Sara Leirós
As Neves (Pontevedra), 1897 - Santiago de Compostela (A Coruña), 1978Autoría: Antón Costa Rico
Investigadora da vida e pensamento do Padre Feijoo
Esta profesora, nada n'As Neves en 1897, despois de realizar os seus estudos na Escola Superior de Maxisterio en Madrid, e logo do seu desempeño docente en diversas escolas primarias, accedeu á docencia como profesora numeraria de Filosofía e de Psicoloxía na escola Normal de Ourense, onde coincidiría coas inspectoras de ensino primario Aurora Maceda López e Antonia Ortiz Currais.
No seu decurso profesional podemos rexistrar o seu ingreso no Seminario de Estudos Galegos en 1929, para o que defendeu un ensaio, escrito en castelán, arredor do significado intelectual do Padre Feijoo no contexto de ideas do século XVIII; un texto que con máis de cen páxinas será editado en 1935.
Foi peticionaria en 1933 dunha bolsa de estudos das concedidas pola JAE para o seu perfeccionamento profesional en Europa. Ao non concedérselle renovou a súa petición en 1935. A tales efectos, expoñía entre os seus méritos, as investigacións pedagóxicas realizadas en Madrid baixo a dirección do recoñecido profesor Anselmo González, un dos introdutores dos traballos del Alfred Binet en España en relación cos estudos sobre a intelixencia dos escolares, en torno á educación dos deficientes, con Luís Hoyos, sobre metodoloxía científica aplicada ao campo psico-pedagóxico e con Domingo Barnés, o mellor tratadista e coñecedor dos estudos paidolóxicos entre nós, na fronteira dos anos trinta.
Concedéuselle unha bolsa en 1935 para a realización dunha visita en grupo de profesores e inspectores, que usufrutuou xunto coas tamén citadas Antonia Ortiz e Aurora Maceda, para un período de dous meses; visita que fixeron efectiva na primavera de 1936, podendo percorrer distintos países europeos e coñecer de preto importantes experiencias e realizacións pedagóxicas. En París puideron acudir ao Laboratorio de Psicoloxía e de Pedagoxía Experimental dirixido polo Doutor Simon, baixo o amparo da Universidade da Sorbona; visitaron varios centros escolares primarios que aplicaban concretamente a metodoloxía de traballo en grupos, formulada por Cousinet, unha das figuras máis destacadas internacionalmente dentro do movemento da Escola Nova; coñeceron tamén os importantes traballos realizados baixo a dirección do profesor Henri Pieron, un dos fundadores da psicoloxía científica en Francia, creador en 1928 do Institut National de Formation Professionnel, e director do extenso e colectivo Tratado de Psicoloxía Aplicada. O periplo de estudos continuou por Bruxelas, onde visitaron escolas que seguían a metodoloxía decrolyana, e foron partícipes das actividades desenvolvidas no campo da formación profesional por parte de M. Christiaens, o impulsor do Instituto de Orientación Profesional de Bélxica. Viaxaron, de seguida, a Holanda, para coñecer os traballos de organización escolar e de metodoloxía didáctica levados a cabo en Amsterdam. Como era habitual, o grupo pasou logo a Suíza, á cidade de Xenebra, sede do Instituto de Pedagoxía Jean Jacques Rousseau impulsado por Ed. Clapàrede desde 1912, onde seguiron diversas actividades académicas co profesorado de tal Instituto (Pierre Bovet e Lipmann, entre outros), ao tempo que visitaron tamén detidamente o colexio experimental Maison des Petits. A viaxe continuou logo para a cidade de Milán en Italia, como ocasión para achegarse ao coñecemento da organización das escolas infantís, segundo as metodoloxías que impulsaban as pedagogas irmás Agazzi e a internacionalmente recoñecida María Montessori.
Un tempo, pois, de intensa formación, que de seguro iría redundar nas actividades académicas desenvolvidas en Galicia por esta profesora normalista, que seguiu desempeñando os seus labores con posterioridade aos sucesos bélicos de 1936 na Escola Normal do Maxisterio feminina de Santiago de Compostela, cidade esta na que morrería en 1978. É do caso salientar que Sara Leirós deu tamén algunha manifestación durante o tempo do franquismo das súas inquedanzas intelectuais desde unha óptica católica e conservadora, sendo autora dunha breve publicística, abaixo citada, de novo arredor da figura de Feijoo, sobre a corrente filosófica do existencialismo en relación coa educación, e aínda mesmo dunha pequena obra poética en castelán, cunha pequeniña achega en lingua galega.

Como citar: Costa Rico, Antón : Sara Leirós. Publicado o 3/12/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2182. Recuperado o 29/03/2024

Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As pioneiras do Seminario
No ano no que se conmemora o centenario do Seminario de Estudos Galegos (1923-2023), o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) quere darlle visibilidade nesta peza divulgativa (2´ 24´´) ao importante labor das "pioneiras", un numeroso grupo de usuarias e mecenas da súa biblioteca que, xunto ás doce socias activas, contribuíron de xeito decisivo ao coñecemento cultural e científico.
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
As mulleres do Seminario
Malia que os membros do Seminario de Estudos Galegos eran maioritariamente homes, temos constancia documental de que algunhas mulleres (Carmen Sierra, Luisa Cuesta, Pura Lorenzana, María Corredoira, Dolores Lorenzo, Elvira Santiso, Sara Leirós...) tiveron tamén un papel destacado nas actividades científicas e culturais do SEG. Este vídeo divulgativo (3´ 17´´) é unha homenaxe a todas elas. A peza foi elaborada polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) en 2023, con motivo da celebración do centenario do SEG.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.