Olga Moreiras Tuni
Vigo (Pontevedra), 1933 - Madrid, 2012Autoría: Francisco Díaz-Fierros Viqueira
A composición dos alimentos españois
A súa obra
Desde as primeiras enquisas sobre alimentación española postas en marcha polo Instituto de Bromatoloxía e, posteriormente, polo Instituto Nacional de Estatística, Olga Moreiras foi a coordinadora directa dos mesmos. Como complemento destes traballos elaborou unhas Tablas de Composición de Alimentos, fundamentalmente españois, que foron referencia permanente para calquera traballo sobre esta temática (en 2011 publicouse a 15ª edición). Así mesmo, foron moi recoñecidas e utilizadas as súas recomendacións sobre o consumo de alimentos para a poboación española. Outro tipo de estudos que promoveu foron os relativos ao estado nutricional das persoas de idade avanzada e a valoración dos factores dietéticos de risco nas enfermidades cardiovasculares. Participou en proxectos de investigación financiados polo Departamento de Agricultura dos EE.UU., a OCDE e a FAO, e liderou varios proxectos de investigación europeos (SENECA, EUROFOODS, HEALTHTENSE, OPTIFORD, etc.) que son referencia no mundo da nutrición. Publicou 23 libros, 35 capítulos de libros e máis de 200 artigos en revistas nacionais e internacionais, así como 230 relatorios de congresos.
Bibliografía:
Fontes impresas:
MOREIRAS, O.; CARBAJAL, A.; CABRERA, L.; CUADRADO, C. (2011): Tablas de Composición de Alimentos, 15ª ed., Madrid: Ed. Pirámide.
Bibliografía secundaria:
VARELA MOREIRAS, G. (2012): In Memoriam. Olga Moreiras Tuny (1933-2012), Nutr. Hosp. , 27 (5): 1679.
Como citar: Díaz-Fierros Viqueira, Francisco : Olga Moreiras Tuni. Publicado o 20/10/2013 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22220. Recuperado o 19/04/2024
Ligazóns de interese
Tablas de Composición de Alimentos
MOREIRAS, O.; CARBAJAL, A.; CABRERA, L.; CUADRADO, C. (2011): Tablas de Composición de Alimentos, 15ª ed., Madrid: Ed. Pirámide.
In Memoriam. Olga Moreiras Tuny (1933-2012)
VARELA MOREIRAS, G. (2012): In Memoriam. Olga Moreiras Tuny (1933-2012), Nutr. Hosp. , 27 (5): 1679.
Homenaje póstumo a... Olga Moreiras Tuni
Real Academia Nacional de Medicina: Homenaje póstumo a los profesores Gregorio Varela Mosquera y Olga Moreiras Tuni. Jornada científica “Nutrición e Hidratación”. 31 de enero de 2013.