Tereixa Navaza
, - ,A presenza das mulleres como profesionais nos medios de comunicación, nomeadamente nos medios audiovisuais, é recente, apenas cincuenta anos. Nesas primeiras xeracións de xornalistas que se incorporan ás redaccións de radios e televisións destaca, pola súa visibilidade e pola xenerosa contribución á conformación dun espazo comunicativo galego crítico e diferenciado, o labor de Tereixa Navaza. . A súa traxectoria profesional vai á par das substanciais mudanzas na función e proxección das e dos xornalistas. A responsabilidade social, a urxente conformación naqueles anos setenta duns medios ao servizo da cidadanía e a consciencia da relevancia que o xornalismo adquire nese contexto histórico perfilan unhas biografías profesionais cheas de desafíos e ilusións, no caso das mulleres co reto de demostraren rigor, profesionalidade e dereito a ser dentro e fóra das redaccións. Elas, ela, non só participan da construción dun espazo comunicativo localizado e implicado, senón tamén da creación dunha información non discriminatoria e do dereito a un espazo laboral igualitario. E non foi doado, e non é doado. No seu exercicio profesional de preto de 50 anos, Tereixa Navaza foi a voz galega da SER nuns anos 60 nos que non era lícito que a información estatal tivese acentos diferenciados (“hábleme usted con acento de Burgos”); participou das primeiras emisións en galego na TVE, a única televisión existente daquela; foi o rostro visible da información galega. No Panorama de Galicia e en programas posteriores, non só abriu espazos para a cultura e as mulleres, senón que tamén propiciou o coñecemento dunha historia e un presente propio, con acento distinto. Mesmo cando as represalias a levan á información meteorolóxica e á voz en off para logo resistir no ostracismo dun faiado sen mesa e sen palabras. Como cidadá participou do activismo: leu manifestos, fixo súas as protestas do naval e autoinculpouse en campañas polo aborto e a insubmisión. O seu feminismo comprométea diante e detrás da cámara: programas de debate sobre os dereitos das mulleres, campañas, manifestacións, artigos e colaboracións en revistas e xornais. A transmisión do regreso dos restos de Castelao no ano 1984 constitúe un fito na historia da comunicación en Galicia. O relato realizado por Tereixa Navaza e as consecuencias profesionais posteriores evidencian as tensións que marcan o exercicio dunha profesión sometida ás dinámicas do poder político e empresarial. Tereixa Navaza representa a concepción dun xornalismo implicado coa sociedade do seu tempo; unha información con perspectiva propia, comprometida co movemento feminista e coa defensa dos dereitos das mulleres na procura dunha sociedade máis xusta.
Como citar: Tereixa Navaza. Publicado o no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2736. Recuperado o 23/03/2023
DOCUMENTACIÓN DE
Tereixa Navaza escribe sobre Eugenio Granell
«Eugenio F. Granell: unha ausencia convertida en presenza», Actas do Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell, Fundación Eugenio Granell, 2007, p. 239-252
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Tereixa Navaza aborda a folga como mecanismo para reivindicar dereitos
«Fachenda para destruír» La Voz de Galicia, Sección Laboral (26-1-1994)
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Artigos de Tereixa Navaza en La Voz de Galicia (1994)
“Madrid e Nova Zelanda” (19-1-1994); “Palestina: unha nova cultura” (4-2-1994), “Carpentier e a arquitectura” (11-2-1994); “Castelao político” (16-2-1994); “Morrer con dignidade” (24-2-1994); “Caza de bruxas” (2-3-1994); “Unha sindicalista rexa e tenra” (8-3-1994); “A tortura” (17-3-1994); “Unha data negra” (24-3-1994); “Ruxe-ruxe en Bolivia” (15-4-1994); “Bolivia: unha saída ó mar” (19-4-1994); “Polanski, Chile e maila tortura” (27-4-1994); “Luís Seoane: a ética do tempo” (4-5-1994); “O introductor de Brecht” (14-5-1994); “Unha presencia para ser cantada” (1-6-1994); “¡Que nada cambie!” (9-6-1994); “Agora que xa pasou” (17-6-1994); “Dereito a vivir e a morrer” (28-6-1994); “O románico en perigo” (6-7-1994).
