desde todo punto de vista conceptual (Real cédula de 21 de septiembre de 1817 sobre población blanca), la concesión de un privilegio es contraria al fin de la colonización y el de aumentar los braceros, es directamente contraria a ambas, como lo es toda empresa pública que envuelve la idea de monopolio exclusivo, como antes de ahora tiene reconocido el su-premo Gobierno, aboliendo algunos que existían .
E proseguía nestes termos:
La libertad y la franqueza con que cada uno de los naturales de Galicia puede arribar a nuestro puerto en solicitud de trabajo, sin las trabas y compromisos al que el privilegio sujetaría a los inmigrados dejarían de existir, equivaliendo entonces a una prohibición. Esa libertad y franqueza solo tienen hoy el obstáculo de la falta de medios para verificar el transporte, pero la comisión al terminar su informe propondrá el arbitrio de la falta de medios con el que alla-naría ese mismo óbice .
A Junta explicaba, ademais, as razóns da escasa viabilidade da operación:
No es del todo realizable el proyecto del Sr. Sotomayor, porque los proletarios de Galicia, que igualmente que obtienen recursos desplazándose a Castilla y demás provincias para conse-guir trabajo, no cambiarán […] sus antiguas migraciones por el viaje a un país lejano, por el clima mortífero para los europeos y la incertidumbre de la vuelta a su país. Mas aún, por la aflictiva situación que atraviesa su provincia no faltarán una centena o miles de hombres que abracen el proyecto, en su desesperación, del Sr. Sotomayor. La conveniencia que traería al colono de Galicia, al arribar a este punto de poder fijar con el hacendado o comerciante un sa-lario que le convenga, siempre sería más subido que el que propone el Sr. Sotomayor. La ven-taja de este supuesto no se le ocultará que le permitiría ahorrar y volver antes. A ello se añade, en consecuencia, de lo afirmado por Feijoo que «un gallego trabajará por dos negros», la incoherencia está clara pues a los colonos ofrece abonarles cinco pesos por mes .
Da mesma maneira, analizaba algunhas das consecuencias que derivarían da aprobación do proxecto:
La comisión además cree imposible que, mientras no se opere la separación entre el cultivo de la caña y el de su elaboración (aun lejana), no habrá hacendado alguno que se decida a in-troducir en sus ingenios cuadrillas de hombres sujetos a la sindicatura que quiere el Sr. So-tomayor, lo que acarrearía funestas consecuencias: cuadrillas que tanto difieren del africano y aun del chino; hombres a los que no se podría imponer castigo alguno sin la intervención ju-dicial, ni obligar a trabajar en las altas horas del día, según expresa su memoria, cuya franqui-cia sobre los negros, aparte de los alimentos, invertirían el orden y la disciplina tan indispen-sable en las fincas .
E, por último, indicaban unha solución:
Pero un inconveniente mayor de la cesión afecta a la moralidad que ocasionaría la falta de mujeres entre los colonos, que daría lugar a una mezcla con los negros, ocasionando celos, ri-validades que trascienden lo ya enunciado […]. Esta celosa corporación, que desea auxiliar por todos los medios posibles a la provincia de Galicia, podrá salir fiadora del pago del pasaje a todos sus naturales que espontáneamente desean trasladarse a esta isla, debiendo abonarlo ellos al año después de su arribo; con cuyo fin si esta Real Junta así lo acordare, podría en Ga-licia hacer la oportuna publicidad, pero sin incitar a sus habitantes con promesas y menos aún mediante la promoción de la inmigración por privilegio .
Ao meu parecer o informe apunta aos inconvenientes que se derivaban do proxecto empresarial do ourensán, así como aos moitos prexuízos para os traballadores emigrados, que xa denunciaran Ramón de la Sagra e Vicente Vázquez Queipo en 1845 .
A principios de xuño de 1853, Urbano Feijoo escribíalle ao gobernador Cañedo para que axilizase as xestións:
La Comisión de Socorros con Galicia de la que formo parte gracias a VE, allí donde usted con-cibió el filantrópico pensamiento […] de abrir a los gallegos el camino para venir a esta isla a utilizar su trabajo […]. Desde esta idea […], siento con vehemencia el amor a mi patria, que nací gallego y en aquella provincia conservo mis primeras y más nobles aficiones, que debiendo a esta hermosa isla señalados provechos y una posición social, puedo decir que tengo principios en Galicia y aquí [en Cuba] el fomento de mi vida […]. No he dejado de pensar en el medio de practicar el pensamiento de la emigración, para que sea de pronto éxito en mi país España-Cuba de progreso y salvación. Considero que, abandonado el proyecto a la acción lenta, aunque protectora y liberal de la Junta de Fomento […], sin notable resultado para la oportu-nidad del concebido plan, que el proyecto se postergue. Aunque sea con intenciones patrióti-cas y benefactoras para la isla y para España .
Só dous días despois, o gobernador volvía reunirse coa Junta de Fomento para tratar novamente o proxecto de inmigración. O presidente da entidade iniciou o encontro coa lectura dun prego en que reiteraba que o proxecto non era do todo realizable, en razón do privilexio e da duración excesiva da contrata, quince anos. Non obstante, a Junta expresou que o proxecto era «beneficioso para Cuba y útil al mismo tiempo para la agricultura y población cubana», polo que buscaría a forma de mellorar as condicións propostas polo empresario. Nesta liña, rexeitaban a condición de privilexio e propoñían que o número de traballadores non excedería os seis mil, que a contrata sería individual e unicamente por catro anos, que o regreso dos colonos sería voluntario, tras os meses de aclimatación, e que o salario mínimo sería de cinco pesos ao mes. Finalizaba a súa exposición convidando a dialogar a Feijoo cos membros da Junta de Fomento para afinar as condicións que propoñía.
A finais de setembro de 1853, a Junta de Población Blanca convocou ao empresario, ao que censuraron solicitar millóns de pesos ao Goberno de España a través da Junta de Fomento e reiteraron as súas críticas á situación de privilexio que propoñía para a empresa. Feijoo negou o primeiro extremo alegando que non era esa cantidade, senón corenta mil pesos que tiñan como finalidade responder a eventualidades, aínda que engadía que «no creo que mi plan sea perfecto». Alí reiteráronlle que a condición de «privilegio» para a súa empresa era imposible de asumir porque xa o intentaran antes outros empresarios —segundo a Real cédula do 21 de setembro de 1817 que trataba sobre a materia— e tamén que a súa intención respondía a un «ánimo de lucro».
A finais de novembro, reuniuse de novo a Junta de Fomento, presidida por Ca-ñedo, para despachar o informe sobre o proxecto do empresario. O seu presidente reiterou que a Junta de Población Blanca consideraba irrealizable a empresa, polo que a súa opinión era negativa. Non obstante, crían que existían razóns para matizar a súa resposta. O organismo, despois da detida discusión, resolveu que o proxecto resultaba conveniente para a agricultura e o fomento da poboación branca da illa. Con todo, insistían en que terían que respectar o número de seis mil colonos anuais. Ademais, recomendaban a Cañedo que informase ao Goberno central en favor do privilexio e que, unha vez aprobado, debía volver á Junta de Fomento co acordo do propio gobernador.
