Alfredo Nan de Allariz
Allariz, 13/ 5/1874 - Madrid, 3/1927Escritor en Cuba e Arxentina
A obra do escritor Nan de Allariz está profundamente vencellada á emigración. Deste xeito, Arxentina e, sobre todo, Cuba foron o escenario preferente da obra deste escritor alaricano. Poeta e dramaturgo, Nan de Allariz sitúase entre os principais escritores da emigración galega.
Alfredo Fernández, coñecido polo alcume literario de Alfredo Nan de Allariz, naceu en Xinzo de Limia o 13 de maio de 1874. Emigrou á Arxentina onde se dedicou á vida comercial, desempeñando o cargo de tenedor de libros en importantes casas de Bos Aires. Foi colaborador de El Eco de Galicia publicado na capital arxentina. Axiña comezou a destacar como poeta e dramaturgo, tanto en castelán como en galego.
Tras regresar a España, conclúe os estudos de Bacharelato e inicia a carreira de Dereito que non chegou a rematar. Tras realizar un periplo por varias capitais americanas como actor e autor teatral, chegou en 1904 á Habana. Nesta cidade publicou en folleto o seu monólogo en galego Recordos d´un vello gaiteiro (1904), obra preparada polo autor para a función da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia celebrada o 25 de xullo de 1904. Axiña comezou tamén a colaborar na revista Galicia. Nan de Allariz colaborou tamén noutras publicacións galegas da Habana como Galicia, La Tierra Gallega, Suevia ou Eco de Galicia, entre outras.
En xullo de 1904 foi nomeado como secretario da sección de propaganda do Centro Gallego. En 1905 foi elixido como secretario da comisión xestora que daría lugar á Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Neste senso, cómpre apuntar que estaba en posesión do título de académico non numerario da Real Academia Galega. Até 1907 foi redactor do xornal La Unión Española. A partir de 1907 foi redactor do Diario Español e dirixiu a revista Follas Novas. En 1909 publicou o libro de versos Fume de palla: coleución de versos gallegos (A Coruña: Imp. y Fot. de Ferrer), obra que foi prohibida polo arcebispo de Santiago polas súas alusións anticlericais. En 1913 editou A golpes de hacha: hachazos poéticos (Madrid: Imp. de Juan Pueyo). No eido da narrativa publicou en 1920 Del salón al sotobanco: escenas de amor y navajazos y opulencias y miserias, entre damas y rufianes (Madrid: Imp. de Juan Pueyo).
Ademais do seu labor xornalístico, Nan de Allariz foi propietario das fábricas de tabaco La Flor de Lis e Galatea. En 1914 fundou na Habana o periódico O Tío Marcos, en clara referencia ao publicado en Galicia por Valentín Lamas Carvajal: O Tío Marcos da Portela (1876-1890). Publicación mensual, de efémera vida (só chegaron a saír tres números). Revista bilingüe e cun ton satírico. Boa parte dos traballos eran da autoría do propio director.
Destacou tamén na súa faceta como compositor musical de zarzuelas, pezas costumistas e operetas, como Sangre vienesa. Nan de Allariz foi tamén autor da zarzuela O zoqueiro de Vilaboa: boceto de zarzuela gallega n´un acto e tres cuadros. Neste senso, podemos engadir que Nan de Allaiz participou como autor en todas as súas composicións dramáticas.
Abandona Cuba arredor de 1920 regresando a España. Faleceu en Madrid en marzo de 1927.

Como citar: Alfredo Nan de Allariz. Publicado o no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1341. Recuperado o 27/09/2023
DOCUMENTACIÓN DE
Un poema de Fume de palla
Reproducimos un poema de Alfredo Nan de Allariz incluído dentro do seu libro Fume de palla. Corresponde á obra escrita polo autor en Bos Aires.
Un relato de Del salón al sotabanco
Reproducimos un relato de Alfredo Nan de Allariz incluído no seu libro Del salón al sotabanco. O texto publicouse orixinariamente na revista arxentina Caras y caretas.
Referencias bibliográficas
- CUADRIELLO, Jorge Domingo: Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario bio-bibliográfico, Sevilla: Renacimiento, 2002, p. 66
- NEIRA VILAS, Xosé: A prensa galega de Cuba: Sada: Ediciós do Castro, 1985, p. 96-97
Publicacións periódicas
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Alfredo Nan de Allariz nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Heraldo Ortigueirés (1941-1959) .
Órgano oficial de la Asociación de Beneficencia Naturales de Ortigueira
Artigos Alfredo Nan de Allariz
Aviso Listado automático de documentación relacionada con Alfredo Nan de Allariz nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
NAN DE ALLARIZ, A. (7/1924) Los grandes actores españoles: Julio Taboada. Acción Española. 1ª (32), 10.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;