matemáticas

no Álbum de Galicia (25 persoas)

matemáticas

María Josefa Wonenburger

[1927-2014] Os ollos de María Wonenburger deixan ver a luz e a forza que sempre acompañaron esta muller. Unha persoa ben particular, que viviu coa paixón que provoca o mundo das matemáticas en sensibilidades como a dela.

O seu percorrido vital demostra unha gran valía persoal e científica. Singular estudante, lonxe da súa familia e da súa terra. Primeira bolseira Fullbright de Matemáticas en España. Doutora en Yale. O seu esforzo por chegar a ser unha investigadora e docente universitaria, sempre consciente dos obstáculos para o poder conseguir no seu país, foi axiña recompensado: no Canadá foi a única muller docente e nos EE UU gañou nos anos 70 do século XX o posto de Full Professor (equivalente a catedrática).

Ao ser unha muller nacida no ano 1927, pasou extraordinarias dificultades para atinxir as súas metas, que non eran máis que traballar e vivir do que máis lle gustaba: ensinar e investigar as matemáticas. A súa partida cara a Madrid na posguerra, a viaxe en barco aos Estados Unidos, os atrancos que atopou para se establecer alá, o seu periplo por varias universidades americanas ata a súa renuncia final por motivos persoais: todo en conxunto móstranos a coraxe dunha persoa á que lle tocou vivir tempos escuros para a ciencia en España, tempos difíciles para as mulleres que querían escapar do destino imposto. Triunfou pola súa intelixencia e pola súa constancia, mais quedoulle o resaibo amargo de non poder traballar no seu país.

Wonenburger é unha destacada alxebrista, coñecida por marcar os primeiros pasos da chamada teoría de Kac-Moody, que co andar dos anos chegaría a desempeñar un papel importante nas matemáticas e na física. Ten un brillante currículo investigador e docente, reflectido nunha chea de publicacións. Unha vida profesional moderna como a que agora desexa levar a cabo a mocidade investigadora, mais inusual na súa época.

Na ciencia e na cultura son tan importantes as conquistas alcanzadas como as persoas que as conseguen. Por iso o saber e a traxectoria de María Wonenburger espertan a simpatía polas matemáticas, mesmo en quen as considera disciplina complicada. A vida académica e científica de María rompeu con todos os modelos; o seu proceder, nada habitual, aínda hoxe sería vangardista e arriscado; a inquedanza, a constancia e a decisión son un reflexo da súa calidade persoal. Quen coñece esta muller culta, incansable lectora, de ollar amigable, melómana, deportista e amante do mar, admira a súa vontade de ser feliz e o enriquecedora que resulta a súa compañía. Unha gran muller nun corpo miúdo.

Resulta inexplicable que se puidese estar tan preto dela sen o saber. O pobo galego e a comunidade científica española coñeceron a María Wonenburger hai aínda pouco tempo, logo da publicación da súa biografía no ano 2006. Porén a magnitude do tesouro achado é tal que levou ás sociedades científicas e ás institucións, primeiro, a abraiarse de ter cerca unha figura mundial das matemáticas; despois, a outorgarlle un recoñecemento máis que merecido.
TEMÁTICAS: Migracións; Matemáticas; Publicación: 3/6/2018 Oleiros (A Coruña), 1927-A Coruña, 2014

Enrique Vidal Abascal

[1908-1994] Xeómetra e astrónomo TEMÁTICAS: Matemáticas; Publicación: 1/11/2013 Oviedo, España, 1908-Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia, 1994
Biografado/a Temáticas
Ramón M. Aller Ramón M. Aller
Donramiro, Lalín, 1878-Lalín, 1966
José Alonso López José Alonso López
Ferrol, 1763-Ferrol, 1824
Antonio Arias Teixeiro Antonio Arias Teixeiro
Cabanelas, O Carballiño (Ourense), 1709-Vilar de Ordelles, Esgos (Ourense), 1762
Pedro Antonio Cerviño Pedro Antonio Cerviño
Campo Lameiro (Pontevedra), 1757-Bos Aires, 1816
Modesto Domínguez Hervella Modesto Domínguez Hervella
Verín (Ourense), 1827-Verín (Ourense), 1913
Juan Jacobo Durán Loriga Juan Jacobo Durán Loriga
A Coruña, 1854-A Coruña, 1911
David Fernández Diéguez David Fernández Diéguez
A Coruña, 1875-A Coruña, 1936
Antonia Ferrín Moreiras Antonia Ferrín Moreiras
O Carballiño (Ourense), 1914-Santiago de Compostela, 2009
Domingo Fontán Domingo Fontán
Porta do Conde, Caldas de Reis (Pontevedra), 1788-Baños de Cuntis (Pontevedra), 1866
Ramón Fontenla Ramón Fontenla
Ferrol (A Coruña), 1880-Guadalajara, 1936
Heliodoro Gallego Armesto Heliodoro Gallego Armesto
Pobra de Trives (Ourense), 1872-Santiago de Compostela, 1934
José González López José González López
Ferrol (A Coruña), 1864-Trubia (Asturias), 1901
Jorge Juan y Santacilia Jorge Juan y Santacilia
Novelda (Alacant), 1713-Madrid, 1773
Ángel Laborde Ángel Laborde
Cádiz, 1773-A Habana, 1834
Juan López Soler Juan López Soler
Ferrol (A Coruña), 1871-Madrid, 1954
Saturnino Montojo Saturnino Montojo
Ferrol (A Coruña), 1796-San Fernando (Cádiz), 1856
Evaristo Antonio Mosquera Evaristo Antonio Mosquera
Monforte de Lemos (Lugo), 1834-
José Quiroga José Quiroga
Cervantes (Lugo), 1707-Bolonia (Italia), 1784
José Rodríguez González José Rodríguez González
Santa María de Bermés - Lalín (Pontevedra), 1770-Santiago de Compostela, 1824
Benito Ángel Dionisio Sotelo y Rivas Benito Ángel Dionisio Sotelo y Rivas
Santiago de Compostela, 1796-Santiago de Compostela, 1874
Teodoro Varela de la Iglesia Teodoro Varela de la Iglesia
Soto de Cameros (Logroño), 1853-Noia (A Coruña), 1893
Vicente Vázquez Queipo Vicente Vázquez Queipo
Lusío (Lugo), 1804-Madrid, 1893
Enrique Vidal Abascal Enrique Vidal Abascal
Oviedo, España, 1908-Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia, 1994
Cipriano Vimercati Cipriano Vimercati
Jerez de la Frontera (Cádiz), 1730-Santiago de Compostela, 1808
María Josefa Wonenburger María Josefa Wonenburger
Oleiros (A Coruña), 1927-A Coruña, 2014