Valentín Cañedo convocou ao empresario para trasladarlle a proposta da Jun-ta de Fomento, pero declinou asistir e respondeulle por escrito. Feijoo manifes-toulle que non podía comprometerse cun número concreto de traballadores, xa que implicaba dispoñer en tres meses de instalacións adecuadas, con grave risco para os seus intereses. Engadía que o número de colonos dependería da oferta de man de obra existente en Galicia e da propia demanda dos terratenentes cubanos. Por iso, non se comprometía, salvo que a Junta de Fomento estivese obrigada «a indemnizar los perjuicios a la empresa, es decir, si garantizaba la colocación de todos los [trabajadores] que vengan». Respecto aos alimentos que lles proporcionaría aos colonos, este era un asunto regulamentario e que precisar máis adiante. En todo caso, detallaba que pretendía alimentalos con «pan de trigo, rancho, carne, e ir variando durante tres meses» ata conseguir acostumalos «a comer plátanos y raíces» ou, polo menos, a non exceder o alimento equivalente ao que se lles proporcionaba aos escravos negros. Por último, incorporou no seu escrito dúas novas cuestións: a hipotética intervención directa dos terratenentes na alimentación dos traballadores e o nomeamento dos síndicos da empresa, sen ter aínda claro se serían nomeados polo Goberno da illa, ao que lle pediría a súa colaboración unha vez que tivese o informe favorable do exercicio do privilegio .
A últimos de outubro de 1853, o capitán xeneral da illa reuniu a Junta de Autoridades de Cuba, con asistencia do comandante xeneral da Mariña, o superintendente xeral de Facenda, o presidente da Audiencia Pretorial e o alcalde da Habana. A súa intención era trasladarlles os dous puntos conflitivos do plan de Urbano Feijoo: a concesión do «privilexio» e a súa duración de 15 anos. Cañedo declaraba que «el privilegio [era] altamente provechoso para Cuba y Galicia», como expoñían os obxectivos reais —sociais, económicos e políticos— do proxecto que mantiña con Feijoo, mentres infravaloraba o «lucro moderado» ao que aspiraba o empresario:
El proyecto mira [en primer lugar] por la seguridad futura de Cuba, al mismo tiempo que el fomento de la agricultura y el comercio locales. Segundo, porque combinados esos objetivos y los reglamentos presentados, hacen conveniente la concesión del privilegio que solicita el empresario, en beneficio de los trabajadores peninsulares y el desarrollo de la riqueza agrícola aquí. El privilegio no solo no tendría inconveniente, sino que era preciso admitirlo como la base y el alma de la realización del proyecto, bien se atienda al número de años indispensable para su realización, o a la garantía que solo la exclusiva importación de trabajadores contra-tados puede ofrecer la mayor inversión de grandes capitales en los reclutamientos, construc-ción de cuarteles de aclimatación y otros gastos de administración, sin lo cual la empresa se vendría a tierra. Tercero, a este privilegio no se le puede llamar monopolio privado, sino más bien, una medida de alta administración, confiada a un particular o empresa comprometida con un lucro esencialmente moderado, pero sin derecho a mantener el negocio, ni a pedir in-demnizaciones, el día que el Gobierno estime necesario cerrar. En cuarto lugar, si se dejara correr el tiempo […], no haría más que confirmar su interés, pudiendo tal vez perjudicar a los mejores fines del gobierno para sustituir a los brazos negros con otros supletorios y a la polí-tica que muy prudentemente se reserva y la vocación de los peninsulares que pueden mejorar sus vidas, aumentar sus ahorros, trabajando en esta isla .
Finalmente, o 30 de setembro de 1853, o gobernador comunicoulle ao presi-dente do Goberno central que «el acuerdo celebrado por la Junta de Autoridades Superiores de la isla ha considerado pertinente el proyecto de Urbano Feijoo Sotomayor, su conveniencia, [dado que] la necesidad de brazos en la isla es inmensa y el único medio para superar esa necesidad económica y política», polo que recomendaba unha «favorable acogida y resolución en beneficio de este país y del gobierno» . Dese modo, aprobouse a Compañía Patriótico-Mercantil en Cuba, aínda que o visto e prace de Madrid non se publicou ata maio do ano seguinte (R. O. do 2 de maio de 1854). O dato resulta significativo polo apoio expreso da autoridade colonial e do tácito do Goberno metropolitano, se se considera que chegaran á Habana a primeira (6/03/54) e a segunda (22/4/54) das expedicións e a terceira chegaría dúas semanas despois (24/05/54) . Obviamente, as responsabilidades derivadas non podían ser só do empresario, senón tamén do Goberno de España.
Mentres tanto, Feijoo dirixírase ao ministro da Gobernación solicitándolle a concesión aos emigrantes de «pasaporte de pobres», é dicir, unha rebaixa na pasaxe marítima cara a Cuba e que, ademais, se expedise un pasaporte colectivo en caso de pertencer a un mesmo concello ou partido xudicial. Peticións que parece que foron atendidas por S. M. en R. O. do 2 de maio de 1854.
3. Receptación, traslado e subcontratación dos traballadores
Non obstante, antes de ser aprobado o seu proxecto, o empresario ourensán xa facía publicidade daquel en Galicia a primeiros de outubro de 1853 e abría as inscricións de traballadores dispostos a embarcar cara a Cuba.
Ese mesmo ano publicou na Habana unha memoria que contiña o proxecto para trasladar galegos a Cuba . Discursivamente, o seu plan mantiña tres obxectivos: socorrer os «desgraciados gallegos», contribuír á agricultura na colonia e aumentar a poboación branca. O fundamento do proxecto, segundo as súas palabras, era: «el amor a ambos países, prometiendo a los emigrantes cuidados y atenciones para su salud [y] asegurando el regreso al hogar». Non precisaba aínda o número de traballadores, pero si figuraba que a empresa se xestionaría en réxime de privilexio durante 15 anos. Os contratos serían individuais, terían unha duración de cinco anos e contraeríanse «libremente entre los trabajadores y el empresario en escritura pública, bajo la inmediata vigilancia de las autoridades locales de ambos territorios».
Deste modo constituíuse a chamada Compañía Patriótico-Mercantil. No seu prego de condicións enumerábanse os seguintes capítulos:
En primeiro lugar, a responsabilidade do empresario:
Al cumplimiento de todos los artículos establecidos para poner en ejercicio el privilegio, que-da responsable con su persona y bienes el consignatario del mismo; y él responderá ante el gobierno de las omisiones o abusos de la compañía que se forme mancomunadamente con esta, siempre que esta sea de las denominadas anónimas .
En segundo lugar, a natureza da sociedade:
Podrá formarse una compañía de las autorizadas por la ley, o una sociedad accidental según más bien agrade a SE, con el objeto de obtener todos los fines propuestos en la solicitud del privilegio de fecha 15 de julio de 1853. Su capital será de doscientos mil pesos por ahora, y el consignatario del privilegio queda obligado a presentar más capitales por sí, por parte de los socios existentes o por medio de otros nuevos, cuando quiera que el curso de la operación lo exija así .
