Antonio Martínez de la Riva
Santiago de Compostela, 1882 - Santiago de Compostela, 1958Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Representante dunha ilustre saga de xinecólogos composteláns
Membro dunha extensa saga de médicos e catedráticos da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago da que destaca seu pai, Ángel Martínez de la Riva Vilar, catedrático e decano da Facultade de Medicina durante moito tempo. Tras licenciarse en 1903 exerceu como profesor auxiliar numerario e encargado de cátedra de Xinecoloxía e Obstetricia e Enfermidades da infancia na Facultade de Medicina de Santiago, na que levou a cabo un gran traballo docente e formou un importante número de especialistas.
En 1914 fundou un servizo gratuíto municipal de maternidade e tamén creou a “Gota de leite” e os servizos do Seguro de Maternidade da Caixa Rexional de Previsión. Ao mesmo tempo foi inspector rexional destes servizos e atendeu con moita dedicación a Escola de Comadroas. En 1920, en sociedade co tamén profesor Fernando Alsina, creou o Sanatorio Cirúrxico de San Lourenzo (Santiago) de partos e cirurxía xinecolóxica.
Colaborou en diversas revistas médicas. En 1920 publicou unha estatística de cesáreas que recolle 25 casos con descrición detallada da técnica utilizada en cada un deles. Nas Xornadas Médicas Galegas celebradas en Vigo en 1931 presentou, con outros colegas, un relatorio sobre o cáncer en Galicia, no que alerta da urxente necesidade de crear un Instituto Rexional de Oncoloxía.
Fontes impresas:
MARTÍNEZ DE LA RIVA, A. (1904): Algunas complicaciones post-operatorias de la laparotomía, tese de doutoramento, Santiago: Tipografía Galaica.
MARTÍNEZ DE LA RIVA, A. (1914): Un caso de cesárea seguido de histerectomía, Santiago:
MARTÍNEZ DE LA RIVA, A. (1920): Estadística de cesáreas y concepto moderno de esta operación, Santiago: Tipografía El Eco de Santiago.
MARTÍNEZ DE LA RIVA, A., GARCÍA BLANCO, J,. VARELA GIL, J, BALTAR DOMÍNGUEZ, J. (1934): El cáncer en Galicia: ponencia oficial presentada a las Jornadas Médicas Gallegas celebradas en Vigo en agosto de 1931, Santiago: Tipografía de El Eco Franciscano.
MARTÍNEZ DE LA RIVA, A. (1944): Ginecología social, A Coruña: Tipografía El Ideal Gallego; es tirada aparte de Galicia Clínica, agosto de 1944.
Bibliografía secundaria:
BALTAR DOMÍNGUEZ, R. (1968): La Escuela Médica Compostelana, Santiago: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos del Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
CARRO OTERO, X. (1998): Materiais para unha Historia da Medicina Galega, 2 tomos, Santiago: Xunta de Galicia.
GURRIARÁN, R. (2006): Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1990-1940). Do influxo institucionosta e a JAE á depuración do profesorado, Santiago:Universidade.

Bibliografía:

Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Antonio Martínez de la Riva. Publicado o 18/1/2013 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22158. Recuperado o 29/03/2024