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Artigos publicados en La Voz de Galicia, Sección Sociedad y Cultura
Entrevista a Lola Herrera realizada por Tereixa Navaza
«Lola Herrera», Andaina. Revista do movemento feminista galego, n.º 7 (decembro 1993), p. 21-24
Fonte: fondo MFOG. CDIF-CCG
Crítica aos políticos galegos realizada por Tereixa Navaza
«¡Isto é Hollywood!», La Voz de Galicia, Sección Galicia (29-9-1993), p. 34
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Entrevista realizada por Tereixa Navaza á Xefa de Sección de Enlaces Móbiles da TVG
«Emilia: a vida mesma é un risco», Andaina. Revista do movemento feminista galego, n.º 5 (abril 1993), p. 21-24
Fonte: fondo MFOG. CDIF-CCG
Artigos de Tereixa Navaza en La Voz de Galicia (1993)
“Viven gracias ó galego” (3-1-1993); “Historia dun desafío” (10-1-1993); “O pobo terá fé en nós” (17-1-1993); “Doble Raseiro” (24-1-1993); “Clamor da terra” (31-1-1993); “Insubmisión” (7-2-1993); “María Xosé Queizán” (31-10-1993); “Contra a nosa vontade” (13-12-1993).
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Artigos publicados en La Voz de Galicia, Sección Sociedad
Artigos de Tereixa Navaza en El Correo Gallego (1992-1993)
“Bill Jacklin: xa estou a pintar Compostela”(21-1-1993), p. 4; “López Calo: eficacia, talento e xenerosidade” (11-2-1993), p. 4; “Eduardo Alonso: ¿Por qué fago teatro?” (25-2-1993), p. 4; “Nacho Duato: o que me pasou eiquí non me pasou en ningures” (12-3-1993), p. 8; “Cristóbal Halffter: Compostela é unha cidade de gran tradición que mira ó futuro” (25-3-1993), p. 4; “Pintores do Magreb: só a cultura pode unir oriente e occidente” (1-4-1993), p. 4; “Carlos Pajares: Compostela de pobo a cidade” (16-4-1993), p. 3; “Milladoiro: un luxo do Compostela 93” (29-4-1993), p. 2; “Héctor Alterio: Coa televisión basura o teatro gaña público” (20-5-1993), p. 4; “Mats Ek: Compostela axuda a xoñar novos éxitos para o Ballet Cullberg” (29-5-1993), p. 4; “Programa cooperativo de cultura liberadora para América Latina” (3-6-1993), p. 4; “Daniel Barenboim: So a curiosidade pode facernos felices” (10-6-1993), p. 4; “Auditorio de Galicia. Centro cultural que fai de Compostela unha cidade europea” (19-11-1992), p. 1.
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Artigos publicados en Compostela 93, Suplemento semanal de El Correo Gallego.
Tereixa Navaza entrevista a Lidia Senra
«Lidia Senra: coa política agraria a muller vai ser aínda máis escrava», Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 6 (1993), p. 21-24
Fonte: fondo MFOG. CDIF-CCG
Mercedes Carreño e Rigoberta Menchú son entrevistadas por Tereixa Navaza
«Mercedes Carreño Fernández»; «Rigoberta Menchú: o novel para unha perdedora». Andaina. Revista do movemento feminista galego, n.º 4 (decembro 1992).
Fonte: fondo MFOG. CDIF-CCG
Tereixa Navaza entrevista a Marina Mayoral
«Entrevista a Marina Mayoral», Andaina. Revista do movemento feminista galego, n.º 3 (xullo 1992), p. 24-28
Fonte: fondo MFOG. CDIF-CCG
Entrevista a Aurora Marco realizada por Tereixa Navaza
«Aurora Marco. Unha revelde innata. O traballo como paixón», Andaina. Revista do movemento feminista galego, n.º 2 (maio 1992), p. 22-25
Fonte: fondo MFOG. CDIF-CCG
Artigos de Tereixa Navaza publicados en La Voz de Galicia (1992)
“O Arquivo Histórico de Galicia” (5-1-1992); “Chairego de honra” (15-1-1992); “Represión, fame e morte” (20-1-1992); “¡Só pedimos xustiza!” (23-1-1992); “Xornalismo e obxectividade” (1-2-1992); “Paixón de liberdade” (6-2-1992); “Ruído de sabres” (11-2-1992); “O síndrome” (18-2-1992); “Seminario de Estudos Galegos” (26-2-1992); “Dereito a ser feliz” (1-3-1992); “Bonecas” (8-3-1992); “Deporte e lingua” (14-3-1992); “Dignidade da muller” (23-3-1992); “Resistencia creativa” (28-3-1992); “Torres no ar” (1-4-1992); “Dous talentos desaproveitados” (8-4-1992); “Nao senlleira” (13-4-1992); “Hospital Xeral de Galicia” (19-4-1992); “Suerolandia, edición especial” (25-4-1992); “Ecopacifismo y educación ambiental” (2-5-1992); “¿Qué celebramos?” (4-5-1992); “Arquitecto en Xapón” (9-5-1992); “Na conquista da liberdade de expresión” (13-5-1992); “Sexa feliz sendo fermosa” (17-5-1992); “Muller e publicidade” (23-5-1992); “Reforma educativa ¿para cando?” (23-5-1992); “Guatemala: a violencia permanente” (26-5-1992); “O Vaticano e mailas mulleres” (1-6-1992); “A praga dos exércitos” (20-6-1992); “Quayle, un mal educador” (8-7-1992); “Esperanza e compromiso” (23-6-1992); “Alicia na selectividade” (26-6-1992).