En apartados posteriores, Feijoo detallaba algún dos pormenores da nova so-ciedade que afectaban á súa responsabilidade civil, ás posibles subcontratacións dos traballadores e aos gastos orixinados polo vestiario e a pasaxe:
3º. Todas las obligaciones que en el uso de este privilegio haga con los trabajadores el conce-sionario o la compañía que se forme entiéndese que no solamente le imponen la responsabi-lidad con el contratado, sino también para con el gobierno directamente.
4º. La compañía jamás hará segunda contrata con los hacendados: traspasará la primera esti-pulada con el trabajador, y a este solamente entregará el subcontratista el sueldo en aquel documento convenido.
5º. La compañía queda solidariamente sujeta al cumplimiento de las obligaciones que acepte el hacendado respecto al trabajador; y queda también obligada a vigilar porque el hombre de trabajo cumpla su compromiso. Con este objeto ejercerá, sin perdonar gastos, una sindicatura activa por medio de un funcionario que al efecto nombrará bajo la aprobación de S.E.
6º. La empresa pagará en España todos los gastos que antes del embarque haga el trabajador; le entregará al embarcarse un vestuario compuesto de tres camisas, pantalón y blusa de hilo, un par de zapatos fuertes y un sombrero de paja; pagará su pasaje, además, durante el presente y próximo año [y] procurará hacer algún anticipo por cuenta de su trabajo, con la mira de subvenir a la necesidad de sus familias en la calamidad presente .
A continuación facíase referencia ás condicións xerais dos emigrantes na illa, entre as que figurarían a asistencia médica, un período de adaptación ao clima cubano e o dereito a dispoñer dunha viaxe gratuíta de retorno:
7º. Al llegar a la isla, los inmigrados serán recibidos por la empresa en locales convenientes, preparados en el campo para la aclimatación. Tres meses serán tratados en estos depósitos con las precauciones y bajo el régimen que los facultativos prefijen. Todos los auxilios y asis-tencia médica son a cargo de la empresa; si alguna enfermedad se prolongase hasta seis me-ses, la empresa o el enfermo tendrán derecho a disponer el viaje de retorno por cuenta de aquella .
Nos tres puntos posteriores indicábase que a empresa dispoñía de permisos para subcontratar os seus traballadores aos terratenentes cubanos, a empregalos noutros mesteres de non haber traballo dispoñible e a aboarlles por iso un salario mensual, para o que se establece ademais a súa contía:
8º. Concluido el tiempo de aclimatación, la empresa entregará al trabajador otro equipo com-pleto y traspasará su contrata al hacendado, quien desde ese día pagará al primero el sueldo convenido. Si no hubiese colocación la empresa le abonará su mensualidad quedando a favor de aquella su trabajo.
9º. La empresa para prevenir la falta de trabajo podrá contratar por su cuenta operaciones de campo o crearlas nuevas.
10º. El sueldo del trabajador no podrá ser menos de cinco pesos por mes, ni el tiempo de su contrata podrá exceder de cinco años .
Os apartados que continúan detallan o vestiario, a alimentación, a regulación do
tempo libre e as prestacións sanitarias:
11º. Los trabajadores serán tratados con cuidados por sus principales. Se les suministrará buenos y abundantes alimentos, se les darán en cada un año dos vestuarios completos. Ten-drán consagrados los domingos, las noches desde las ocho hasta las cuatro de la mañana y tres horas durante el rigor del día; serán asistidos y curados en sus enfermedades por cuenta del contratista; si la enfermedad dura más de ocho días el enfermo no tiene acción a cobrar sueldo.
Mención especial merece a posible participación dos traballadores cos seus salarios no fondo de reserva da sociedade, algo que xa anticipa as súas escasas intencións de pago:
12º. La compañía queda obligada a recibir de mano de los trabajadores cualquiera cantidad que aquellos quieran dedicar a fondo de reserva. Se les abonará un interés de 6%. Queda fijado este rédito para el tiempo de tres años, cumplido el cual la empresa podrá variarlo o soste-nerlo, visto que el crédito siga en la plaza de la Habana. Para variar las condiciones es necesa-rio el beneplácito de S.E.
13º. La empresa tendrá constantemente a disposición del gobierno un censo de esta población móvil, fijando los puntos de residencia .
A seguir especifícanse algúns aspectos do financiamento, por parte da socie-dade, do regreso dos traballadores a Galicia ao rematar a súa contratación:
14º. Cumplidos los cinco años de la contrata, la empresa queda obligada a trasladar a la Pe-nínsula por su cuenta y a su costa todos los inmigrados que deseen volver a su país, no pu-diendo demorarles en esta más de dos meses, procurando evitar toda demora. Desde el día en que el trabajador se presente en los cuarteles de depósito que tenga la empresa, será de su cuenta mantenerle por todo el tiempo de su detención.
15º. Cuando por enfermizo u otra causa quiera el hacendado subcontratista renunciar a la obligación que tiene con el trabajador, la compañía está obligada a trasladar por su cuenta a España al emigrado, pero no queda obligada ni a proporcionarle otra colocación ni a emplearle de su cuenta.
16º. Un visitador nombrado al efecto por la compañía explorará en el último mes de contrata la voluntad de los inmigrados cumplidos, si quieren volver o no a la Península. El trabajador que se niegue al viaje tendrá un mes de término desde el día de aquella manifestación para arrepentirse y hacer saber a la compañía su contraria resolución. Pasado este plazo, la com-pañía queda libre de la obligación de trasladar a España al trabajador .
O artigo 17, con todo, resulta o máis importante para o empresario na medida en que nel se establece o custo de cada un dos traballadores galegos que se subcontratan aos terratenentes cubanos:
17º. La empresa, para sostener sus compromisos ante el Gobierno y hacer frente a todos los riesgos […], exigirá de los hacendados que tomen inmigrados la suma de ciento diecinueve pesos por cada uno en una sola vez .
Finalmente, remata o apartado de condicións con algúns pormenores secun-darios, entre outros a importancia que supoñen as axudas a Galicia e o seu ofre-cemento ao Goberno da illa a que achegue suxestións para melloralas:
18º. Para proporcionar auxilios a la población gallega en la angustiosa época que cruzamos, la Empresa procurará adquirir todo el material de equipo necesario a la industria de dicho país, siempre que su costo no presente una notable desventaja.
19º. La Empresa desde la obediencia que la corresponde se hallará además pronta a complacer a S. E. el Capitán general de la Isla, respecto al pormenor de sus operaciones, y a mejorar todo cuanto se le indique en favor de los intereses generales aquí comprendidos, siempre que sean compatibles con los de la Compañía que se forme .
