Maruja Mallo
Viveiro (Lugo), 5/ 1/1902 - Madrid, 6/11/1995Autoría: Xosé Ramón Fandiño
A musa do surrealismo español
En Madrid tivo trato moi asiduo cos poetas da xeración do 27 e coa xente da Residencia de Estudantes: Rafael Alberti, María Zambrano, Bergamín, García Lorca, Buñuel, Dalí... Nos seus cadros de incipiente surrealismo xoga cun clima de aparente verbena e prodiga entusiasmo e optimismo. É a época na que Ramón Gómez de la Serna se transforma nun dos seus devotos e na que Ortega y Gasset, de forma excepcional, lle ofreceu os salóns da Revista de Occidente para facer a súa primeira exposición: dez óleos e trinta estampas coloreadas, inspirados en raíces populares, pero moi en sintonía coas últimas tendencias dos movementos vangardistas.
Desta época é tamén o seu apaixonado romance amoroso co poeta Rafael Alberti, que en 1929 publicou en La Gaceta Literaria “La primera ascensión de Maruja Mallo al subsuelo”:
Tu, tu que bajas a las cloacas donde las flores son ya unos tristes salivazos sin sueños y mueres por las alcantarillas que desembocan a las verbenas desiertas para resucitar al filo de una piedra mordida por un hongo estancado, dime por qué las lluvias pudren las hojas y las maderas.
Aclárame esta duda que tengo sobre los paisajes.
Despiértame...
Pouco despois, coincidindo cos paseos polos arrabaldes de Madrid con Miguel Hernández, Alberto Sánchez e Benxamín Palencia, integrantes da Escola de Vallecas, a súa pintura abandona a luminosidade das verbenas e o universo carnavalesco e inicia un brusco cambio que se concretará na serie Cloacas e campanarios, o seu momento máis claramente surrealista, que foi o título da súa segunda exposición, celebrada na galería Pierre Loeb de París en 1932, cando desfrutaba dunha bolsa da Junta de Ampliación de Estudios para estudar arte escenográfica. Os surrealistas franceses, con André Breton á cabeza, que lle adquire o cadro Espantallo, aceptaron entusiasmados esta obra de paisaxes dramáticos de ocres pintados cunha xorda rabia. Jean Cassou, director do Museo de Arte Moderna dixo dela, con motivo desta exposición, “que estaba tocada por un permanente estado lírico”. En París coñece e relaciónase con Paul Eluard, Aragon, Kandinsky, Hans Arp, Picasso...
A súa actividade durante a República foi frenética. Asidua ás actividades da Residencia de Estudantes, interesouse pola orde xeométrica e formou parte do Grupo Construtivo, fundado polo o uruguaio Torres García en 1933. Pouco despois obtivo a cátedra de Debuxo do Instituto de Segundo Ensino de Arévalo, aínda que seguiu desempeñando as súas actividades docentes na Escola de Cerámica, no Instituto-Escola e na Residencia de Estudantes.
A terceira exposición individual e última antes da guerra civil tivo lugar no Centro de Estudos e Información da Construción de Madrid. Nela presentou as súas moi construtivistas Arquitecturas minerais e vexetais, os debuxos da serie Construcións rurais e os bocexos para o ballet Clavileño, con música de Rodolfo Halffter, que polo estalido da guerra nunca foi representado.
A guerra civil sorprendeuna en Galicia, nunha viaxe organizada polas Misións Pedagóxicas. Refuxiouse na casa dos seus tíos, pero logrou entrar en Portugal, onde foi auxiliada por Gabriela Mistral, embaixadora de Chile en Lisboa, que a axudou a preparar a viaxe rumbo a Bos Aires. Os longos anos que durou o exilio arxentino de Maruja Mallo foron, tamén, exaltados e frutíferos: escribiu, pintou, deu conferencias, viaxou e viviu con intensidade. En 1938 crea a montaxe teatral de Cantata en la tumba de Federico García Lorca, de Alfonso Reyes, que se estreou en Bos Aires, onde tamén pintou as alegorías mariñas e as súas extraordinarias cabezas, nas que a súa arte acada un alto grao de concentración. En 1941 viaxou á costa do Pacífico chileno, onde pintou o núcleo central das súas Naturezas vivas: buguinas, algas, estrelas mariñas, medusas e cangrexos, uns enriba doutros, que Gómez de la Serna definiu como “peinetas do fondo do mar”. Catro anos máis tarde, con Pablo Neruda visitou a illa de Pascua, onde creou a serie Moradores do baleiro, unha serie de debuxos feitos de formas primarias e colores vivas. En 1945 pinta na capital bonaerense unha obra mural de tres corpos no vestíbulo do cine “Los Ángeles”, co que cumpre o degoiro de levar a pintura de cabalete á arquitectura; unha das súas obras cimeiras, incomprensiblemente destruída. Desta época son A relixión do traballo, As cabezas, As, obras de plástica clara e luminosa. En 1946 viaxa a Brasil e en 1949 expón e obtén o primeiro premio da XII Exposición de Nova York cunha das súas cabezas de negra, nas que sintetiza indixenismo e modernismo.
