Xabier Prado «Lameiro»
Ourense, 12/ 9/1874 - Ourense, 26/12/1942Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Xavier Prado Rodríguez, coñecido co alcume de Lameiro, foi un destacado veterinario e autor teatral, ademais de membro activo do rexionalismo galego e das Irmandades da Fala
Naceu en Ourense, na praza do Correxedor, fillo de Vicente Prado Romero, orixinario de Vilar de Barrio, e de Carmen Rodríguez García. Tras quedar orfo de pai foi criado xunto coa súa irmá Modesta polo seu padriño, David García González, subdiácono da parroquia de Cudeiro, pertencente daquela ao concello de Canedo. Alí coñeceu o ambiente labrego que, tempo despois, reflectiu nas súas obras literarias.
En 1891 iniciou o servizo militar no cuartel de Barreiro, en Lavadores (Vigo), licenciándose como sarxento tras pasar polo rexemento de Infantaría de Murcia e polo rexemento de Guarnición de Ourense. En 1894 iniciou os estudos de Veterinaria en Santiago de Compostela, entón no colexio de San Clemente, e tras rematar os estudos en xullo de 1900 coa cualificación de sobresaliente, en 1901 comezou a traballar en Ribadavia como inspector de carne e peixe. En 1909 aprobou as oposicións a Inspector Provincial de Hixiene e Sanidade Pecuaria, tomando posesión en Ourense en 1910. Nesa época comezou a publicar textos académicos sobre doenzas animais e sobre a mellora do gando vacún, e tamén follas divulgativas dirixidas aos gandeiros da provincia de Ourense sobre hixiene, explicando a importancia da limpeza nas cortes e os perigos da convivencia da xente co gando. Sobre eses temas ditou numerosas conferencias. Elaborou un Tratado de veterinaria que ficou inédito, conservado pola familia. En 1923 foi elixido primeiro presidente do Colexio de Veterinarios de Ourense, cargo que ocupou até 1926, ano en que se converteu en presidente honorífico.
Comezou as súas colaboracións na prensa en 1900 na revista satírica compostelá El Cínife, onde publicou algúns versos xa co pseudónimo Lameiro. En 1917 recuperou, canda outros membros das Irmandades da Fala de Ourense, o voceiro O Tío Marcos d’a Portela, que dirixiu xunto con Higinio Ameijeiras. En febreiro de 1919, mentres dirixía O Tío Marcos d’a Portela, entrou na directiva da Asociación de Prensa de Ourense. Nesta publicación mantivo a sección Parolas formás d’o Tío Marcos, aínda que ía sen asinar, de carácter agrarista e dirixida a labregos e gandeiros, animándoos a mellorar as súas prácticas profesionais e a loitar contra o caciquismo organizándose en asociacións ou sindicatos agrarios, o que serviría para acceder de forma máis sinxela á adquisición de maquinaria, sementes ou fertilizantes. Defendeu a mellora das condicións do gando e a introdución de cambios nas feiras de gando para o beneficio do gandeiro e non do tratante. Entendía que a raza da vaca rubia galega estaba a dexenerar ao estar cruzada con outras variedades co obxecto de aumentar a produción de leite e carne. Foi pioneiro na defensa de campañas de vacinación do gando contra doenzas como o carbuncho ou a febre aftosa no vacún, e o mal vermello, a rabia e a colibacilose no gando porcino.
No eido profesional publicou tres obras da man do Consello Provincial de Fomento: Instrucciones profilácticas y curativas sobre las enfermedades infecto-contagiosas más frecuentes en el ganado de la provincia (1911), Generalidades sobre higiene pecunaria (1912) e La mejora de los vacunos (1913). En 1915 colaborou co texto “La ganadería gallega” no voceiro El Parlamentario, a petición do agrarista Basilio Álvarez. En 1928 publicou un artigo nun número extraordinario da publicación La Voz del Agro en Vigo, editado co gallo da inauguración no Porriño do matadoiro cooperativo Marucoga (Mataderos Rurales Cooperativos de Galicia), un proxecto do sindicalismo agrario católico galego, promovido polo sacerdote Domingo Bueno.
No primeiro número da terceira etapa d’O Tío Marcos da Portela, publicado o 18 de febreiro de 1917, apareceu o poema de Lameiro “O fiadeiro”. Ao ano seguinte publicou o poemario A carón d'o lume, con portada deseñada por Vicente Risco e con prólogo do xuíz Manuel Martínez Sueiro. De 1928 é o poemario Cóxegas e moxetes, unha colección de corenta e oito poemas en galego con prólogo de José Adrio Menéndez. Defendeu o uso da lingua galega no artigo Galicia ten que falar gallego, publicado no terceiro número, se ben tanto nos artigos e publicacións profesionais como na vida familiar empregou o castelán.
Foi o primeiro presidente da Coral de Ruada, que debutou en Ourense o 24 de xuño de 1919 con dúas pezas de Xavier Prado, unha delas en castelán, Luis de Castromouro, e outra en galego, a comedia Na corredoira. Para a mesma coral escribiu diversas pezas teatrais, como as comedias Almas sinxelas e A retirada de Napoleón, o entremés Estebiño, e os diálogos cómicos O cego da Xestosa e Marzadas, pezas todas elas estreadas en 1920. En 1928 publicou as escolmas Monifates e Farsadas, dúas recompilacións de sete pezas teatrais cada unha.
Figura como redactor xefe no equipo estable que coordinou a revista Nós desde a súa creación en outono de 1920 até o número 18, publicado o 1 de xullo de 1923. No número 2 da revista (30 de novembro de 1920) apareceu o seu poema “¡Ten fe, poeta!”, composto por dezaoito hendecasílabos rimados de dous en dous, agás un octosílabo no verso 16. No número 7 (outubro de 1921) publicou un romance sen título, con corenta e seis octosílabos, sobre unha rapaza do rural. No número 18 (xullo de 1923) escribiu “Firma de creto”, un diálogo en verso entre un abade e un home que quere emigrar.
Tras a proclamación da ditadura de Miguel Primo de Rivera uniuse á Unión Patriótica, o partido único ligado ao réxime, e participou en actos de propaganda política dirixidos a labregos. Entre 1924 e 1928 foi secretario do Gobernador Civil de Ourense, o militar Salustiano Muñoz Delgado. En decembro de 1925 o tudense José Calvo Sotelo foi nomeado Ministro de Facenda, e Lameiro publicou uns versos de felicitación, respondidos tamén en prosa polo propio aludido. Ao mesmo político adicoulle en 1928 o poemario Cóxegas e moxetes, nestes termos: “Ó excelentísimo señor D. Xosé Calvo Sotelo, sinxela mostra de culto á súa escolleita intelixencia e boísimo corazón”. En 1929 recibiu unha homenaxe popular na súa vila natal.
Tras a instauración da Segunda República en 1931, Xavier Prado abandonou as actividades políticas e literarias. En 1935 escribiu un soneto en castelán á Garda Civil titulado “El caballero guardia”, cando o concello de Ourense con Antonio do Pazo como alcalde lle regalou á Comandancia nº 632 unha bandeira polo papel da benemérita na revolución de Asturias de 1934. Xa en 1937 publicou un soneto dedicado a Francisco Franco, titulado “En honor y a beneficio del glorioso Ejército español”.
Faleceu en Ourense o 26 de decembro de 1942 e foi soterrado no cemiterio de San Francisco de Ourense. En marzo de 1945 instalouse nos xardíns do Posío un busto coa súa figura esculpido por Francisco Asorey.
- Referencias
- OBRA
- Profesional
- Instrucciones profilácticas y curativas sobre las enfermedades infecto-contagiosas más frecuentes en los ganados de la provincia (1911)
- Generalidades sobre higiene pecuaria (1912)
- La mejora de los vacunos (1913)
- Lo que dicen ellos... (1942)