Se ben estas foron as estipulacións xerais do contrato rexistrado na Habana, Feijoo engadía en Galicia novas cláusulas restritivas mediante as que os traba-lladores eran obrigados a non rescindir o contrato co empresario, a dispoñer dunha cédula especial de identificación emitida pola autoridade de Cuba e a someterse a determinadas sancións correccionais con relación ás ordenanzas. O documento engadía unha anotación de obrigado cumprimento para cada un dos traballadores: «Yo [...] me conformo con el salario estipulado, aunque sé y me consta que es mucho mayor el que ganan los jornaleros libres de la isla de Cuba; porque esta diferencia la juzgo compensada con las otras ventajas que ha de proporcionarme mi patrono y con las que aparecen en este contrato» .
Baixo estas condicións partiron de Galicia, entre marzo e setembro de 1854, oito expedicións con 1744 traballadores ata o porto da Habana . A chegada da primeira expedición resultou espectacular, con presenza das autoridades colo-niais e con gran resonancia na prensa da Habana, que destacaba «la juventud y buena salud de los trabajadores» . Non obstante, os terratenentes cubanos non compartiron ese optimismo, en contraste coas autoridades coloniais presididas entón polo capitán xeneral da illa e o propio empresario. Pouco tempo despois, o capitán xeneral Cañedo foi substituído por Juan M. González de la Pezuela, que tamén sintonizou cos desexos do empresario . Con todo, despois do inicio do Bienio Progresista, a primeiros de setembro, substituíuno no cargo José Gutiérrez de la Concha, quen botou man no asunto ante as condiciones en que se atopaban os traballadores galegos, o trato que recibían por parte do empresario e a belixerancia destes cara a Feijoo. De la Concha instou a ambas as partes a cumprir as súas obrigacións contractuais, pero pouco despois decretou medidas que o empresario non puido cumprir porque a compañía estaba xa na bancarrota.
Á chegada dos emigrantes á Habana, a empresa carecía de infraestruturas onde situar os traballadores, polo que os recluíu en barracóns sen condicións de habitabilidade e hixiene; lugares onde ficarían durante os meses de aclimata-ción. Por outra banda, a alimentación era escasa, de ínfima calidade e consistía en «batatas y tasajo», mentres que o período de aclimatación se limitaba ao tempo en que os terratenentes se interesaban en contratalos. Os emigrantes comprenderon de inmediato a traxedia do seu destino, que non era outro que o de prover o mercado de man de obra barata en condicións insoportables: xornadas de 16 horas —un «trabajo de negros», dicíase— e cun salario moi inferior ao que cobraban os españois que traballaban en Cuba e, mesmo, ao que recibían os africanos libertos.
Algúns dos traballadores foron contratados por uns poucos terratenentes e trasladados a enxeños e cafeais de Trinidad, Puerto Príncipe e Cienfuegos, mentres que outros foron colocados na construción de obras públicas e na milicia. Quedaron sometidos a condicións extremas de traballo baixo un clima tropical e obrigados a convivir nas plantacións xunto ás familias de escravos, en condicións inaceptables, sen que nin capataces nin empresario atendesen as súas demandas. Moitos quedaron afectados polo cólera e outras epidemias que ocasionaron innumerables baixas e mesmo mortes. Por iso, é comprensible que moi pronto os traballadores manifestasen o seu descontento. A primeiros de agosto de 1854, moitos desertaron, outros morreron de cólera, de febre tifoide ou das malleiras recibidas . Ante a situación orixinada e por petición de Feijoo, a primeira autoridade da illa, o xeneral De la Pezuela, publicou un bando en que instaba aos fuxidos a entregarse e ao exército a perseguir «a los cimarrones gallegos». Moitos deles acabaron en hospitais e en prisións militares, mentres o empresario se apresuraba a recoller na Habana a subvención de «140.000 duros , ofrecida polo Estado e entregada pola Junta de Fomento, para desaparecer de inmediato de Cuba. De regreso á Península, presentouse ás eleccións das Cortes Xerais en representación da provincia de Ourense .
A principios de outubro de 1854, o novo capitán xeneral de Cuba, José Gutié-rrez de la Concha, deu un xiro insospeitado ao problema da emigración e infor-mou ao Goberno de España da gravidade «del asunto de los gallegos». Á vez, retiroulle ao empresario a contrata coa que ía construír dúas leguas do ferroca-rril e ofreceu ocupación a uns cincocentos emigrantes na construción de sinala-das obras públicas na capital cubana. O proceder do xeneral De la Concha na Habana evidenciaba a falta de recursos da empresa de Feijoo. Ao mesmo tempo, en Galicia era pública a situación dos emigrantes e as súas familias coñecían xa a penosa situación en que se atopaban .
Abundando na situación que sufrían os emigrados, en abril do 1855 chegou ás Cortes un escrito da Habana do antigo responsable da empresa, Ramón Fernández Armada, quen describía as condicións inhumanas que o empresario lles impuxera aos seus traballadores:
Los gallegos han sido arrancados de sus hogares, engañados con cautelosas y mentidas pro-mesas y han venido a encontrar en Cuba la vergüenza, el engaño, la ignominia y la muerte. Hasta el presente han encontrado la muerte 500, por cálculo aproximado, a causa del hambre, malos tratos o abandono [...]. Toda su culpa fue pedir pan para no morir de hambre, y para reprimir este impulso los jefes les mandaron encerrar en fétidas instancias, cargados de grillos y cadenas, desnudos y descalzos, les alimentan con carnes descompuestas que los ne-gros africanos rechazan. Les obligan a trabajar durante la aclimatación 15 horas diarias [...] por medio del palo, el azote y la espada. Esta situación les ha conducido a la desesperación y los que no huían, morían en los caminos, en las cárceles o en los hospitales. Escándalo, espanto, carnicería. La humanidad condena estos crímenes y a sus autores, pero en las sociedades constituidas no basta esta reprobación: hay leyes y hay gobierno .
4. Atribución de responsabilidades nas Cortes
A comezos de 1855, o asunto dos emigrantes chegara ao Parlamento español a instancia de Ramón de la Sagra e outros deputados galegos. Estes presentáronlle ao presidente do Goberno unha proposición para que achegase ás Cortes: «el expediente de contrata para trasladar gallegos a Cuba». Xustificaban a súa proposición para poñer «urgente remedio a los inhumanos abusos a que está dando lugar la empresa de colonización de pobladores gallegos en la isla de Cuba». Por isto, suplicaban ao Goberno poder examinar «el expediente de la contrata, conforme al cual se están haciendo dichas introducciones» .
A iniciativa deu lugar, a primeiros de febreiro, á creación dunha comisión formada polos deputados Pedro Bayarri, José Arias Uría, Juan Bautista Alonso, Daniel Carballo e José Ordax Avecilla co obxecto de «resolver los problemas de los inmigrados». Porén, o presidente das Cortes, López Infante, previña a estes deputados de que a solución ao problema non podía «ir contra la empresa ni contra el gobierno» Tratábase, así pois, dunha indicación precisa que condicio-naría a discusión parlamentaria e, naturalmente, a solución que se daría ao conflito, como veremos enseguida. A actividade da comisión resultou traballosa e non concluíu ata xuño, tras uns catro meses. Con todo, as deliberacións dos parlamentarios que interviñeron resultan de sumo interese para coñecer as interioridades da empresa de Feijoo, cuxos verdadeiros obxectivos saíron á luz .