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Artigos publicados en La Voz de Galicia, Sección Colaboraciones
Tres artigos de Tereixa Navaza na sección Comunicación e sociedade de La Voz de Galicia (1992)
«Encontros na cuarta fase» (7-1-1992); «Cadernos da Escola Dramática Galega» (20-5-1992); «Palestina camiño da paz» (14-7-1992).
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Artigos publicados en La Voz de Galicia, Sección Comunicación y Sociedad
Artigos de Tereixa Navaza en Compostela 93. Suplemento semanal de El Correo Gallego
«Xesús Orbegozo e Hugo Fernández» (3-6-1992), p. 3; «Compostela: unha sinfonía en pedra» (31-12-1992), p. 2.
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Artigos publicados en Compostela 93. Suplemento semanal de El Correo Gallego
Artigos de Tereixa Navaza publicados en La Voz de Galicia na segunda metade de 1992
«Marina Mayoral» (29-7-1992); «O mellor premio» (29-9-1992); «Tolos marabillosos» (15-10-1992).
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
La Voz de Galicia, Sección Sociedad y Cultura
Artigos de Teresa Navaza publicados en La Voz de Galicia entre novembro e decembro de 1992
«Carlos Maside» (1-11-1992); «Teólogos da pobreza» (8-11-1992); «Aborto e autodeterminación» (14-11-1992); «1993: Bases constitucionais» (22-11-1992); «Os psicólogos de Galicia» (29-11-1992); «A Europa do Bundesbank» (6-12-1992); «Luz e sombras» (20-12-1992); «O retorno do Jedi» (27-12-1992).
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
La Voz de Galicia, Sección Sociedade
Tereixa Navaza entrevista a Luma López
«Entrevista a Luma Gómez», Andaina. Revista do movemento feminista galego, n.º 1 (decembro 1991), p. 18-22
Fonte: fondo MFOG. CDIF-CCG
Artigo de Tereixa Navaza sobre a marxinación
«Qué lugar lle quedará aos marxinados no futuro», La Voz de Galicia, Sección Santiago (18-8-1991)
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Escolma de textos de Tereixa Navaza en La Voz de Galicia (1991)
«Rambo» (17-4-1991); «Canción protesta» (14-5-1991); «Unha televisión de pesadelo» (8-11-1991); «A hora violeta» (14-11-1991); «Morrer de pé» (19-12-1991); «Que será, será…» (29-12-1991). Artigos publicados en La Voz de Galicia, Sección Comunicación y Sociedad.
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Escolma de artigos publicados por Tereixa Navaza en La Voz de Galicia (1991)
“Visión ancestral” (10-4-1991); “Sandino e os xornalistas” (3-5-1991); “Os inxustos” (5-5-1991); “¡Non existimos!” ( 13-5-1991); “Roubo infame “con cacique ó fondo”” (30-5-1991); “Kissinger e as isobaras” (31-5- 1991); “En galego, o que ti queiras… e máis” (11-6-1991); “Cabrera Infante gusta da guerra” (18-6-1991); “Cando amencerá” (23-6-1991); “Camariñas, Rianxo, Santiago” (8-7-1991); “Valle Inclán e Lueiro: sempre rebeldes” (16-7-1991); “Política de apariencia” (23-7-1991); “Mentira” (1-8-1991); “Viaxe ao Cairo” (26-8-1991); “Exipto: Na procura doutro Naser” (28-8-1991); “Ó tuntun” (20-9-1991); “Misterios gozosos” (29-9-1991); “Pobreza e metralletas en Haití” (16-10-1991); “Túpac Amaru” (19-10-1991); “Un artesán da palabra” (17-11-1991); “Cita coa dignidade no Grove” (21-11-1991); “Ignorancia, amnesia ou mala fe” (3-12-1991); “A agonía dun pobo” (12-12-1991); “Os novos fillos de Castelao” (26-12-1991); “A verdade é aceda” (31-12-1991).
