María do Carme Kruckenberg
Vigo, Pontevedra, Galicia, 3/ 6/1926 - Vigo, Pontevedra, Galicia, 16/5/2015Autoría: Mercedes Queixas
Poeta galega referencial da posguerra e personalidade feminina lúcida e pioneira.
«A onde fun, tornei a Vigo» é moito máis que un verso das «7 cantigas para as 7 cantigas de Martín Códax», incluído no poemario da autora Cantigas para un tempo esquecido.
Vigo é o espazo-tempo vital e creativo de María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, o punto de inicio, o punto de eterno retorno para un espírito inquedo e viaxeiro, mais tamén o punto final biográfico.
Filla do mexicano, de ascendencia alemá, Gustavo Kruckenberg Sartorius e da viguesa Josefina Sanjurjo Oza, supera unha infancia marcada pola enfermidade. É unha nena mimada pola familia e educada para a liberdade no gusto polas artes e polo coñecemento lingüístico.
A ampla biblioteca da casa familiar da rúa Lepanto achégaa a lecturas inusitadas para unha nena do seu tempo, o que lle permite acadar unha formación intelectual moi superior ao que a súa condición social prevía para unha muller.
A lectura do cancioneiro medieval galego-portugués e da obra de Rosalía de Castro, Antonio Machado, Rilke, Rimbaud e San Juan de la Cruz, acompañada dos Minesänger, que descobre no colexio alemán de Vigo, as chançons de François Villon ou os Carmina Burana, prendeu na curiosidade da pequena Chuchi, lectora compulsiva e inmersa nun intenso proceso de aprendizaxe autodidacta que cultivará ao longo de toda a vida.
Unha infancia ilustrada e afectiva, viaxeira, solvente economicamente, que quebra en 1936, o que provoca a dislocación da familia, que pon rumbo a Estoril, e lle achega á conciencia dramática da guerra, da mentira, do medo e do sufrimento que recollerá nos versos do poemario A sombra ergueita.
Un tempo de restricións que altera, retornados a Vigo a finais de 1937, o modus vivendi da familia, pero que fai convivir a María do Carme con experiencias novas.
Por unha banda, a súa estrea como actriz nunha versión teatral da obra dos irmáns Grimm, Os músicos improvisados, de cuxa adaptación se encargou Álvaro Cunqueiro e con quen mantivo amizade até a morte deste.
Pola outra, a descuberta en Rairiz de Veiga da esencia galega que a cidade olívica ocultaba no seu contorno urbano próximo. E, no caseiro Antonio, os sons do idioma galego, querendo apreixalo para si propia, mesmo a contrafío dos marcadores sociais que lle correspondían.
Non demorou en facer seu o galego, como xa fixera co castelán, alemán, inglés, portugués e francés, para se colocar á altura dos fillos do caseiro nunha procurada relación de igual a igual, unha maneira de ser que a acompañará na vida e na escrita.
Superada a escolaridade no colexio alemán de Vigo e logo nos colexios Cluny e Placeres, manifestando un espírito rebelde e contestatario, decide, contra todo prognóstico da familia, non se incorporar á universidade e continuar a súa formación de xeito autodidacta.
A mocidade, tempo da procura da liberdade e da desinhibición, baixo a protección familiar, abrígase nas noites do Vigo mariñeiro e de Madrid.
As amizades amplíanse tamén intelectualmente nos parladoiros da viguesa taberna Alameda e no madrileño café El Parador de Velázquez.
En 1949 casa con Ezio Pusone e parten cara a Bos Aires, onde residirán durante catro anos de gozo de experiencias humanas e literarias inesquecíbeis.
María do Carme atopa unha cidade universal que toma o relevo dunha capitalidade cultural galega e española prohibida; un espazo de liberdade que acollía a quen apoiara a causa republicana, galeguista e nacionalista de preguerra; unha terra que irmandaba canda os seus os nosos emigrados e exiliados políticos.
Será Arturo Cuadrado quen lle abra as portas á intelectualidade galega e con grande admiración visitou a Castelao en dúas ocasións.
Para sempre quedaron en min os seus consellos, a súa tenrura, a súa voz doce e garimosa, a beleza dos seus ideais e da súa limpeza de pensamento.