O expediente que remitiu o Goberno ao Congreso ía acompañado dunha de-nuncia interposta por parte dun letrado en nome dos familiares dos emigrados, onde se incluían as mencionadas cartas chegadas de Cuba , remitidas ao Con-greso co aval do deputado galego Tomás Acha Álvarez . Nelas os emigrantes denunciaban as inhumanas condicións de traballo ás que estaban sometidos, a duración da xornada laboral, a falta de alimentación adecuada, a penosa aten-ción médica e relixiosa e os castigos físicos que lles impoñían. Manifestaban que «eran tratados peor que los esclavos, vendidos como ellos al que quiera comprar su trabajo». Concluían, por último, sinalando a un empresario que «ha ultrajado a la humanidad y a la naturaleza reorganizando la esclavitud» e «en bancarrota de recursos y de crédito». Os traballadores solicitaban ás Cortes unha indemnización por danos e perdas, que se lle instruíse causa criminal ao empresario, que os auxiliasen «como a pobres» ante a xustiza e que os destinasen ás armas polo tempo que determinase o Goberno.
Os deputados José Ordax Avecilla e Juan Bautista Alonso, como minoría da Comisión, presentaron un informe alternativo que, se ben non foi a proposta adoptada polas Cortes senón máis ben un «voto particular», motivou intensas discusións no pleno. Nelas, os deputados demócratas sostiñan sorprendente-mente que o proxecto da Compañía Patriótico-Mercantil era «favorable por su origen, plan y condiciones». Na súa argumentación sinalaban que a idea de arrincar a milleiros de vítimas da fame e da peste que castigaba a Galicia en 1853 resultaba unha idea xenerosa e profundamente humanitaria, que recollía, ademais, o sobrante desa poboación e aumentaba a escaseza de brancos en Cuba. Contribuía, ademais, a reducir o salario na colonia, preparaba a substitución do escravo polo traballador libre, abría un camiño seguro á extinción da escravitude e acrecentaba a presenza española nunha posesión tan cobizada polos estranxeiros. E concluían: «Todo ello es no solo un pensamiento patriótico, sino trascendental y regenerador de la isla de Cuba». Do conxunto das condicións contractuais que tutelaran o traslado dos emigrantes, tan só recoñeceron que era cuestionable o «salario de cinco pesos», mentres que consideraron que «la comparación [de la paga de un emigrante] con la de un negro no tiene sentido, sino que hay que compararlo con los jornales del trabajador en Galicia». Nestes termos, declararon, así, que o proxecto era «equitativo». E finalizaron o seu informe con tres considerandos e unha proposta:
Deseando conciliar los aspectos de la justicia con los de la alta política, bien entendida; consi-derando que la empresa de Urbano Feijoo Sotomayor se constituyó con miras a la utilidad pública en nada opuesta a las de particular interés; considerando que la inteligencia y los efectos de los contratos particulares entre el empresario y los inmigrados no son del resorte de las cortes constituyentes, sino del poder judicial; considerando que una tentativa de tanta trascendencia, superior a la fuerza de una empresa privada, entra en el círculo del sistema co-lonial, encomendado al gobierno de S.M. y puede y debe, con el tiempo óptimo, dar sus frutos, tiene el deber de proponer a las Cortes: 1º. Que se sirva declarar bueno en su fondo y digno de estudio el proyecto de exportación periódica de españoles a Cuba, al modo que lo ha hecho el Sr. Feijoo; 2º. Que el empresario e importados acudan, si lo creen conveniente, con sus quejas y acciones a los tribunales de justicia, consignados en las Ordenanzas de inmigración (R. O. de 22 de marzo, de 1854). 3º. Que el gobierno de S.M. disponga lo conveniente para que el Capitán General, la Junta de Comercio y demás autoridades de Cuba, procuren: a) utilizar los fondos destinados a la población blanca; b) sacar enseñanzas del ensayo del Sr. Feijoo; c) ampliar la adquisición por traspaso, tan sabia y útilmente ensayada, sobre la base de los 500 trabajadores, a todos los que voluntariamente quieran desprenderse de la empresa. Firmado, en Palacio de las Cortes, 20 de junio de 1855 .
Polo demais, os deputados relatores atribuíron o fracaso do proxecto de Fei-joo unicamente a desaxustes puntuais e á intervención de José de la Concha. O maltrato que recibiron os emigrantes por parte do empresario resultaba ser un asunto de pequena importancia que, en todo caso, se podía resolver nos tribu-nais. En resumo, o plan do empresario pareceulles «un colosal y equitativo pro-greso».
O informe oficial, presentado por Arias Uría en representación da maioría da Comisión (Pedro Bayarri, José Arias e Daniel Carballo), aprobouse con modifica-cións leves despois de prolongadas reflexións no pleno das Cortes. Os seus rela-tores interpretaron o experimento empresarial con presupostos diferentes e propuxeron unha solución tamén diversa. Os tres deputados aclararon que a súa tarefa consistía só en «juzgar la equidad y la conveniencia del proyecto», ou sexa, xulgalo desde unha exclusiva perspectiva formal, como lles pedira o presi-dente das Cortes.
Dese modo, iniciaron a súa análise manifestando que o proxecto:
contenía una idea filantrópica, pero el entusiasmo de sus autores no fue el mejor consejero de la empresa de colonización, como han confirmado los hechos. Pero Urbano Feijoo Sotomayor persistió en su ilusorio cálculo y el [presidente del gobierno] conde San Luis hubo de participar un tanto de las opiniones del empresario, cuando en marzo de 1854, publicó un re-glamento al que debieron atenerse todos los colonos que se fueran a establecer en las provin-cias de ultramar y eximió al señor Feijoo de algunas formalidades que se exigen a todos los que se hallan en su caso. Eximirlo de esas trabas supone un privilegio. Además, el proyecto de sustitución de mano de obra esclava no halló buena acogida en la isla y los inmigrantes galle-gos no fueron solicitados, por lo que el señor Feijoo tuvo que retener en su poder la mayor parte y el Estado hubo de hacer grandes sacrificios para acudir en su ocupación. Esto dio un funesto resultado, hijo de la precipitación con que procedió al negocio y más funesto que para la empresa y para el Estado lo fue para los infelices gallegos. Estos, que huyendo del hambre y en tierras extrañas y climas no favorables fueron diezmados por la epidemia y por las contingencias del viaje y aclimatación […], y pronto hubieron de echar a faltar sus formas de vida miserable anterior .
Os deputados da maioría consideraron que o proxecto non resultaba conveniente nin equitativo e engadían que o importante agora era «dar solución al negocio que redunde en beneficio de los inmigrados y no sea dañoso para el empresario». Por unha banda, trataban de evitar danar os intereses de «unos infelices que por serlo y por ser españoles desgraciados merecen toda nuestra consideración y simpatía» e, pola outra, os de «una empresa que contrata bajo la salvaguarda del Gobierno imprevisor, que quizás no sea el que tenga menos responsabilidad en lo ocurrido». Por todo iso, a Comisión aclara a súa proposta, que articula formalmente da seguinte maneira:
Considerando que no es dable consentir que continúe por más tiempo y contra voluntad una obligación viciosa en su origen y funesta en sus resultados; considerando que el contrato no se puede decir celebrado con el debido conocimiento por parte del obrero, que ignoraba las condiciones accidentales del país al que se le conducía; considerando que no había toda la li-bertad necesaria en uno de los contratantes, puesto que una fuerza mayor, la miseria, le obli-gaba a abandonar sus hogares; considerando por último que las estipulaciones del convenio a que se sujetara deprimen la dignidad del hombre y más aún la dignidad de la raza española en la isla de Cuba .