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Artigos publicados en La Voz de Galicia, Sección Colaboraciones
Biobibliografía de María do Carme Kruckenberg elaborada por Tereixa Navaza
«María do Carme Kruckenberg: ferida de amor estaba», Andaina. Revista galega de pensamento feminista, n.20 (marzo 1990), p. 31-34
Fonte: fondo MFOG. CDIF-CCG
Artigo de Tereixa Navaza sobre o acto de presentación do libro de Montserrat Oliván Polémicas feministas organizado por Grupos de Mulleres da Universidade (GMU)
«Polémicas feministas con Montserrat Oliván», Andaina. Revista do movemento feminista galego, n.º 11 (febreiro-marzo 1987), p. 16
Fonte: fondo MFOG, CDIF-CCG
Tereixa Navaza publica dous artigos en Andaina, nun deles ocúpase da relación feminismo/pacifismo, no outro de Francisca Herrera Garrido
«Pacifismo versus feminismo»; e «Festa da palabra silenciada. Especial Francisca Herrera Garrido, n.º 3 ». Artigos publicados en Andaina. Revista do movemento feminista galego. Respectivamente (xaneiro-febreiro 1986), e (maio-xuño 1986)
Fonte: fondo MFOG, CDIF-CCG
Tereixa Navaza comenta a interpretación de Bette Mudler en La rosa de Mark Rydell
«La rosa de Mark Rydell. Interpretada por Bette Mudler», Andaina. Revista do movemento feminista galego, n.º 8 (novembro-decembro 1985), p. 19
Fonte: Fondo MFOG. CDIF-CCG
Tereixa Navaza presenta o libro que Edicións Xistral dedica a obra de Rosalía de Castro
«Selección poética», Rosalía de Castro. Unha obra non asumida, Edicións Xistral, 1985, 53-56
Fonte: exemplar de Carme Vidal
Tereixa Navaza aborda a cuestión da violación de mulleres
«Violación. Odio e desprecio contra a muller», A Nosa Terra, (14 a 25 de xaneiro 1984)
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Tereixa Navaza intervén na homenaxe a Castelao, celebrada en Pontevedra no mes de xullo 1983
Fragmento do discurso de Tereixa Navaza no acto homenaxe a Alfonso Daniel Castelao celebrado o 28 de xullo en Pontevedra, Guieiro (29-7-1983)
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Tereixa Navaza escribe sobre o lugar das mulleres nas producións cinematográficas
«A muller no cine», Andaina. Revista do movemento feminista galego, n.º 0 (1983), p. 4-5
Fonte: Fondo MFOG, CDIF-CCG
Tereixa Navaza xunto con outras e outros xornalistas falan da independencia no seu campo de traballo
NAVAZA, T.; CONDE, P.; DÍAZ, A.; DÍAZ PARDO, I.; LEDO ANDIÓN, M.; NAVAZA, J.: «Taboa redonda: A independencia dos periodistas e dos medios de comunicación en Galicia», Cultura y medios de comunicación en sociedades dependientes, Ediciós do Castro, 1982, p. 206-218
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Créditos da cartografía de Tereixa Navaza
COORDINACIÓN
Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega
DOCUMENTACIÓN
Tereixa Navaza González
Carme Vidal Lage
Ana Romaní Blanco
Mariam Mariño Costales
TEXTOS
Ana Romaní Blanco
Carme Vidal Lage
Mariam Mariño Costales
DESEÑO
Miguel Alonso Fachado
REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Begoña Tajes Marcote
Antía Marante Arias
REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai
TRATAMENTO DIXITAL DE IMAXES
Teresa Navarro Quinteiro
David Vázquez Fraga
Colaboracións e agradecementos
A elaboración da Cartografía Tereixa Navaza González no Álbum de mulleres contou coa colaboración das seguintes persoas e entidades:
PERSOAS
Tereixa Navaza González
Alberto Lema
Emilio Navaza González
INSTITUCIÓNS
Televisión Española en Galicia
Fundación Eugenio Granell
XORNAIS E REVISTAS
Andaina. Revista Galega de Pensamento Feminista
El Correo Gallego
El Ideal Gallego
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
EDITORIAIS
Ediciós do Castro
Edicións A Nosa Terra
Edicións Xistral
A.L.: «As novas mordazas da información», galiciaé.com, (3-5-2010)
Fonte: galiciaé.com
RODRÍGUEZ, R.: «Os históricos de Radio Televisión Española en Galicia», galiciahoxe.com (4-2-2007)
Fonte: galiciahoxe.com
