Narcisa Pérez Reoyo
Santiago de Compostela, 4/ 5/1849 - A Coruña, 19/6/1876Autoría: Raquel Pérez Santos
Defensora da educación moral cristiá
Filla do médico Narciso Pérez Reoyo, natural de Burgos, dende moi nova manifesta unha especial sensibilidade que expresa a través da poesía.
Con delicado estado de saúde e sendo aínda unha nena, Narcisa Pérez Reoyo múdase á Coruña, onde o seu pai exerce como médico. Na cidade herculina compón Cantos de Infancia, editado en 1865 e prologado por Murguía. Dous anos máis tarde publícase Devocionario Infantil. Esta obra, dedicada a Alfonso XII, e da que a autora fai entrega persoalmente a Isabel II, con quen tivo amizade, é unha das súas obras máis destacadas; nela recolle oracións curtas en verso, dirixidas ao público infantil co fin de facilitarlles a oración. Tras recibir a autorización do cardeal arcebispo de Santiago, quen concedía ademais indulxencias aos que a lesen, sae do prelo da imprenta de Soto y Freire en 1867.
No transcurso destes anos contrae matrimonio con Nicolás Boado del Pan, profesor da Escola de Belas Artes da Coruña.
En 1872 a moza poetisa ingresa na Academia Bibliográfica Mariana de Lleida, a cal premia en tres ocasións a súa obra. A primeira distinción foi concedida en recoñecemento á "Oda a Nuestra Señora de Guadalupe" e en 1873 e 1874 recibe novamente galardóns da citada institución. Anos máis tarde a Deputación Provincial de Zaragoza distinguiuna co "Loureiro de ouro" e un diploma pola poesía dedicada á virxe do Pilar. Igualmente a cidade de Girona concédelle unha mención honorífica uns anos antes. En 1874 publícase Horas Perdidas, na cal inclúe novamente versos de temática relixiosa, himnos, pregarias e lendas, compilados polo seu pai.
Se ben a súa obra foi escasamente coñecida, tras o seu prematuro falecemento os seus versos foron reproducidos en diferentes revistas e publicacións, principalmente na prensa étnica da Habana de fins de século, en publicacións como Follas Novas, El Eco de Galicia ou La Tierra Gallega, entre outras.
En xuño de 1876, con só 26 anos, falece na cidade da Coruña.
Obra de Narcisa Pérez Reollo
PÉREZ, Narcisa, Cantos de Infancia, A Coruña, 1865
PÉREZ, Narcisa, Devocionario Infantil, Lugo , Imprenta Soto y Freire, 1867.
PÉREZ, Narcisa, Horas Perdidas, Lugo , Imprenta Soto y Freire, 1874.

Como citar: Pérez Santos, Raquel : Narcisa Pérez Reoyo. Publicado o 1/1/2006 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3043. Recuperado o 18/04/2024
DOCUMENTACIÓN DE
Prólogo de Narcisa a Devocionario infantil
«Prólogo» Narcisa a Devocionario infantil , editado en 1867 en Lugo en la Imprenta de Soto y Freire.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
LÓPEZ, Teresa: «Manuel Murguía e Rosalía de Castro nos inicios de Narcisa Pérez Reoyo como escritora »
Fonte: Madrygal, n. 18 (2015), p. 45-57.
Carta do pai de Narcisa Pérez Reoyo remitida ao Visconde de Campo-Grande
Carta enviada en 1977 polo médico e poeta Narciso Pérez de Reoyo, pai de Narcisa Pérez de Reoyo ao Visconde de Campo-Grande, quen publicou despois unha biografía sobre a autora; en: «Gallegas distinguidas. IV Narcisa Pérez de Reoyo» por Alfredo Vicenti,
Fonte: Galicia Moderna. Semanario de intereses ganerales . A Habana; Ano I; 21 de xuño de 1885; p. 8