En consecuencia,
la mayoría de la comisión, celosa de que esto no suceda y queriendo que se respeten los dere-chos del hombre y del ciudadano, opinan que las cortes se hallan en el caso de resolver: 1º. Que se declare la libertad del inmigrado a continuar o no, bajo las condiciones de la contrata celebrada con el señor Feijoo, la cual será rescindida a su elección; 2º. Que el que opte por su libertad absoluta esté obligado a liquidar por el tiempo que hubiere servido, quedando res-ponsable a abonar los gastos precisos de traslación y aclimatación en la isla; 3º. Que a fin de evitar dilaciones y pleitos que no consiente la naturaleza del negocio, todas las cuestiones en-tre la empresa y los colonos se dejarán en manos de árbitros, quienes bajo la presidencia de la autoridad, resolverán de plano todas las dificultades; 4º. Que los obreros que libres de toda sujeción deseen permanecer en la isla, queden bajo la protección del Gobierno de S.M. .
Á vista da análise e a proposta realizada pola maioría da comisión, podemos sintetizar a súa posición nos seguintes parámetros: por unha parte, rexeitaron o trato dispensado aos «ciudadanos españoles» e responsabilizaron de avaricia ao empresario e de pouco previsor ao Goberno; por outra parte, pretenderon atopar unha solución ecléctica ao conflito sen considerar os fundamentos do problema.
O informe incriminaba directamente o Goberno da illa de non ser «riguroso al considerar el proyecto», xa que prescindira de determinadas formalidades, necesarias en casos similares. Por ese desinterese, «el proyecto constituía un privilegio que hizo [a] la empresa defectuosa desde el principio», unha circunstancia que condicionara os seus resultados. Non obstante, o informe conveu en afirmar que a empresa resultaba conveniente e equitativa na conxuntura da colonia, polo que concluía que era «buena y patriótica en su principio, equitativa en sus condiciones y digna de serio estudio y de ensayo para el porvenir». Porén, ao longo dunha prolongada discusión no seo da comisión abordáronse outros puntos significativos, como o da dignidade humana vulnerada ou o da torpeza do gobernador Cañedo que, ao conceder o «privilegio a la empresa», evidenciara a «responsabilidad de la autoridad colonial». De maneira especial, a comisión ocupouse da natureza do contrato, porque da súa cualificación dependía a solución proposta que seguir cos emigrados e a atribución de responsabilidades.
Neste sentido, a comisión sinalou que se declararía «la libertad del inmigrado a continuar o no, bajo las condiciones de la contrata celebrada con el señor Feijoo», que podería ser «rescindida a su elección».
Ademais, a comisión consideraba que a falta de información e de vontade dos contratantes facía nulo o contrato entre o traballador e o empresario. Se así o declaraban, os emigrados terían dereito a reclamar unha indemnización e, na medida en que a autoridade colonial o garantira, correspondería á empresa aboar as compensacións correspondentes. Pero, ao tempo, sostiña que o propio empresario podería reclamar tamén os gastos empregados cos traballadores. Neste punto o presidente da comisión manifestouse claramente:
Esta Comisión, al redactar el dictamen en los términos que aparece […], no ha hecho más que caminar de acuerdo con el gobierno de SM, que desde el principio le manifestó que una de las cosas en que el gobierno tenía particular empeño por la situación apurada del Tesoro, la no muy desahogada de nuestras colonias, donde tampoco sobra el numerario [...], era en que evi-tásemos toda clase de indemnización que comprometiera al Tesoro. Para la comisión fue mo-tivo de grave estudio, si rescindiendo el contrato tendría que indemnizar los perjuicios que podría ocasionar esta rescisión y esta fue la razón por que declaró la libertad de los inmigrados para decir si querían, o no seguir en la empresa .
As Cortes aprobaron finalmente o informe definitivo o 28 de xuño de 1855. Puxeron así un provisional punto final ao problema dos galegos emigrados en Cuba. Escribo ‘provisional’ porque, como veremos a continuación, se iniciaron as liquidacións dos traballadores que aínda permanecían en Cuba a partir desta declaración:
Considerando que no es dable consentir que continúe por más tiempo y contra obligación, una voluntad viciosa en su origen y funesta en sus resultados; considerando que el contrato no se puede decir celebrado con el debido conocimiento por parte del obrero que ignoraba las condiciones accidentales del país al que se lo conducía; considerando que no había toda la li-bertad necesaria en uno de los contratantes, puesto que una fuerza mayor, la miseria, le obli-gaba a abandonar su hogar; considerando que las estipulaciones del convenio a que se sujetara deprimen la dignidad del hombre y más aún la dignidad de la raza española en la isla de Cuba, la mayoría de la comisión, celosa de que esto no suceda y queriendo que se respeten los derechos del hombre y del ciudadano, opinan que las cortes se hallan en el caso de resolver: 1º. Que se declare la libertad del inmigrado a continuar o no bajo las condiciones del contrato con el Sr. Feijoo, la cual será rescindida a su elección; 2º. Que el que opte por su libertad abso-luta esté obligado a liquidar por el tiempo que hubiere servido, quedando responsable a abo-nar los gastos de trasladación y aclimatación en la isla; 3º. Que a fin de evitar dilaciones y plei-tos que no consiente la naturaleza del negocio, todas las cuestiones entre la empresa y los co-lonos se fiarán en manos de árbitros, quienes bajo la presidencia de la autoridad, resolverán de plano todas las dificultades; 4º. Que los obreros que libres de toda sujeción deseen perma-necer en la isla, queden bajo la protección del Gobierno de S.M. Palacio de las Cortes, 18 de ju-nio de 1855. Firman P. Bayarri, J. Arias Uría, Daniel Carballo .
Unha vez presentados ao pleno o ditame sobre a inmigración galega da maioría (Arias Uría, Bayarri e Carballo) e o informe da minoría (Ordax e Alonso), pasouse á súa discusión. O presidente das Cortes, López Infante, deulle a palabra ao deputado Arias Uría en representación do grupo, quen comezou expoñendo os antecedentes do proxecto, o seu obxecto e os seus promotores, así como a situación pola que atravesaba Galicia en 1853. Segundo Arias, Feijoo urdira o proxecto de Compañía Patriótico-Mercantil para remediar as necesidades da poboación galega e as da illa de Cuba a instancia das autoridades coloniais. Vistas as súas consecuencias, a maioría da comisión concluíu que «la empresa no era ni conveniente ni equitativa». Na súa intervención expresaba que o proxecto de empresa mantiña un compoñente esencial e de natureza política relativo ao proceso de colonización en Cuba. Desa confluencia xurdía a aposta dos gobernadores, Cañedo e Pezuela, primeiro, e Gutiérrez de la Concha despois de implicarse no proxecto. Era unha idea que, ademais, fora ben considerada polo Goberno do conde de San Luis na Península e na actualidade polo do xeneral Espartero.