DARRIBA, M.: «Tareixa Navaza. Xornalista», GaliciaHoxe.com, (4-6-2006)
Fonte: galiciahoxe.com
ÁLVAREZ CÁCCAMO, A.: «Tereixa Navaza e Ana Romaní», Faro de Vigo, (11-11-1998), p.31
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
María Xosé Agra Romero, xunto con Tere Pedrosa, María Xosé Queizán, Esther María Pita, Lidia Senra, Tareixa Navaza e Sefi García, son as protagonistas do artigo de Ana Romaní e Begoña Caamaño sobre mulleres e poder.
Romaní, Ana (1998); Caamaño, Begoña (1998): «Mulleres e poder», Tempos Novos, 10 (marzo 1998), 14-24.
Fonte: arquivo de María Xosé Agra Romero
SESAR, G.: «Tareixa Navaza defende uns medios de comunicación ao servicio da sociedade», El Correo Gallego, (6-7-1997), p.10
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
QUINTAS, P.G.: «Tareixa Navaza González», El Correo Gallego, (22-1-1997), p. 4
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
NEIRA CRUZ, X.A: «Tareixa Navaza, luz y taquígrafos», La Voz de Galicia, (6-1-1996), p. 40
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
ALVARELLOS, Q.: «Na radio dicíannos que tiñamos que falar igual ca en Burgos ou Logroño», La Voz de Galicia, (4-4-1995), p. 39
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
BRAXE, L.: «Tareixa Navaza, un corazón sen freo nin marcha atrás», O Correo Galego, (13-11-1994), p. 9
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
IG: «Galicia se merece otros medios de comunicación públicos», El ideal gallego, (10-7-1994), p. 18
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
ALVITE, J.L.: «María Teresa Navaza, periodista», La Voz de Galicia, (29-9-1993), p. 44
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
ALVITE, J.L.: «Excusas para sobrevivir», La Voz de Galicia, (5-12-1992)
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
«Tareixa Navaza. Carne de pantalla», Compostelán, n.º 6 (xullo 1992), p. 6
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
CAMPOS, X.: «A verdade sobre o caso Navaza», Estampas do mundo elegante, Edicións A Nosa Terra, 1992, p.145-148
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
GODINO, M.: «El tiempo está de enhorabuena desde que llegó Teresa Navaza», El Correo Gallego, (1-9-1990), p.32
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
ORSINI, F.: «Dar la cara. Cuatro locutores gallegos reflexionan sobre su profesión», Faro Domingo, (3-12-1989), p. 33-5
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
RIVAS, M.: «Tareixa Navaza, un sorriso entre borrascas: eu non digo si bwana», La Voz de Galicia, (26-11-1989), p. 137
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
«Diecisiete organizaciones exigen la vuelta de Teresa Navaza a su programa», El Correo Gallego, (31-1-1989), p. 54
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
LUEIRO REY, M.: «María Teresa Navaza», Faro de Vigo, (20-1-1989)
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
ALONSO, M.: «Panorama de Navaza o TVE en Galicia», Atlántico Revista, n.º 49 (13-11-1988), p. 25-26
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
PUI, I.: «Teresa Navaza, 14 anos na TVE en Galicia», El Correo Gallego, (26-4-1987), p. 34
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
CORRAL, F.: «María Teresa Navaza. Feminista y galleguista», Galicia Viva, n.º19, p. 27
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
PÉREZ PENA, A.: «Teresa Navaza: un rostro popular», El Correo Gallego, p. 30
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
MÉNDEZ FERRÍN, X.L.: «María Teresa Navaza», Faro del lunes
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
CONDE, Perfecto: «Penavisión gallega. Corrupción y caciquismo en TVE», Interviú, ano 5, n.º 195
Fonte: arquivo de Tereixa Navaza
Ligazóns de interese
O fío de Penélope. O novelo de Tereixa Navaza
María Xosé Porteiro fai unha achega a Tereixa Navaza e os seus vínculos e relacións no portal do CCG
[última consulta: 13/01/2023]
Tereixa Navaza na wikipedia
[última consulta: 16/11/2022]