Con Emilio Pita, Luís Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Alberti, María Teresa León, Jorge Larco, Gloria Alcorta, Gerardo Diego, Miguel Ángel Asturias, Olga Orozco etc., frecuentou a conversa nos diferentes foros da intelectualidade bonaerense.
Após breves estadías en Uruguai e Brasil, que continuaron a alimentar a muller-poeta-intelectual, en 1953 volve a Vigo, fracasada a convivencia matrimonial.
A muller decepcionada, mais segura da súa determinación como muller separada nun tempo de censura social, prosegue, de novo, co apoio familiar, o seu camiño á par da súa filla acabada de nacer, Cristina.
Con todo, Vigo afógaa e unha vez máis será Madrid ese acubillo intelectual e amical que a reciba coa literatura e as artes como nexo de unión.
E dos faladoiros no Alameda, no Derby e no Goya vigueses aos cafés Teide e Gijón madrileños. Do reencontro con Galiza e os poetas coetáneos –Manuel María, Uxío Novoneyra, Luz Pozo Garza…– ás novas amizades coa familia de Federico García Lorca, Ignacio Aldecoa, Camilo José Cela, Mariano Tudela, José Hierro…
Aínda continuará a travesía de procuras durante un ano en Nova York até retornar ao punto orixinal, Vigo, en 1956, para se centrar na familia, nas amizades de sempre e na escrita, a súa eterna vocación, coa que experimentou desde a adolescencia e que a partir de agora deberá combinar co traballo como delegada científica nos Laboratorios Servier.
As periódicas colaboracións en medios xornalísticos como Faro de Vigo cederon o paso preferente á escrita poética.
Desde a publicación en Bos Aires de Las palabras olvidadas até A voz da auga, derradeiro poemario por vontade da autora, aínda que non o último publicado, transcorreron miles de versos espallados en dez títulos en castelán e vinte en galego, acompañados dunha importante mostra de colaboracións en obras colectivas, así como de traducións e breves relatos recompilados recentemente no volume O morto asasinado e outros contos.
Unha obra que naceu nunha concepción bilingüe, como é común na denominada “Promoción de Enlace”, corrente en que é adscrita a poeta pola crítica literaria, mais que na década de 80 reorienta, desde un posicionamento conscente, cara á creación monolingüe en galego.
Unha poesía sinxela, breve, mais estrutural e estilisticamente traballada, que bebe inicialmente nas fontes do metro e do ritmo da canción popular para avanzar cara a un versolibrismo que procura a síntese semántica e conceptual, que apela a Eros e afronta a Tánatos, que cuestiona e interpela un mundo que non comprende.
Unha obra poética de altura que, no entanto, non sempre conseguiu facer visíbel a través das canles editoriais convencionais e precisou do compromiso persoal da autoedición.
En 1985 asumiu responsabilidades como vicepresidenta da AELG, co que se inaugura a entrada de mulleres no órgano de dirección deste colectivo que naquela altura agrupaba 150 membros, nun momento histórico en que cumpría reforzar o seu papel reivindicativo do principal elemento identitario do pobo e núcleo da creación literaria para escritoras e escritores: a lingua galega.
A música, as artes plásticas, a memoria individual e colectiva, a actualización da tradición poética popular e trobadoresca, a utopía do amor, a sensualidade, a inxustiza social e o compromiso coa sociedade conviven e, por veces, transgriden os marcos da poética convencional nas entregas poéticas de Mª do Carme Kruckenberg Sanjurjo.
Foi recoñecida, entre outros, co Premio Alecrín, o Premio Viguesa Distinguida, o da letra E concedido pola AELG, a Medalla de Galicia e a Medalla Castelao.