- Literaria
- A carón d’o lume (1918; poemario)
- Marzadas (1919; tamén incluída en Farsadas)
- Cóxegas e moxetes (1928; poemario)
- Monifates (1928). Xunto a Farsadas, é unha recompilación de sete pezas teatrais independentes, tituladas Almas sinxelas, Tratos, Luis de Castromouro, A retirada de Napoleón, Todo tén goberno, Un home de sorte e O cego d'a Xestosa.
- Farsadas (1928). Constituído por Os trasacordos de Mingos, Soledá, Vida Vilenga, Marta, Na corredoira, Estebiño e Marzadas.
- A carón d’o lume (1918; poemario)
- Profesional
- BIBLIOGRAFÍA
- Conde Gómez, Diego (2009): “Un veterinario no Día das Letras Galegas. Achegas á figura de Xavier Prado Rodríguez Lameiro (1874-1942)”, Colvetcor, Revista do Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña, 14, pp. 12-14.
- Muñoz Saa, Begoña (1995): “Estudio introdutorio” en Xabier Prado “Lameiro”, Obra completa. Ourense: Concello.
- Valcárcel López, Marcos (1995): “Xabier Prado Lameiro no seu tempo” en Xabier Prado “Lameiro”, Obra completa. Ourense: Concello.

Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Xabier Prado «Lameiro». Publicado o 17/4/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=26765. Recuperado o 19/04/2024

Ligazóns de interese
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Audios
Canto d´as Chirimías. Escena coral gallega (0372 A)
Artigos Xabier Prado «Lameiro»
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Xabier Prado «Lameiro» nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
PRADO «LAMEIRO», X. (10/1922) ¡.....!. Alma Gallega. 1ª (extraordinario), 85.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;