A discusión resultou moi extensa, pero centrareime en dous conceptos clari-ficadores do asunto: o privilegio concedido pola Coroa ao empresario para im-portar colonos españois a Cuba de maneira exclusiva durante 15 anos e a natureza e o alcance do contrato. Nas Cortes interveu, en primeiro lugar, o deputado Arias Uría en nome da maioría e, posteriormente, Ordax Avecilla en nome da minoría. Arias comezou o seu parlamento cunha descrición rigorosa do proxecto e das súas consecuencias —explotación dos traballadores, abandono e maltrato—, polo que conclúe que o proxecto non era «conveniente» nin «equitativo». Non obstante, se a solución non podía censurar ao empresario, nin ao Goberno, nin culpar aos inmigrantes, os deputados quedarían obrigados a propoñer unha solución: «rescindir la contrata y dejar al inmigrante que decida a su voluntad». Na súa proposta, a atribución de responsabilidades evapórase ao non precisar nin a do empresario nin a da autoridade, o que sucedía porque o tratamento do asunto nas Cortes non se encamiñaba a buscar unha solución material para os inmigrantes, senón só a achegar unha saída que parecese imparcial.
Á intervención de Arias seguiu a do representante da minoría na comisión, a do deputado Ordax, cun sentido oposto á anterior e que o conduciu a xustificar por completo o fin e os medios da Compañía Patriótico-Mercantil. Ordax consi-deraba, primeiramente, que fora conveniente e justa porque pretendía fomentar a poboación branca na illa, medida que á vez favorecía a liquidación da escravi-tude e contribuía a rebaixar os salarios xerais, que na illa estaban moi crecidos. Subscribía tamén a operación porque a entrada de man de obra branca constituía unha hipotética reserva militar que podería contribuír, chegado o caso, á defensa da illa, que el cualificaba como «los intereses de la madre patria». Pero tamén consideraba o proxecto justo porque «evitaba que los colonos murieran en Galicia» e non resultaba imposible a súa adaptación ao clima de Cuba. Respecto ao argumento da maioría de que «emigren sin mujeres», non o consideraba relevante porque «a los cinco años regresan a su tierra» e, en canto á legalidade dos seus contratos, entende que «los gallegos son inhumanidad ridícula», que contrataron libremente co empresario e, de existir problemas, poderían recorrer aos tribunais. A lectura da súa intervención leva a concluír que Ordax Avecilla non era máis que a voz do empresario, con argumentos que son plenamente coincidentes, aínda que o discurso do deputado demócrata resultaba menos patrioteiro e demagóxico. A proposta da minoría limitábase a recomendarlles aos agraviados polo empresario que presentasen un recurso aos tribunais e, aos que non se considerasen agraviados, que acudisen ao capitán xeneral da illa para que os contratase nas obras públicas.
Presentadas así as dúas propostas, o presidente das Cortes abriu unha quenda de intervencións, que resultaron moi prolixas pero que, para efectos de maior comprensión, se poden agrupar ao redor dos dous temas anteriores: a concepción do privilexio concedido polo Goberno da S. M. e a natureza do contrato. O privilexio real, concedido ao empresario para introducir españois na illa de Cuba durante 15 anos, considerábase un desatino oposto á Real cédula do 21 de setembro de 1817, xustificaba a negativa dos terratenentes de contratar unicamente emigrantes da empresa de Feijoo e aceptalo sería admitir a dependencia das súas actividades agrícolas respecto a ese hipotético continxente. Ademais, o privilexio aumentaría en conxunto o poder colonial e, en particular, os recursos económicos públicos trasladados ao empresario. O privilexio fora dispensado polo capitán xeneral da illa, Valentín Cañedo —do que se mofaba o deputado Bayarri ao soster que cando o aprobou «debía estar alucinado» —, respectado polo seu substituto De la Pezuela e tolerado polo entón capitán xeneral De la Concha. Con todo, o portavoz da minoría, Ordax, interpretaba que a concesión do privilexio significaba que a empresa se orientara cara a satisfacer as necesidades da política colonial nun momento grave para a agricultura cubana, que soportaba a escaseza de man de obra pola morte de miles de escravos por mor do cólera, polo que a concesión real resultaba satisfactoria.
A discusión sobre a natureza do contrato centrouse na determinación das súas consecuencias. O portavoz da maioría, Arias Uría, considerábao deficiente porque trasladara aos colonos enganados respecto ás condicións de vida e de traballo que existían na illa, polo baixo salario que se lles asigna aos traballadores —cando o salario dos canarios que foran trasladados á illa oscilaba entre os 20 e os 30 pesos por semana—, e porque no contrato se introduciu unha cláusula que os obrigaba a someterse a castigos físicos e correccións que na Península estaban prohibidos mesmo no exército e que alí toleraba a autoridade colonial. O responsable incuestionable do despropósito fora o empresario, a quen o deputado Manuel González de la Concha, irmán do gobernante mencionado, denunciara deste xeito na cámara:
El Sr. Feijoo después de haber recibido los 140.000 pesos de los fondos del Estado, que el capitán general obligó a la Junta de Fomento a entregarle […]. ¿Qué hizo el Sr. Feijoo después de tomar esa cantidad? ¿Qué hizo después de quedar con la comisión de esa Junta a la que había de presentar una fianza? Quedó citado para el día siguiente y no se presentó y la Comisión recibió la noticia de que este Sr. Feijoo había desaparecido en un vapor que volvía a España.
Ademais, o deputado engadía que, se a autoridade colonial informase con ante-rioridade ao Goberno sobre este comportamento, era posible que Feijoo Soto-mayor non estivese naqueles momentos na cámara, senón procesado nos tribunais .
Tras as intervencións dos deputados López Infante, Arias Uría, P. Bayarri e J. B. Alonso, o presidente das Cortes someteu a votación o ditame da maioría e o informe da minoría. O resultado foi o seguinte: a favor do ditame, 128 votos, e a favor do informe, só 2 votos .
Atendendo unicamente á proposta das Cortes sobre o problema da emigra-ción galega durante a primeira metade do século XIX, este relato quedaría in-completo se tivese a tentación de concluír que as medidas propostas bastarían para facer xustiza cos traballadores galegos. Con todo, sería unha conclusión errónea porque unha vez disolta a compañía, o comportamento de Urbano Fei-joo e o do gobernador da illa non fixeron en absoluto xustiza aos afectados.