La periodista Tereixa Navaza renuncia a un premio de la Xunta por la manipulación de TVE
[última consulta: 16/11/2022]
Entrevista a Tereixa Navaza. Proxecto ElectroClass, de María Ruido (febreiro de 2011)
[última consulta 11-9-2012]
Créditos da biobibliografia do “cartografías” do Álbum de mulleres
COORDINACIÓNComisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega
DOCUMENTACIÓN
Tereixa Navaza González
Carme Vidal Lage
Ana Romaní Blanco
Mariam Mariño Costales
TEXTOS
Ana Romaní Blanco
Carme Vidal Lage
Mariam Mariño Costales
DESEÑO
Miguel Alonso Fachado
REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Begoña Tajes Marcote
Antía Marante Arias
REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai
TRATAMENTO DIXITAL DE IMAXES
Teresa Navarro Quinteiro
David Vázquez Fraga
Agradecementos da biobibliografia do “cartografías” do Álbum de mulleres
A elaboración da Cartografía Tereixa Navaza González no Álbum de mulleres contou coa colaboración das seguintes persoas e entidades:PERSOAS
Tereixa Navaza González
Alberto Lema
Emilio Navaza González
INSTITUCIÓNS
Televisión Española en Galicia
Fundación Eugenio Granell
XORNAIS E REVISTAS
Andaina. Revista Galega de Pensamento Feminista
El Correo Gallego
El Ideal Gallego
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
EDITORIAIS
Ediciós do Castro
Edicións A Nosa Terra
Edicións Xistral
Videos
Vídeo do traslado dos restos de Castelao a Bonaval coa locución de Tereixa Navaza
[Fonte: youtube]
Artigos Tereixa Navaza
NAVAZA, T. (1/1983) A muller no cine. Andaina. 1ª época, 4 .
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (11/1985) La Rosa, de Mark Rydell. Andaina. 1ª época (8), 19.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (1/1986) Feminismo versus pacifismo. Andaina. 1ª época (9), 16.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (1/1986) Foi fermoso. Festa da palabra silenciada. (03), 38.
Ver nota breve Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
NAVAZA, T. (5/1986) Festa da Palabra Silenciada, nº 3. Andaina. 1ª época (10), 23.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (2/1987) Polémicas feministas con Montserrat Oliván. Andaina. 1ª época (11), 16.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (6/1987) Festa da Palabra Silenciada, nº 4. Andaina. 1ª época (12), 12.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (6/1988) O tempo dun salaio, de Anne Philipe. Andaina. 1ª época (15), 25.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (3/1990) María do Carme Kruckenberg: Ferida de amor estaba. Andaina. 1ª época (20), 31 .
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (12/1991) Luma Gómez: O teatro compensa de todas as carencias. Esta é unha etapa de deterioro. Andaina. 2ª época 1ª xeira (01), 18-22.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (3/1992) Aurora Marco. Unha rebelde innata. O traballo como paixón. Andaina. 2ª época 1ª xeira (02), 22-25.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (7/1992) Marina Mayoral recuperando ás escritoras do XIX. Andaina. 2ª época 1ª xeira (03), 24-28.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (12/1992) Mercedes Carreño Fernández. Andaina. 2ª época 1ª xeira (04), 20-24.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (12/1992) Rigoberta Menchú: o Nobel para unha perdedora . Andaina. 2ª época 1ª xeira (04), 55-56.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (4/1993) Emilia: a vida en si mesma é un risco. Andaina. 2ª época 1ª xeira (05), 21-24.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (7/1993) Lidia Senra: coa política agraria a muller vai ser aínda máis escrava. Andaina. 2ª época 1ª xeira (06), 21-24.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
NAVAZA, T. (12/1993) Lola Herrera: Ás mulleres fáltanos complicidade. Só o humor, a tenrura, o soñar, te afastan da loucura. Andaina. 2ª época 1ª xeira (07), 21-24.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;