Como citar: Queixas, Mercedes : María do Carme Kruckenberg. Publicado o 18/10/2018 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2103. Recuperado o 29/03/2024
DOCUMENTACIÓN DE
Artigo de Carme Kruckenberg sobre a obra pictórica de María Victoria de la Fuente
Kruckenberg, María del Carmen: «María Victoria de la Fuente o la gran pintura femenina del momento», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 18641 (11 de maio de 1962), 6.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. Biblitoeca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000252549
KRUCKENBERG, María do Carmo: Presentación exposición retratos de Mary Quintero. Discurso pronunciado na inauguración da exposición retrospectiva de Mary Quintero Así os viu a súa cámara (Vigo, decembro de 1995)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Obra de María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
Elaborada por Mercedes Queixas Zas para o Álbum de mulleres
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Biobibliografía de María do Carme Kruckenberg elaborada por Tereixa Navaza
«María do Carme Kruckenberg: ferida de amor estaba», Andaina. Revista galega de pensamento feminista, n.20 (marzo 1990), p. 31-34
Fonte: fondo MFOG. CDIF-CCG
Ligazóns de interese
María do Carme Kruckenberg no web da AELG
[última consulta: 09/12/2021]
Videos
TESTIGO VIGO: Maria do Carmo Kruckenberg
... Y cinco minutos para la poesía: María do Carmo Kruckenberg
TESTIGO VIGO: Maria do Carmo Kruckenberg (Parte 1)
Audios
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.2, CD 1 (Poetas) 17: Mª do Carme Kruckenberg Presentación
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.2, CD 1 (Poetas) 18: Mª do Carme Kruckenberg Da casa onde nacín
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.2, CD 1 (Poetas) 19: Mª do Carme Kruckenberg ¿Foron Sócrates, Platón...
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.2, CD 1 (Poetas) 20: Mª do Carme Kruckenberg Fire nos afectos como a navalla
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.2, CD 1 (Poetas) 21: Mª do Carme Kruckenberg Apenas saio porque estou perdendo
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.2, CD 1 (Poetas) 22: Mª do Carme Kruckenberg O espírito permanece pousado
Entrevistas a Nuria Feliú e María del Carnen Kruckenberg
RETRANSMISION DE UNA VELADA POETICO MUSICAL DEDICADA A ROSALIA DE CASTRO
REPORTAJE Y ENTREVISTA A MARIA DEL CARMEN KRUCKENBERG SOBRE POESIA
RECITACION DE MARIA DEL CARMEN KRUCKENBERG DE VARIOS DE SUS POEMAS
Publicacións periódicas
Aviso Listado automático de documentación relacionada con María do Carme Kruckenberg nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Aturuxo (1974-) .
Artigos María do Carme Kruckenberg
Aviso Listado automático de documentación relacionada con María do Carme Kruckenberg nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
KRUCKENBERG, M. (3/1985) [Agora, moitas veces Rosalía]. Festa da palabra silenciada. (02), 49.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
KRUCKENBERG, M. (3/1985) [Hoxe pasei por Padrón]. Festa da palabra silenciada. (02), 49.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
KRUCKENBERG, M. (3/1985) [Presenxa outa, Rosalía]. Festa da palabra silenciada. (02), 49.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
KRUCKENBERG, M. (2/1987) [Dende a lembranza anterga]. Festa da palabra silenciada. (04), 47.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
KRUCKENBERG, M. (9/1990) Mulleres que pasaron como o vento. Festa da palabra silenciada. (07), 125 .
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
KRUCKENBERG, M. (12/1991) [Porque teño recendos]. Festa da palabra silenciada. (08), 71.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
KRUCKENBERG, M. (12/1991) [Se non podo escalar]. Festa da palabra silenciada. (08), 130.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
KRUCKENBERG, M. (12/1991) [É como un longo cansancio]. Festa da palabra silenciada. (08), 130.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
KRUCKENBERG, M. (1996) [Non sei en verdade como comenzar]. Festa da palabra silenciada. (12), 114.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
KRUCKENBERG, M. (2001) [Se non podo escalar]. Festa da palabra silenciada. (16), 35.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
KRUCKENBERG, M. (2001) [Non sei en verdade como comenzar]. Festa da palabra silenciada. (16), 35.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
KRUCKENBERG, M. (2004) Eva Lloréns. Festa da palabra silenciada. (19), 99.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Libros do ccg sobre María do Carme Kruckenberg
Aviso Listado automático de documentación relacionada con María do Carme Kruckenberg nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Poetas e narradores nas súas voces. Vol. II.
2006 | Manuel Álvarez Torneiro, Autoría.