Para poder avaliar o desenlace desta historia, dispoñemos na actualidade du-nha documentación valiosa e inédita ata agora , cuxa información nos permite avaliar o final do proxecto. Segundo estes documentos, entre setembro de 1855 e xuño de 1856 realizáronse os balances para a liquidación de todos os traballadores. Neles consta que faleceran 222 emigrantes. Aos 1488 residentes restantes fixéronselles as liquidacións polo tempo servido e en consonancia cos criterios proporcionados pola declaración das Cortes no seu artigo segundo, nas que se lles descontou o diñeiro que recibiron antes de partir, pero tamén o gasto da pasaxe para Cuba, o tempo de aclimatación, a procura dos desertores, os tratamentos sanitarios recibidos e as estancias nos depósitos de retidos. Mediante un cálculo sinxelo, podemos concluír que os 1488 emigrantes sobreviventes recibiron unicamente polos tres anos de estancia na illa unha media de 4 pesos e medio —cando os emigrantes canarios chegados anteriormente cobraban entre 20 e 30 pesos semanais—, o que permite deducir o escaso rendemento obtido polos traballadores emigrados, cun gran custo físico e psicolóxico, fronte ao desamparo do empresario e da autoridade pública colonial.
5. Conclusións
Chegados a este punto do relato, pódese avanzar que o proxecto de Urbano Fei-joo se integraba plenamente no modelo político e económico que as autoridades españolas aplicaban na colonia e que en 1853 se viu favorecido pola situación de crise de subsistencias que atravesaba Galicia. O empresario ourensán aproveitou a crise para aumentar o seu patrimonio, un interese que se xustapuña plenamente co da autoridade colonial de aumentar a poboación branca en Cuba. O proxecto era ambicioso e en réxime de monopolio concedido pola autoridade para introducir traballadores —aínda que sobre o papel sexan cualificados de colonos— durante quince anos.
Ademais de asignarlle o monopolio, a autoridade obrigábase a colaborar coa empresa nos seus gastos, o que non involucraba elementos de xenerosidade, senón que prevía utilizar a man de obra para fins militares fronte aos intentos independentistas dos crioulos cubanos. Esta era a idea que subxacía á empresa e que apoiaron os capitáns xenerais Vicente Cañedo e José Manuel González de la Pezuela. Non obstante, o experimento non resultou como esperaban os seus promotores nin os seus traballadores. Especialmente para estes últimos, que foron levados á colonia enganados para realizar un traballo similar ao que facían os escravos en Cuba, compartir as súas pautas de vida e ser utilizados como carne de canón, e para aumentar a súa magra poboación branca. Á súa chegada os emigrantes puideron comprobar ademais que foran enganados en canto ás condicións do contrato, que lles esixía obediencia absoluta ao patrón e mesmo a aceptación de castigos físicos. Todas elas eran condicións abolidas pola lexislación na Península e, porén, aceptadas pola autoridade cubana. Cando o empresario o considerou necesario, acudiu á autoridade contra a insubordinación dos seus traballadores. Esta actitude permisiva da autoridade colonial mantívose durante os mandatos de Cañedo, De la Pezuela e De la Concha. Por iso, as autoridades asumiron neste experimento a mesma responsabilidade que o Goberno da S. M. e o propio empresario. E así quedou expresado no seu tratamento nas Cortes. No debate, e salvo os deputados Ordax e Alonso, a maioría coincidiu en atribuír toda a responsabilidade ao empresario e ás autoridades coloniais. Todos recoñeceron que os traballadores foran enganados por Feijoo coa conivencia das autoridades coloniais. Da mesma maneira, os deputados concluíron que o contrato tería que considerarse nulo, pero propuxeron unicamente a súa rescisión, para evitar así as consecuentes indemnizacións que haberían de proporcionar aos traballadores. O ditame das Cortes propuxo unha solución para salvagardar os intereses do Estado na colonia e os do propio empresario. Aos emigrantes concedeulles unicamente a mediación co empresario e cos delegados do Gober-no colonial, pero nin sequera se lles recoñeceu a posibilidade de recorrer aos tribunais de xustiza. Resulta penoso considerar os resultados das liquidacións que hipoteticamente debían recibir os traballadores na illa en 1856, tras unha estancia de tres anos fóra da súa terra. O relato remata confirmando unha vez máis a expresión de Castoriadis de que a razón práctica é máis forte que a razón de Estado e que os Dez Mandamentos, entendidos estes como dereitos naturais da época.Texto escrito por Ascensión Cambrón para o especial Urbano Feijoo: As expedicións da
«Compañía patriótico-mercantil (1854)», http://consellodacultura.gal/especiais/urbano-feyjoo/
Artigo de Ascensión Cambrón Infante sobre as repercusións da Compañía Patriótico-Mercantil de Urbano Feijoo
Fonte: Cambrón Infante, Ascensión (2000): «Emigración gallega y esclavitud en Cuba (1854). Un problema de Estado», Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, 4, 83-108
Algúns artigos e entrevistas á novelista Elisa Vázquez de Gey sobre a figura de Urbano Feijoo e a escravitude na illa de Cuba
Artigos e entrevistas publicados nos seguintes xornais:
Galicia en el mundo (2016, 7-13 marzo), pp. 10-11
Faro de Vigo (2015, 28 de xuño), p. 5
La Voz de Galicia (2015, 26 de xuño), p. 38
Vázquez de Gey, Elisa (2016): «Una inhumana odisea gallega», La Opinión. A Coruña (28 de xuño), pp. 2-5
Ligazóns de interese
«Lo que se perdió en Cuba. Los esclavos ojiazules de Urbano Feijóo», programa de Radio Nacional de España
Fonte: RTVE. Documentos Radio Nacional de España
https://www.rtve.es/television/20220629/se-perdio-cuba-esclavos-ojiazules-urbano-feijoo/2385907.shtml [consulta: 2022-08-24]
Especial: URBANO FEIJOO. AS EXPEDICIÓNS DA «COMPAÑÍA PATRIÓTICO-MERCANTIL» (1854)
Especial na web do Consello da Cultura Galega coa documentación das oitos expedicións levadas a cabo pola Compañía Patriótico-Mercantil de Urbano Feijoo
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/especiais/urbano-feijoo/ [consulta: 2022-08-24]
Especial do programa «Crónicas» de RTVE titulado «Las listas de Feijoo. Gallegos por esclavos»
Las listas de Feijoo. Gallegos por esclavos: https://www.rtve.es/television/20151002/gallegos-esclavos-listas-feijoo/1230930.shtml
Fonte: Radio Televisión Española. Programa «Crónicas»
https://www.rtve.es/television/20151002/gallegos-esclavos-listas-feijoo/1230930.shtml [Consulta: 2022-08-24]
Urbano Feijoo Sotomayor na Galipedia
Fonte: Galipedia
https://gl.wikipedia.org/wiki/Urbano_Feijoo_Sotomayor [consulta: 2022-08-24]
Lembranza da figura de Urbano Feijoo no seu concello natal, Viana do Bolo
Fonte: Páxina web do concello de Viana do Bolo (Ourense). Portal de Turismo
https://www.vianadobolo.gal/turismo/directorio/gl/38 [consulta: 2022-08-24]
Videos
Gallegos en Cuba en 1854, documental sobre o proxecto da Compañía Patriótico-Mercantil
Fonte: www.youtube.com / Jorge Diaz. Historia de España
https://www.youtube.com/watch?v=QEp0ugChQRs