Fuxindo do peronismo, en 1965 retornou a España e o panorama que se atopou en Madrid non era moi alentador (“Os meus amigos estaban enterrados ou desterrados e eu soa no hotel Palace, e as galerías cheas de pinturas informalistas, que é un estilo totalmente franquista). A súa extravagante silueta suscitou moita curiosidade, pero moi pouca atención. Máis cá súa extraordinaria talla de pintora surrealista celebrábanse as anécdotas da súa excéntrica personalidade, como a de presentarse nun acto público, aos seus 70 anos, cun abrigo de peles con nada por debaixo, resultar gañadora dun concurso de blasfemias ou pasearse en bicicleta por unha igrexa na que se celebraba unha concorrida misa dominical. A súa última exposición madrileña celebrouse na galería Ruiz-Castillo en 1980 e pouco antes editáranlle unha carpeta con seis litografías que reproducían ilustracións súas para a Revista de Occidente. Cando xa tiña 80 anos comezou a confirmación do seu recoñecemento público nunha España que a tivo ignorada durante toda a ditadura franquista. Así, distinguírona coa Medalla de Ouro de Belas Artes en 1982, a Medalla de Ouro da Comunidade de Madrid en 1990 e a Medalla de Ouro da Xunta de Galicia en 1991. En 1993, o Centro de Arte Contemporánea de Galicia dedicoulle unha exposición retrospectiva. Finou en Madrid en 1995 e os seus restos foron trasladados á súa vila natal de Viveiro.
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Maruja Mallo. Publicado o 11/11/2007 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1733. Recuperado o 02/06/2023
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Bravas. Científicas e artistas galegas da nosa historia, 7H Cooperativa Cultural, 2020
Fonte: 7H Cooperativa Cultural
«Maruja Mallo: o soño e a recreación submarina»
Fonte: Madrigal. Revista de Estudios Gallegos, nº 5, (2002), p. 81-84
«Maruja Mallo: a aventura poliédrica»,
Fonte: Festa da palabra silenciada, nº 10 (1994), p. 59-62.
Exemplar da Hemeroteca Feminista Galega A Saia
Artigo «Maruja Mallo, lo eterno feminista»
Artigo de Estrella de Diego
Fonte: La mujer feminista. Revista de la Unión de Mujeres Feministas, nº 18 (abril-maio 1985)
Exemplar da Hemeroteca feminista Galega. A Saia.
Artigo sobre a exposición da obra de Maruja Mallo no CGAC en 1993
«Maruja Mallo: pintora».
Artigo de Maika Gomez Novoa sobre a exposición da obra de Maruja Mallo no CGAC en 1993. En Andaina. Revista galega de pensamento feminista Nº7 (segunda época). Decembro de 1993.
Caderno. Maruja Mallo
Fonte: Publicado en Gallegos, nº 12 (2010), p. 50-91.
Ligazóns de interese
Maruja Mallo no programa A fondo
Entrevista a Maruja Mallo
Imprescindibles. Maruja Mallo
RTVE
[última consulta: 17/12/2021]
Referencias bibliográficas
- DE CASTRO ARINES, J.: “Mallo, Maruja”, en Gran Enciclopedia Gallega, Santiago/Xixón s/d.
- DE LA GÁNDARA, C.: Maruja Mallo, Servicio de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid, 1978.
- FERRIS, J.L., Maruja Mallo. La gran transgresora del 27, Madrid,Temas de hoy, 2004, (Biografías).
- FERRIS, J.L.: Maruja Mallo. La gran transgresora del 27, editorial Temas de Hoy, Madrid, 2004.
- GÓMEZ DE LA SERNA, R., Maruja Mallo, Buenos Aires, Losada, 1942.
- GÓMEZ DE LA SERNA, R.: Maruja Mallo, editorial Losada, Bos Aires, 1942.
- MÉNDEZ, C.: Memorias habladas, memorias armadas, Mondadori, Madrid,1990.
- VIDAL, C., Maruxa Mallo. Vigo, A nosa terra, 1999
- VIDAL, C.: Maruja Mallo, A Nosa Terra, Vigo, 1999.
- VV.AA.: MARUJA Mallo, Madrid, Galeria Guillermo de Osma, 1992
- VV.AA.: MARUJA Mallo, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, 2003.
- VVAA. Maruja Mallo, Catálogo da exposición antolóxica de Centro de Arte Contemporánea de Galicia, Santiago, 1993.
Artigos Maruja Mallo
MALLO, M. (7/1990) O maniquí. Andaina. 1ª época (21), 26.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
MALLO, M. (12/1993) La verbena de Pascua, 1927. Andaina. 2ª época 1ª xeira (07), 1.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
MALLO, M. (12/1993) Retratos bidimensionais, 1941. Andaina. 2ª época 1ª xeira (07), 52.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
MALLO, M. (12/1993) Espantallo, 1932. Andaina. 2ª época 1ª xeira (07), 52.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
MALLO, M. (1994) [Arxentina, 1952]. Festa da palabra silenciada. (10), 60.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MALLO, M. (4/2000) Estrellas de mar, 1937. Andaina. 2ª época 2ª xeira (25), 48.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
MALLO, M. (2005) Retrato de muller negra. Festa da palabra silenciada. (20), 46.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MALLO, M. (2005) Muller con cabra, 1927. Festa da palabra silenciada. (20), 49.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MALLO, M. (6/2005) [A muller da cabra (1929)]. Andaina. 2ª época 2ª xeira (41), 5.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
MALLO, M. (6/2005) Elementos para el deporte (1927). Andaina. 2ª época 2ª xeira (41), 42.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
MALLO, M. (2010) [A sorpresa do trigo]. Festa da palabra silenciada. (26), 109.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MALLO, M. (2010) [Natureza viva]. Festa da palabra silenciada. (26), 109.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MALLO, M. (2010) [A ciclista]. Festa da palabra silenciada. (26), 111.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MALLO, M. (2010) [Estrelamares]. Festa da palabra silenciada. (26), 112.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MALLO, M. (2012) [Elementos para o deporte]. Festa da palabra silenciada. (28), 107.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
MALLO, M. (2012) [Espanta peixes]. Festa da palabra silenciada. (28), 108.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;