Julia Minguillón
Lugo, 17/ 7/1906 - Madrid, 20/8/1965Autoría: Concepción Sabucedo
Unha das pintoras máis recoñecidas na España da posguerra
En xullo de 2006 inaugurouse no número 23 da rúa de San Marcos, en Lugo, unha placa conmemorativa na casa onde, o 17 de xullo do ano 1906, nacera Xulia Minguillón. O seu nome era Xulia Carmen Minguillón Iglesias. Filla de Emilia Iglesias López, natural da cidade, e de Federico Minguillón Curiel, boticario en Vilanova de Lourenzá, onde a pintora pasou a infancia ao lado dos seus tres irmáns: Marcial, Carme e León. Os primeiros contactos coa pintura datan da época en que viviu cuns tíos paternos en Burgos e en Valladolid, mentres estudaba o bacharelato. Alí vai ter o seu primeiro profesor, Xosé Castrocires.
Cando volve a Lugo con 17 anos, en 1923, fai o retrato dun coñecido vendedor de xornais, Cascarilla. O lenzo, exposto nun escaparate local, tivo un grande éxito. Xulia consegue unha bolsa de estudos da Deputación, coa que vai a Madrid. Orienta os estudos cara á escultura pero un desengano lévaa a optar pola pintura. Na Escola de Belas Artes ten como mestres a Cecilio Pla e Manuel Benedito.
Co estalido da guerra a artista abéirase na casa paterna de Vilanova de Lourenzá, segura entre a súa familia, de recoñecida filiación dereitista. Daquela inicia relacións co redactor-xefe de El Progreso, Francisco Leal Insua, co que casa o 8 de decembro de 1939.
Xuntos marchan a Lugo. Alí pinta e participa na organización de actividades culturais da Sección Feminina, pero pronto inicia un percorrido vital determinado polos destinos profesionais de Francisco: Vigo desde 1948 e Madrid en 1961.
Paralelamente desenvolve unha intensa actividade pictórica como retratista de prestixiosos personaxes da sociedade galega, entre a que conta con moitos amigos.
No ano 1961, cando Leal Insua é destinado a Madrid como xefe de redacción de Mundo Hispánico, ela ségueo. Continuarán sendo compañeiros durante pouco máis de catro anos xa que o 20 de agosto do ano 1965 Xulia morre tras un ano de penosa enfermidade e é soterrada no cemiterio madrileño de San Xusto.
A artista é a única muller que obtivo a primeira medalla de Primeira Clase nunha Exposición Nacional de Belas Artes. Foi a do ano 1941, grazas á súa obra máis coñecida: A escola de Doloriñas. Desde 1941 volvéranse organizar as Exposicións Nacionais e ese foi o escaparate en que Xulia logra importantes éxitos. Estas eran un mostrario oficial do Réxime nas que participaban case sempre os máis afíns. Os outros, os opositores, fuxiron, morreron ou foron rexeitados.
A pintura figurativa de Xulia adecuábase ao gusto estético da posguerra. Traballou coa paisaxe, os retratos, escenas cotiás, alegóricas e algún tema relixioso. O resultado defínese polo excepcional dominio técnico, a constante preocupación polas composicións equilibradas, os puntos de vista elevados e o uso de cores suavemente integradas. Son cadros en que non esquece a realidade, que é a fonte de inspiración, nin a figura que ás veces xeometriza, cun claro protagonismo feminino. A súa é unha realidade peneirada na que o espectador non ve nin miseria, nin amargura; algúns denomínana estética da felicidade.
Déronlle sona os retratos. Moitas das súas encargas eran de fillas e esposas destacadas na elite dos anos corenta e cincuenta das cidades onde viviu (Clementina Bussman, as irmáns Regojo, etc.). Cadros-ornamento nos que a clientela sempre se ve agradablemente reflectida, en actitudes relaxadas.
Desde o ano 1933, en que expuxo por vez primeira no Concurso Nacional de Retratos, Xulia participou en varias exposicións. Conseguiu unha terceira medalla na Exposición Nacional de 1934 coa obra Xesús con Marta e María e o Primeiro Premio do Círculo de Belas Artes de Madrid en 1948 coa obra Xuventude. A súa linguaxe serviu na posguerra como mostra do gusto estético da nova España e expúxose en Berlín, na Bienal de Venecia do ano 1942 e tamén en Lisboa e Bos Aires. O seu nome figura entre as mulleres académicas correspondentes da Real Academia Galega. Hoxe en museos como o Provincial de Lugo podemos achegarnos á herdanza pictórica desta singular artista.

Como citar: Sabucedo, Concepción : Julia Minguillón. Publicado o 1/1/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2594. Recuperado o 02/06/2023
DOCUMENTACIÓN DE
Entrevista a Xulia Minguillón.
Fonte: «Las pintoras hablan de pintura. Julia Minguillón responde a nuestra encuesta». La noche. Suplemento del sábado, Santiago de Compostela 1949-1950. (Ed. Facs). N. 10 (1940). P.5.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Epitafio da tumba de Xulia Minguillón
Francisco Leal Insua mandou colocar este epitafio na tumba da pintora
Poema de Noriega Varela para Xulia Minguillón
Noriega Varela escribe para Xulia o poema «A espiña d´o verde toxo», publicado na edición do ano 1946 do poemario D´o Ermo
Ligazóns de interese
Julia Minguillón no web de A Fundación
[última consulta: 15/12/2021]
Julia Minguillón na wikipedia
[última consulta: 15/12/2021]
Julia Minguillón y La Escola de Doloriñas, patrimonio etnográfico y antropológico de Galicia.
Artigo de María Fidalgo Casares
[última consulta: 15/12/2021]
Julia Minguillón no Museo do Prado
[última consulta: 15/12/2021]
Julia Minguillón no web de pintores y escultores
[última consulta: 15/12/2021]
Referencias bibliográficas
- CARBALLO-CALERO RAMOS, M.ªV., Julia Minguillón, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1984.
- CARBALLO-CALERO RAMOS, M.ªV., LEAL INSUA, F., Julia Minguillón: período de 1934-1964, 30 años de pinturas. Decembro de 1991 (catálogo da exposición), A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 1991.
- LEAL INSUA, F., Julia Minguillón. Antología Testimonial sobre la obra de Julia Minguillón, Madrid, Galería Kreisler, 1968.
- MUÑOZ LÓPEZ, P., Mujeres españolas en las artes plásticas, Madrid, Síntesis, 2003, p. 170-173.
- SOTO, J., Julia Minguillón, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Promoción Cultural, 2000, (A nosa memoria).